archicompostelaPlay, novo espazo multimedia da Arquidiocese de Santiago
luns, 13 de maio do 2024
Coincidindo con Xornada Mundial das Comunicacións Sociais, a Delegación da Arquidiocese de Santiago de Compostela para as Comunicacións Sociais creou archicompostelaPlay, un lugar de encontro multimedia, un espazo web centrado na publicación de vídeos e podcasts destinado a facilitar a visualización dos recursos multimedia creados pola Arquidiocese.
Desta forma, ofrécese unha solución completa para agrupar por temática, non só as publicacións do arcebispo monseñor Francisco Prieto, senón outras categorías como poden ser os encontros diocesanos, as celebracións máis importantes da Catedral, así como outros actos, eventos e celebracións máis importantes na vida diocesana.
En definitiva, esta nova iniciativa en palabras do seu delegado, Manuel Á. Blanco “pretenden ser unha ferramenta para transmitir a fe, compartir o Evanxeo e crear comunidade na Igrexa diocesana para inspirar, conectar e transformar vidas. É unha xanela ás voces e experiencias que moldean o mundo dixital”.