Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Domingo, 24 de Setembro de 2017

               

Artigo



Novas recentes

10 obras da literatura universal traduciranse ó galego para a súa publicación na web
A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e en colaboración coa Asociación de Tradutores, publicará en galego o vindeiro ano dez obras da literatura universal, que estarán dispoñibles en Internet. A Asociación xa conta actualmente con máis de 100 obras na Biblioteca Virtual de literatura universal en galego, BiVir.
As obras que serán traducidas ó galego son as seguintes: Salambó, de Gustave Flaubert; The Jacket, de Jack London; A consciencia de Zeno, Italo Svevo; A illa misteriosa, de Jules Verne; Wakefield, de Nathaniel Hawthorne; Contos negros para rapaces brancos, de Blaise Cendrars; Lord Jim, de Joseph Conrad; Michael Kohlhaas, de Heinrich von Kleist; O demo no corpo, Raymond Radiguet. A estes hailles que engadir unha Seleccion de literatura rusa, con textos de Pushkin, Gogol, Turgenev, Dostoievsky, Tolstoi, Saltykov, Korolenko, Garshin, Chekhov, Sologub, Potapenko, Semyonov, Gorky, Andreyev, Artzybashev e Kuprin.

Melloran a interface de Google Reader
O lector de novas a través de fluxos RSS de Google vén de estrear unha nova interface mellorada, máis semellante ó sistema de correo electrónico GMail e que permite realizar un seguimento doado dos novos medios favoritos (que permitan a sindicación de contidos).
A nova interface de Google Reader permite marcar elementos coma lidos ou non lidos, inclúe cartafoles de navegación, permite compartir elementos con amigos nun so click, e outras melloras que poderían achegar unha fusión próxima entre o Google Reader e o GMail (lembremos que clientes de correo electrónico coma Mozilla Thunderbird tamén permiten seguir fluxos RSS).
Moitos usuarios tamén agradecerán que presente unha versión adaptada para dispositivos móbiles, de xeito que podemos estar ó día dende calquera lugar.

Comezan a vender no Reino Unido un ton de móbil que só poden oír os mozos
Compound Security desenvolveu un ton para móbil coñecido coma Mosquito, que semella un zumbido e que emite nunha alta frecuencia que fai difícil a súa percepción por parte dos adultos (que co paso dos anos perden a facultade de escoitar as frecuencias máis elevadas).
Este sistema deseñouse inicialmente para afastar a vándalos das zonas de tendas (esas frecuencias poden resultar especialmente irritantes), pero agora atoparon un uso máis orixinal, baseándose na dificultade que teñen os adultos en escoitar frecuencias superiores ós 13 ou 14 KHz. Esta presbiacusia é gradual, e cambia segundo a persoa, de xeito que as frecuencias indicadas deixan de ser apreciables nun rango de idades que van entre os 18 e os 75 anos.



















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET