iCups, a alternativa de baixa tecnoloxÃa ao iPhone
luns, 22 de setembro do 2014
O
micromecenado non sempre ampara a proxectos serios, senón que de cando en vez
son simples bromas as que optan a conseguir financiamento e o conseguen, como o vaso que aspiraba a ser
o auténtico Google Glass, e nesta
liña temos agora que dende Los Angeles están
a procurar facer realidade as iCups, unha alternativa de baixa tecnoloxÃa
que xorde como alternativa ao iPhone e que consiste nos clásicos vasos de cartón
unidos por un fÃo para servir como un sistema de comunicación a distancia.
Este curioso produto pode adquirirse por 7 dólares (13,23 euros cos gastos de
envÃo incluÃdos), agardándose que cheguen a mans dos seus mecenas no mes de
outubro e buscando principalmente servir de simpático agasallo, aÃnda que os
responsables do proxecto non evitan citar grandes vantaxes deste produto como
alternativa ao smartphone de Apple, como o non precisar de confusas
actualizacións de iOS, evitar os grandes gastos en itinerancia, chamadas sempre
de balde, baterÃa ilimitada, simplicidade de uso e completamente seguro
(ninguén roubará os nosos datos persoais deste trebello).
- O iCups é apto para usuarios de calquera idade dada a súa simplicidade de uso