i-Joy leva o dobre núcleo aos seus tablets con Android 4.0
luns, 28 de maio do 2012
O i-Joy
Silken (que ilustra esta información) chegou ao mercado
como un tablet con Android 4.0 e pantalla IPS de 9,7 polgadas que saíu co atractivo
prezo de 199 euros, vai ter sucesor, o i-Joy
X2, que chegará cun procesador Rockchip 3066 de dobre núcleo e procesador
gráfico Mali 400, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas de memoria, unhas medidas de 243,5 x 188 x 10,5 milímetros e 600
gramos de peso, que chegará ás tendas nos vindeiros días a un prezo de 299
euros.
A subida de prezo é substancial con respecto ao i-Joy Silken, pero parece
xustificada polo grande salto de potencia (deixando claro que os tablets con
Android máis económicos teñen eses prezos por
algo). O i-Joy X2 tamén conta con saída mini HDMI, USB, Wi-Fi N, 3G
mediante un receptor USB e cámaras de 2 Mpíxeles.