eReader chinés con pantalla de cor

xoves, 29 de abril do 2010 Marcus Fernández

O fabricante chinés SmartDevices decidiu coller un dos seus MID e darlle aparencia de lector de e-books, de xeito que conseguiu crear un eReader bastante atractivo por ter un prezo axustado e altas prestacións en comparación cos seus competidores (pese a que non esteamos ante un dispositivo baseado en E Ink).
O SmartQ R7 E-Magazine é un dispositivo con pantalla táctil (de cor) de 7 polgadas cunha resolución de 600 x 800 píxeles, procesador ARM11 a 600 MHz, 256 Mbytes de RAM, 2 Gb de almacenamento interno, Wi-Fi e 3G, USB 2.0, micrófono, altofalantes e batería recargable de 3.300 mAh (permitindo a lectura durante 8 horas e a reprodución de vídeo durante 4 horas).
Soporta a lectura de documentos en PDF, ePUB, TXT, HTML, CHM e RTF, é capaz de navegar por páxinas web, permite o acceso ao correo electrónico, fluxos RSS e imaxes, reproduce vídeo en AVI, MKV, MOV, TS, M2TS, RM/RMVB, FLV, WMV, 3GP, MPEG, DAT e MP4 ata un máximo de 1.080p. Tamén inclúe aplicacións ofimáticas, deixando en evidencia que estamos realmente ante un MID disfrazado de eReader, pero que ao ter un prezo de venda de 230,88 euros resulta francamente atractivo para os usuarios que queren un terminal conectado á Internet, un reprodutor multimedia e un dispositivo de lectura nun único dispositivo.


Demostración en vídeo do SmartQ R7

PUBLICIDADE