eBay rexeita a oferta de compra de GameStop
martes, 12 de maio do 2026
eBay confirmou o rexeitamento formal da oferta non solicitada presentada por GameStop para adquirir a compañÃa por uns 56.000 millóns de dólares, nunha operación impulsada polo conselleiro delegado de GameStop, Ryan Cohen, quen pretendÃa asumir o liderado da empresa resultante da fusión.
O consello de administración de eBay asegurou que tomou a decisión tras unha «revisión exhaustiva» realizada coa colaboración dos seus asesores financeiros e legais. Nunha carta asinada polo presidente do consello, Paul Pressler, a compañÃa cualifica a proposta como «nin crible nin atractiva».
O documento sinala que eBay tivo en conta factores como as perspectivas de crecemento en solitario da compañÃa, a incerteza sobre o financiamento da operación, os riscos operativos dunha entidade fusionada, a estrutura de liderado prevista e o modelo de gobernanza de GameStop. A dirección de eBay defende ademais que a empresa mantén unha posición sólida grazas á mellora da súa execución, ao reforzo do mercado global e á devolución continuada de capital aos accionistas.
Ryan Cohen respondera previamente advertindo que, se o consello de eBay bloqueaba a operación, acudirÃa directamente aos accionistas. O empresario sostivo que era «a persoa máis cualificada» para dirixir o negocio e transformar eBay nun «competidor lexÃtimo de Amazon».
A proposta inicial valoraba eBay en 125 dólares por acción mediante unha combinación de efectivo e accións de GameStop. Segundo a propia compañÃa, o financiamento incluirÃa os 9.400 millóns de dólares en efectivo e investimentos lÃquidos que GameStop tiña ao peche de xaneiro de 2026, ademais de ata 20.000 millóns de dólares en débeda proporcionada por TD Securities.
As contas da operación xeraron fortes dúbidas en Wall Street. GameStop está actualmente valorada en arredor de 10.690 millóns de dólares, o que deixarÃa un déficit próximo aos 16.000 millóns.
GameStop leva anos buscando novas vÃas de negocio ante o declive do seu modelo tradicional de venda fÃsica de videoxogos. A compañÃa abandonou o mercado das criptomoedas en 2023 e pechou pouco despois o seu mercado de NFT. Durante 2025 reduciu de forma significativa a súa rede comercial nos EE.UU., pasando de arredor de 2.325 tendas a pechar 590 establecementos nun só ano, unha tendencia que continuou durante 2026 como parte das medidas de redución de custos.
