bq Cervantes Touch Light, a alternativa española ao Kindle Paperwhite

martes, 18 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que o lector de libros electrónicos que prometía ser a estrela do Nadal fose o Kindle Paperwhite, este dispositivo ten problemas de abastecemento, polo que os pedidos en España non se entregarán ata dentro de 6-8 semanas, o que é unha excelente oportunidade para bq, fabricante que está a vender a un prezo semellante (129,90 euros) o eReader bq Cervantes Touch Light e cunhas prestacións tamén comparables, pois conta cunha pantalla de tinta electrónica de 6 polgadas con iluminación frontal, alto contraste, panel táctil (mediante tecnoloxía de infravermellos para evitar reflexos) e cunha resolución de 1.024 x 758 píxeles, que conta cunha memoria interna de 4 Gb ampliable mediante tarxeta de memoria microSDHC.
O bq Cervantes Touch Light pode ler documentos en ePUB e PDF, ten unha batería de 1.500 mAh, Wi-Fi, procesador a 800 MHz (que permite pasar de páxina en 0,5 segundos), as súas dimensións son de 165 x 115 x 11,5 milímetros e pesa só 222 gramos. Amais, pode adquirirse en tendas físicas como Media Markt, PCBox e BEEP entre outras. O seu software deseñouse en España, polo que vén con interface en español, catalán, éuscaro, inglés e portugués, esquecendo incomprensiblemente ao galego entre as linguas dispoñibles.

PUBLICIDADE