bq incorpora ao seu catálogo un smartphone a 99,90 euros

luns, 16 de setembro do 2013 Marcus Fernández

O salto da compañía española bq dos eReaders aos tablets foi todo un éxito, polo que continuaron cos smartphones, con dispositivos con Android con pantalla de 4,5 e 5 polgadas á venda por 179,90 e 199,90 euros respectivamente, aos que agora engádese un móbil aínda máis asumible, o Aquaris 3.5, que por 99,90 euros ofrece un smartphone con pantalla IPS de 3,5 polgadas de 320 x 480 píxeles, Android 4.2, procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (aos que hai que sumar unha tarxetas microSD de 4 Gb incluída), cámaras de 2 e 0,3 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth e radio FM.
Este interesante móbil ten como grandes vantaxes o seu axustado prezo e a posibilidade de funcionar con 2 tarxetas SIM á vez, mentres que a súas desvantaxes serían a reducida resolución de pantalla e a súa limitada batería (de só 1.200 mAh). O seu grosor é de 11,5 milímetros e o seu peso de 110 gramos, polo que estaría na liña do resto de móbiles de tal gama. Está dispoñible con carcasa en cor negra, agardándose que en breve estea tamén dispoñible en branco.

PUBLICIDADE