i-Joy pon á venda un tablet con Android 4.0 e pantalla de 9,7 polgadas

xoves, 26 de abril do 2012 Marcus Fernández

Cada vez son máis os tablets con Android 4.0.3 que chegan ao mercado a prezos económicos, e imitando a aparencia externa do iPad orixinal, cunha pantalla IPS de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, chega o tablet Silken de i-Joy, que funciona cun procesador Boxchip A10 a 1,2 GHz, gráfica 3D a 400 MHz, 1 Gb de memoria RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, Wi-Fi N, altofalantes estéreo, cámaras de 2 e 1,3 Mpíxeles, 2 portos mini USB, saída HDMI e batería de 8.000 mAh (permitindo reproducir vídeo durante 7 horas e media), que vén de pórse á venda por 199 euros.
Amais, este tablet de 24,2 x 19 x 0,9 centímetros e 680 gramos de peso tamén pode conectarse á Internet a través de 3G a través dun adaptador USB.

O novo tablet de i-Joy mide 24,2 x 19 x 0,9 centímetros

PUBLICIDADE