Zumba Fitness vende 3 millóns de unidades e confirma secuela
venres, 12 de agosto do 2011
- Unha das primeiras imaxes de Zumba Fitness 2
AÃnda que en España o xogo parece pasar desapercibido,
no Reino Unido está a ser todo un fenómeno Zumba
Fitness, un xogo de baile con versións para PlayStation 3, Wii e Xbox 360
que conseguiu liderar as listaxes
de vendas británicas durante 8 semanas seguidas (11 semanas en total),
anunciando agora Majesco que este xogo superou
a barreira dos 3 millóns de copias vendidas a nivel mundial, o que os levou
a confirmar que en novembro lanzarán a versión para Wii de Zumba Fitness 2, secuela que non chegará á Xbox 360 e PS3 ata 2012.
A versión para Wii de Zumba Fitness: Join
the Party é a máis vendida a nivel mundial (con preto do 90% das vendas)
pero a incorporación de sistemas de control de movemento á PS3 e á Xbox 360
poden mudar a cousa coa súa secuela, pois tecnoloxÃas como o sensor Kinect melloran
substancialmente a mecánica do xogo e a inmersión no mesmo.
Trailer de Zumba Fitness