e-Magazine, novo eReader con pantalla de cor de tamaño A4
venres, 4 de xuño do 2010
Pese a que estes dÃas no Computex de Taipei os tablets estean a acaparar
case toda a atención do público, existen outros dispositivos que podemos
considerar interesantes coma un
eReader de Delta Electronics que conta cunha pantalla de 13,1 polgadas que fai
uso de tecnoloxÃa da Bridgeston Corporation que permite recrear imaxes de cor
en papel electrónico, o que poderÃa convertelo nun soporte moi axeitado para a
lecturas de revistas electrónicas, de aà o nome do trebello: e-Magazine.
Este produto de tamaño A4 ten un peso de 730 gramos, é bastante delgado, ten
unha autonomÃa de 6.000 páxinas, goza de conectividade 3G e Wi-Fi e tamén
permite a introdución de anotación mediante un bolÃgrafo especial, e deberÃa
chegar ao mercado o vindeiro mes de decembro a un prezo por determinar.
Non parece que esteamos ante un competidor para o iPad, pero o que si está
claro é que cando este tipo de produtos baixen de prezo terano moi doado para
captar aos usuarios de eReaders tradicionais, que resÃstense a caer nas mans de
Apple (por non considerar atinadas para a lectura prolongada as pantallas
retroiluminadas).