Código Cero

Unha actualización permite bloquear o control táctil dos HomePod
A actualización de software 27.2 dos altofalantes HomePod incorpora unha opción para desactivar os controis táctiles da parte superior, ademais de reducir a latencia na conexión con determinados Mac, engadir efectos luminosos sincronizados coa música e habilitar configuracións de son envolvente para o cine doméstico.

A posibilidade de bloquear a superficie táctil é unha das novidades máis prácticas da actualización, xa que evita que un contacto accidental active a reprodución de música ou modifique o volume, así como tamén soluciona o problema dos toques fantasma que para algúns usuarios supuxo a retirada dos trebellos no seu fogar (xa que chegaban a reproducir música a un volume elevado a horas intempestivas ou cando non estaba ninguén en casa para apagalos). Esta medida non solucionaría o problema de base, pero funcionaría como parche. A función desactiva as accións táctiles, incluídas as pulsacións prolongadas e os axustes de volume, pero mantén operativas funcións como o intercomunicador, as alarmas, os temporizadores, Check In e as chamadas de FaceTime.

Cando o bloqueo está activado, a superficie superior do altofalante mostra unha animación vermella que permite identificar o estado da función. A novidade está dispoñible en todas as xeracións dos HomePod, incluído o modelo orixinal, polo que non require adquirir un dos dispositivos máis recentes.

A actualización tamén mellora a integración dos HomePod cos ordenadores de Apple. Os HomePod de segunda xeración e os HomePod mini 2 poden funcionar como saída de audio predeterminada dun Mac compatible, cunha latencia reducida que permite empregalos en aplicacións que necesitan unha resposta sonora inmediata. Entre os usos posibles están a creación musical con Logic Pro, as chamadas de audio e vídeo e a reprodución dos efectos de son do propio sistema operativo.

Para aproveitar esta mellora cómpre dispor dun Mac compatible con Wi-Fi 6E. A limitación afecta ao hardware do ordenador, non ao router sen fíos, e deixa fóra algúns equipos con procesadores Apple Silicon de primeira xeración, como os da familia M1. O sistema emprega unha conexión directa entre o Mac e o altofalante para reducir o atraso fronte ao funcionamento tradicional mediante AirPlay.

Outra das novidades é Sound Glow, unha función que transforma a iluminación da parte superior do HomePod nun efecto ambiental sincronizado coas cores e o ritmo das portadas dos álbums ou dos contidos reproducidos, incluídos os pódcast. O efecto aproveita a matriz de LED integrada nos altofalantes: o HomePod de tamaño completo conta con 37 LED RGB, mentres que o HomePod mini dispón de 19.

A configuración de Sound Glow atópase na aplicación Casa, dentro dos axustes do altofalante correspondente, e require actualizar tanto o dispositivo iOS como o HomePod á versión 27.2. Apple tamén contempla o control mediante a voz, aínda que esta opción depende dun iPhone compatible con Apple Intelligence e da dispoñibilidade das funcións de Siri asociadas.

A actualización amplía ademais as posibilidades de son para o cine doméstico. Co Apple TV 4K de cuarta xeración, os HomePod de segunda xeración e os HomePod mini 2 poden formar un sistema envolvente con catro altofalantes, organizados en dúas parellas estéreo idénticas para as canles dianteiras e traseiras.

A configuración permite combinar catro HomePod de tamaño completo, catro HomePod mini 2 ou dúas unidades de cada tipo. As opcións de son envolvente e audio para toda a sala tamén aparecen na interface de tvOS: a primeira está orientada ás películas e series, mentres que a segunda busca unha distribución estéreo axeitada para escoitar música desde diferentes posicións.

A Xunta destaca a colaboración público-privada para avanzar na especialización tecnolóxica
A comunidade galega é tecnoloxicamente madura e competitiva grazas á visión estratéxica do Goberno galego, á existencia dun ecosistema de coñecemento e á colaboración do sector tecnolóxico. Así o sinalou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, durante o acto conmemorativo do 30 aniversario de NTT DATA en España.

A colaboración público-privada é tamén a base do novo Pacto Dixital de Galicia, que busca reforzar o ecosistema tecnolóxico da comunidade e contribuír a superar as limitacións derivadas da situación xeográfica e da dispersión da poboación.

Para recoñecer o labor do sector, a Xunta creará en 2027 o selo Galicia Calidade TIC, un distintivo oficial destinado ás empresas e entidades tecnolóxicas que destaquen pola aplicación de modelos de xestión excelentes, innovadores, sustentables e socialmente responsables.

Apoio ao tecido produtivo

Corgos lembrou que os Orzamentos da Xunta para 2027 inclúen medidas de apoio ás empresas, impulso da innovación e transformación dixital. Entre as partidas previstas, destacou os 360 millóns de euros destinados a I+D+i, máis de 140 millóns para financiar novos proxectos empresariais e máis de 90 millóns para reforzar a formación e a capacitación dos traballadores.

Os investimentos enerxéticos e o impulso ao autoconsumo recibirán máis de 40 millóns de euros, mentres que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) contará con máis de 165 millóns para continuar liderando a transformación dixital da comunidade.

O conselleiro atribuíu a madurez tecnolóxica de Galicia á unión e ao compromiso dos diferentes actores implicados. Entre os factores que contribuíron a este desenvolvemento, citou a planificación estratéxica da Xunta, plasmada en tres axendas dixitais, a última delas con horizonte en 2030, así como o papel transversal da AMTEGA.

Tamén salientou a contribución das universidades e dos centros tecnolóxicos á consolidación dun ecosistema de coñecemento e a implicación do propio sector tecnolóxico.

Formación e captación de talento

A formación ocupa un lugar destacado nun sector sometido a unha evolución constante e acelerada. Corgos subliñou a amplitude da oferta formativa existente, desde as universidades ata os centros de formación profesional, tanto para os traballadores en activo como para quen busca incorporarse ao sector.

A capacitación en disciplinas como a intelixencia artificial resulta especialmente relevante para responder ás necesidades das empresas. «Necesitamos reter e captar talento nas disciplinas relacionadas coas novas tecnoloxías», sinalou o conselleiro.

Alumnado de Comunicación da UVigo grava en Entrimo a serie web Las hijas de Bernarda
Alumnado da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo está a gravar estes días en Entrimo (Ourense) unha serie web titulada Las hijas de Bernarda, baseada na obra de Ferderico García Lorca La casa de Bernarda Alba. O proxecto permite ao alumnado do Campus de Pontevedra pór en práctica a súa formación experimentando de maneira real o proceso de creación dunha ficción audiovisual.

A webserie realízase no marco do taller Celanova, plató de ficción, incluído na programación do Curso de Medio Audiovisuais de Celanova que desde 2010 organiza no mes de xullo a Fundación Carlos Casares e a Facultade de Comunicación, co apoio da Universidade de Vigo, a Deputación de Ourense e Agadic.

Na gravación en Entrimo participan 17 estudantes do último e penúltimo curso do Grao de Comunicación Audiovisual, e as actrices Mayka Braña, Beatriz Barcia, Ariadna Santana, Lydia Prada, Helena Jes e Sandra Folgar. O escenario elixido é a “casa do médico” de Entrimo, unha casa de estilo indiano.

Conflitos de onte e hoxe

Sobre o tema da webserie, o alumnado explica que “máis que adaptar literalmente La casa de Bernarda Alba, a nosa intención é dialogar con ela e demostrar que unha obra escrita hai case un século aínda pode falarnos de nós mesmos”. A historia céntrase en como “catro irmás encerradas baixo o control de Bernarda enfróntanse ao desexo, aos celos e a un amor prohibido que ameaza con esnaquizar á familia” e como “baixo a aparente tranquilidade da casa comezan a xurdir secretos, rivalidades e desexos prohibidos”. O ton de proposta “achégase á comedia negra, pero o conflito de fondo mantense intacto”.

Sacar adiante unha peza audiovisual

O alumnado participante destacou que “o noso obxectivo principal é adquirir experiencia práctica e enfrontarnos ás distintas necesidades e dificultades que implica sacar adiante unha peza audiovisual”. Así, detallan, “buscamos completar o proxecto de principio a fin e conseguir unha obra coidada, coherente e con identidade propia, e ao mesmo tempo queremos aprender do proceso, mellorar a nosa capacidade de traballo en equipo e adquirir ferramentas e experiencia que poidamos trasladar a futuros proxectos profesionais”. Con este estudantado está na gravación en Entrimo o profesor da UVigo Paulino Pérez, director do taller Cemac. El pola súa banda subliña que “a experiencia é moi positiva pois é moi parecida a unha rodaxe real: traballo cun orzamento pechado, desenvolvemento por departamentos e, moi importante, convivencia e traballo en equipo. É unha oportunidade fantástica para que o noso alumnado poña en práctica todos os coñecementos aprendidos no grao”.

O fabricante das bisagras do iPhone Duo desvincúlase dos danos nas pantallas
Fotografía da bisagra publicada por iFixit

Fine M-Tec, fabricante de compoñentes para o primeiro smartphone encartable de Apple, o iPhone Duo, emitiu un comunicado para negar que os problemas de pantalla detectados nas primeiras unidades estean relacionados con defectos nas pezas que subministra. A empresa surcoreana tamén advertiu de que estuda emprender accións legais contra a difusión de información falsa sobre a calidade dos seus produtos.

O comunicado responde ás informacións sobre danos na pantalla do dispositivo, entre elas gretas que aparecen na zona do pregue central e liñas horizontais brillantes que algúns usuarios aseguran ter observado ao encartar e abrir o teléfono.

As incidencias notificáronse en países como Estados Unidos, Australia e China. Un comprador australiano afirmou que a pantalla se rompeu unhas seis horas despois de comezar a utilizar o dispositivo e tras menos de vinte ciclos de pregamento. Segundo o seu relato, o problema produciuse despois de escoitar un ruído procedente da zona da bisagra. Apple tería substituído o terminal, aínda que non se confirmou a causa exacta dos danos nin a súa incidencia real entre as unidades vendidas.

Fine M-Tec sostén que os problemas comunicados non se deben a defectos dos compoñentes que fabrica. A empresa lembra que os teléfonos encartables combinan pezas críticas e deseños mecánicos de precisión, polo que considera necesario realizar comprobacións técnicas antes de atribuír un fallo do dispositivo completo a un compoñente concreto.

A compañía surcoreana fabrica bisagras internas, tamén coñecidas como placas metálicas, que contribúen a soster as pantallas OLED flexibles e a distribuír as tensións mecánicas xeradas ao abrir e pechar o dispositivo. Estas pezas desempeñan unha función relevante na protección do panel durante os ciclos repetidos de uso. Fine M-Tec xa forneceu compoñentes deste tipo a Samsung Display e figura entre os provedores vinculados á cadea de subministración do primeiro teléfono encartable de Apple.

O comunicado tamén defende os procedementos de control de calidade empregados durante as fases de deseño, desenvolvemento, verificación e produción en serie. A empresa asegura que cumpre as especificacións técnicas e os criterios de calidade esixidos polos seus clientes e que mantén unha colaboración estreita con eles para garantir a fiabilidade dos compoñentes.

Fine M-Tec expresa ademais a súa preocupación pola difusión de acusacións sen probas que atribúan os fallos aos seus produtos ou cuestionen a súa capacidade de control de calidade. Advirte de que podería recorrer a medidas legais civís e penais contra quen elabore ou difunda información falsa que prexudique a súa reputación empresarial e os intereses dos seus accionistas e investidores.

Polo momento, non se determinou publicamente a orixe dos danos detectados nas pantallas do iPhone Duo. Tampouco se coñece a extensión do problema, polo que segue sen haber datos suficientes para establecer unha relación entre as incidencias comunicadas e os compoñentes da bisagra fabricados por Fine M-Tec.

O Cormorán Film Fest presentará cinco estreas en España
O Cormorán Film Fest presentou na Filmoteca de Galicia a programación da súa sétima edición, que por primeira vez reúne todas as películas da sección oficial arredor dunha temática común: «Filmar á Familia». O festival coruñés ofrecerá once longametraxes e dezaseis curtametraxes, cunha selección que explora as relacións familiares, a memoria, os vínculos afectivos e as transformacións persoais.

As cinco estreas en España serán Hot Water, de Ramzi Bashour, unha viaxe por estrada entre unha nai e o seu fillo adolescente; A Want in Her, de Myrid Carten, que parte da desaparición da nai da cineasta para reconstruír a súa historia familiar; Petrolheads, de Emil Langballe, que retrata a amizade a través da paixón polos coches; Adam’s Apple, de Amy K. Jenkins, que segue o crecemento e a transición de xénero do seu fillo; e Mariinka, de Pieter-Jan De Pue, premiada polo público no festival CPH, que retrata as vidas dunha comunidade ucraína marcada pola guerra.

A programación inclúe tamén dúas películas recoñecidas no Festival de Cannes que se estrearán en Galicia: Rehearsals for a Revolution, de Pegah Ahangarani, distinguida co premio L’Œil d’or ao mellor documental, e Elephants in the Fog, de Abinash Bikram Shah, gañadora do Premio do Xurado da sección Un Certain Regard. O público galego poderá ver tamén Idiotka, de Nastasya Popov, por primeira vez nunha sala do país.

O cinema galego estará representado por Fomos ficando sós, de Adrián Canoura, que participará no festival para conversar co público sobre esta exploración da relación co seu pai a partir das imaxes que este gravou no mar. Completan a sección oficial Remake, na que Ross McElwee revisita o seu arquivo familiar tras a morte do seu fillo, e Seis meses en el edificio rosa con azul, de Bruno Santamaría Razo, centrada na reconstrución da infancia e da memoria familiar.

As dezaseis curtametraxes proxectaranse na Filmoteca de Galicia en catro sesións temáticas: «Irmáns, curmáns, tíos», «Memoria», «Filmar os nosos» e «Coidar». As proxeccións incluirán coloquios con cineastas convidados. Entre os títulos seleccionados figura Mi tía Pura, de Álvaro Fenech e Noa Fito, que terá a súa estrea mundial no festival.

A programación recupera tamén «Cortos Neno», unha sesión dedicada ao cinema afeccionado e ás primeiras obras de cineastas emerxentes de Galicia. Outra das novidades será o Xurado Novo, integrado por sete mozos de entre 18 e 27 anos que concederán os seus premios á mellor longametraxe e á mellor curtametraxe.

O festival pechará esta sétima edición coa recuperación de El rayo verde, de Éric Rohmer, coincidindo co 40 aniversario da película, que inspira tamén o cartel desta edición.

Na presentación participaron Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, e Manuel Lógar, director e programador do Cormorán Film Fest. Lógar salientou a relación do festival coa cidade e co público: «O Cormorán é un festival que medra coa cidade e cunha comunidade de público que volve cada ano. Para nós, esa conexión é o máis importante: seguir facendo da Coruña un lugar onde o cinema se viva con calma, corazón e emoción compartida».

As proxeccións desenvolveranse nos Cines Cantones e na Filmoteca de Galicia. Neste último espazo, a entrada será libre ata completar a capacidade.

Novo modelo de IA de Google capaz de crear simulacións interactivas en tempo real con son nativo
Google vén de anunciar Genie 4, un novo modelo de mundo desenvolvido para crear simulacións interactivas en tempo real cun nivel de realismo avanzado e xeración de son integrada. A tecnoloxía permite crear escenarios dinámicos e modificalos mediante instrucións en linguaxe natural, desde cambiar a posición da cámara ou as condicións meteorolóxicas ata introducir novos personaxes.

Genie 4 aproveita as capacidades da familia de modelos Gemini. Gemini Omni achega a representación visual e o comportamento dos elementos do mundo real, mentres que outros modelos Gemini proporcionan capacidades de razoamento para manter a coherencia e a continuidade das simulacións.

Os escenarios tamén xeran son de forma nativa e en tempo real, incluídos ambientes sonoros, música e diálogos interactivos. Esta combinación permite crear experiencias nas que tanto os elementos visuais como o audio poden adaptarse ás accións e ás instrucións do usuario.

A simulación de mundos constitúe unha das liñas de investigación que Google considera relevantes para avanzar cara á intelixencia artificial xeral (AGI). Entre as aplicacións potenciais figuran a creación de contornas seguras para adestrar robots e axentes de IA, así como o desenvolvemento de ferramentas creativas para sectores como o cinema, o xornalismo, os videoxogos e a fabricación industrial.

O acceso a Genie 4 comezou cun grupo reducido de probadores de confianza. Google prevé ampliar a súa dispoñibilidade aos subscritores de Google AI Ultra a través de Project Genie, así como a socios con acceso anticipado mediante Gemini API e AI Studio.

Vídeo de presentación de Genie 4

A IA xenerativa entra con forza na precampaña electoral
A intelixencia artificial está a transformar a comunicación política e as estratexias de confrontación entre partidos, cun uso cada vez máis frecuente de vídeos sintéticos, voces clonadas e mensaxes que imitan a identidade de adversarios políticos. Estas prácticas, que se inscriben no fenómeno coñecido como slopaganda, abren novos interrogantes sobre os límites legais da sátira, a liberdade de expresión e a difusión de información enganosa durante as campañas electorais.

Unha análise publicada por Newtral aborda esta cuestión a partir de varios exemplos da precampaña das eleccións xerais do 29 de novembro en España. Entre eles figuran un correo electrónico satírico enviado polo PSOE e as recreacións audiovisuais xeradas con intelixencia artificial que o PP difundiu nas redes sociais, nas que aparecen figuras vinculadas a Pedro Sánchez e ao PSOE. Vox tamén recorreu a esta tecnoloxía nas súas publicacións electorais.

Correo falso co que o PSOE satiriza a Alberto Núñez Feijóo

O correo do PSOE imitaba a identidade de Alberto Núñez Feijóo para presentar, en ton irónico, unha serie de supostas propostas políticas relacionadas co sacrificio económico e social da cidadanía. O PP, pola súa banda, publicou un vídeo con representacións sintéticas de Begoña Gómez, José Luis Ábalos, José Luis Rodríguez Zapatero e Leire Díez, que aparecían con rostros e voces xerados mediante IA e pronunciaban mensaxes vinculadas a presuntos casos de corrupción.

Sí, son zurdos. https://t.co/KoaP55mI3N pic.twitter.com/iu5qsyYGZd
— Partido Popular (@ppopular) October 21, 2026

Este tipo de contidos exemplifica o potencial dos deepfakes como ferramenta de confrontación política. A tecnoloxía permite recrear a aparencia e a voz de persoas reais con resultados cada vez máis convincentes, o que dificulta distinguir entre unha montaxe, unha parodia e unha gravación auténtica. Cando estes materiais se difunden sen unha identificación clara da súa natureza sintética, poden contribuír a confundir os votantes e a deteriorar a confianza na información política.

A palabra slopaganda combina os termos ingleses slop (contido de baixa calidade producido en grandes cantidades, especialmente mediante IA) e propaganda. O concepto describe o uso masivo de materiais sintéticos para influír na opinión pública, atacar adversarios ou alimentar narrativas partidistas. A súa eficacia non depende necesariamente de que cada peza sexa sofisticada ou verosímil, senón tamén da rapidez coa que se produce, da súa capacidade para circular polas redes sociais e da dificultade de verificar o que mostra.

A expansión destas prácticas coincide cunha etapa na que as ferramentas de xeración de imaxes, audio e vídeo están cada vez máis ao alcance de usuarios sen coñecementos técnicos avanzados. A produción de falsificacións audiovisuais xa non require necesariamente equipos especializados nin grandes investimentos, o que facilita a súa incorporación ás estratexias de comunicación electoral.

A cuestión xurídica, porén, non se resolve coa mera utilización da imaxe dunha persoa. Cristina Domingo Jaramillo, doutora en Criminoloxía pola Universidade de Granada, explica a Newtral que a suplantación de identidade non figura como delito autónomo no Código Penal español. A figura da usurpación do estado civil, recollida no artigo 401, require algo máis que empregar a imaxe ou a identidade allea nun episodio illado.

Segundo a especialista, enviar un correo coa sinatura doutra persoa ou crear un vídeo coa súa aparencia non implica automaticamente a comisión dese delito. Cómpre examinar se existe unha verdadeira asunción da identidade allea, así como o contido da mensaxe e a finalidade coa que se difunde.

Isto non significa que calquera utilización de deepfakes quede fóra do alcance da lei. Dependendo das circunstancias, estas prácticas poderían dar lugar a responsabilidades por calumnias ou inxurias, vulneración do dereito ao honor e á propia imaxe ou infraccións relacionadas coa protección de datos persoais. Por exemplo, un vídeo que atribúa falsamente a unha persoa a comisión dun delito ou declaracións que nunca realizou podería ter consecuencias xurídicas, sempre que se cumpran os requisitos legais correspondentes.

A liberdade de expresión tamén ocupa un lugar central nesta discusión. A sátira política e a parodia forman parte do debate democrático, polo que non se pode equiparar automaticamente unha recreación humorística cunha falsificación destinada a enganar. A distinción depende, entre outros factores, de como se presenta o contido, de se resulta evidente o seu carácter ficticio e da posibilidade de que o público interprete como auténticas unhas declaracións inventadas.

O desafío consiste en determinar onde remata a crítica política lexítima e onde comeza unha práctica que pode danar dereitos fundamentais ou manipular deliberadamente a percepción dos electores. A velocidade de difusión dos contidos dixitais e a facilidade para reutilizalos fóra da súa publicación orixinal complican aínda máis esa valoración.

A análise de Newtral lembra que a tecnoloxía non crea por si soa unha nova categoría delituosa, pero si multiplica as situacións nas que poden entrar en conflito diferentes dereitos. O uso electoral da IA obriga así a examinar cada caso atendendo ao contido, á intención e ás consecuencias, nun escenario no que as ferramentas de xeración audiovisual evolucionan máis rápido ca os criterios necesarios para interpretar os seus efectos.

A provincia de Ourense, á cola de España en cobertura de fibra óptica
O Ministerio para a Transformación Dixital analizou a presenza de fibra óptica no territorio nacional e os resultados son dispares e achegan (como era de agardar) un claro contraste entre os territorios máis urbanizados e os que non. Estes últimos, por desgraza, son os que perden a batalla en materia de servizos e calidade da conexión. Por exemplo Ourense, onde a Rede de alta velocidade só chega ao 80,95% dos fogares, quince puntos menos que a media estatal. A provincia galega ocuparía deste xeito último chanzo da clasificación.

Segundo informou La Región, o escenario é aínda máis preocupante se temos en conta que en 2023 Ourense ocupa a cuarta provincia pola cola cun 74,68 das vivendas conectadas, por diante de Ávila, Soria e Lugo. Hoxe en día xa foi superada por todas estas provincias.

A falta de cobertura tamén presenta grandes diferenzas dentro da propia provincia. Mentres que na cidade de Ourense a fibra óptica chega ao 97% dos fogares e en cabeceiras comarcais como Verín ou O Barco de Valdeorras supera o 90%, hai 16 concellos nos que a rede non alcanza nin a metade dos fogares. A fenda entre os núcleos urbanos e as zonas rurais evidencia as dificultades para garantir o acceso ás conexións de alta velocidade en boa parte do territorio ourensán.

A situación máis grave dáse en A Veiga, no leste montañoso da provincia, onde só o 13,4% dos fogares dispón de fibra óptica. Os datos tamén son especialmente baixos en Parada de Sil, cunha cobertura do 17,7%, e en Chandrexa de Queixa, onde a rede chega unicamente ao 20,8% das vivendas.

A lista de concellos con menor implantación da fibra inclúe tamén Vilariño de Conso, Manzaneda, Calvos de Randín, Laza, Lobeira e Verea, todos eles con menos do 30% dos fogares conectados. Nestas zonas do interior, numerosas parroquias e aldeas continúan sen acceso á infraestrutura física de telecomunicacións de alta capacidade.

As diferenzas territoriais condicionan as posibilidades de acceso a servizos dixitais que precisan dunha conexión estable e rápida, desde o teletraballo e a educación en liña ata a utilización de servizos públicos electrónicos. A escasa cobertura nas áreas menos poboadas supón así un obstáculo adicional para os veciños e para as actividades económicas que dependen dunha boa conexión a Internet.

Novos Medios (USC) analiza o vínculo entre discurso de odio e éxito electoral nun seminario sobre o caso brasileiro
Natasha Bachini, socióloga e investigadora da Universidade de São Paulo (USP), impartirá o vindeiro 9 de novembro, ás 13.00 horas, un seminario na FaCom baixo o título Discurso de odio e éxito electoral: unha correlación? Dinámicas dixitais e democracia no Brasil.

A actividade, organizada polo Grupo Novos Medios da Universidade de Santiago, enmárcase na visita que Bachini fai á USC como parte do equipo de investigación do proxecto Culturas algorítmicas, ecoloxías de datos e medios sintéticos dirixido por Emiliano Treré. O seminario celebrarase na Aula de Doutoramento do centro.

Este encontro reforza a aposta de Novos Medios e da Facom por achegar ao estudantado e ao persoal docente e investigador análises especializadas sobre os retos que afrontan as democracias contemporáneas no ámbito da comunicación política e dos espazos dixitais.

Segundo o grupo da USC, a pertinencia da actividade resulta “especialmente relevante nun contexto internacional marcado pola crecente polarización política e polo debate arredor do papel das redes sociais na formación da opinión pública”.

O seminario propón unha reflexión sobre a posible relación entre os discursos de odio, a circulación de contidos en plataformas dixitais e os rendementos electorais, “tomando Brasil como caso de estudo pero cun evidente interese comparado para outras democracias”, adiantan dende a USC.

A actividade permitirá ademais coñecer de primeira man as investigacións desenvolvidas desde a academia brasileira sobre fenómenos que transcenden as fronteiras nacionais e que forman parte dos principais debates internacionais sobre comunicación política, democracia e regulación dos espazos dixitais.

Natasha Bachini

Natasha Bachini Pereira é socióloga e investigadora da Universidade de São Paulo (USP). Doutora en Socioloxía polo Instituto de Estudos Sociais e Políticos da Universidade do Estado do Río de Janeiro (IESP-UERJ) e mestra en Ciencias Sociais pola PUC-SP, desenvolve a súa actividade académica no ámbito da socioloxía política e da comunicación.

A súa investigación céntrase especialmente na relación entre política, medios dixitais e democracia, con liñas de traballo sobre ciberactivismo, comunicación e discurso político, campañas electorais, desinformación, movementos sociais, autoritarismo e plataformas dixitais. Ten participado en investigacións sobre o uso das redes sociais nas eleccións brasileiras e sobre a comunicación política no contorno dixital.

Apple actualiza o iMac co chip M6
Apple presentou o novo iMac con chip M6, que mellora o rendemento gráfico e de procesamento, incorpora novas capacidades de intelixencia artificial e actualiza a conectividade con Wi-Fi 7 e Bluetooth 6. O ordenador todo en un mantén a pantalla Retina 4.5K de 24 polgadas e o deseño ultrafino, dispoñible en sete cores.

O procesador M6 integra unha CPU de ata 12 núcleos e unha GPU tamén de ata 12 núcleos, con dous núcleos adicionais respecto á xeración anterior. A GPU incorpora aceleradores neuronais en cada núcleo e ofrece ata o dobre de rendemento gráfico que o M4 en tarefas esixentes, como a edición fotográfica. O motor neuronal Neural Engine de dobre configuración e 16 núcleos duplica a capacidade de cálculo para tarefas de intelixencia artificial, mentres que o ancho de banda da memoria alcanza os 170 GB/s.

A capacidade para executar modelos de intelixencia artificial no propio ordenador é unha das novidades destacadas. O chip permite traballar con modelos de linguaxe locais e aplicacións como LM Studio, ademais de acelerar tarefas creativas. Apple cifra en ata 12 veces a mellora no procesamento de solicitudes de modelos de IA fronte ao iMac con M1, e en ata cinco veces fronte ao M4. Este procesamento local permite manter os datos no dispositivo durante esas operacións, aínda que a dispoñibilidade de funcións concretas depende do software empregado.

O equipo incorpora unha pantalla Retina 4.5K de 24 polgadas, cun brillo de 500 nits e cobertura da gama cromática P3, capaz de representar máis de mil millóns de cores. A cámara de 12 megapíxeles con Center Stage mantén o usuario encadrado durante as videoconferencias e inclúe Desk View para mostrar unha vista cenital da mesa de traballo. O sistema de son combina catro woofers con cancelación de forza e dous tweeters, con compatibilidade con son espacial e Dolby Atmos, acompañados de tres micrófonos de calidade de estudio.

A conectividade sen fíos actualízase con Wi-Fi 7 e Bluetooth 6. Tamén está dispoñible Ethernet de 2,5 gigabits, que pode ofrecer ata 2,5 veces máis velocidade por cable que a xeración anterior. O almacenamento SSD mellora ata duplicar as velocidades de lectura e escritura, mentres que o equipo pode incluír ata catro portos Thunderbolt 4 e conectar dous monitores externos de ata 6K.

O novo iMac chegará con macOS 27 Golden Gate, que integra Siri AI (que por fin funciona en español) e novas funcións de Apple Intelligence. O asistente poderá buscar información en mensaxes, correos electrónicos e fotografías, responder preguntas e executar accións entre aplicacións. O sistema tamén incorpora ferramentas para organizar pestanas en Safari, crear automatizacións mediante Atallos e editar fotografías con funcións de intelixencia artificial.

O ordenador poderá reservarse a partir do 28 de outubro e chegará ás tendas o 6 de novembro. A versión con CPU e GPU de 10 núcleos parte de 1.819 euros, mentres que a configuración con CPU e GPU de 12 núcleos custa desde 2.019 euros. Falamos de modelos con 16 GB de memoria, 256 GB de almacenamento e sen porto Ethernet. Con 32 GB de memoria, 2 TB de almacenamento e pantalla nanotexturizada o prezo elévase ata os 3.779 euros.