iDuck, o parrulo altofalante sen fíos

luns, 21 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Os que queiran emular a Epi bañándose cun parrulo de goma poden completar a experiencia con música grazas ao novo iDuck, un altofalante sen fíos bastante orixinal que flota, é resistente á auga, recibe son sen fíos dun reprodutor musical grazas ao correspondente emisor (con forma de ovo) cun conector de auriculares estándar e incluso pode recibir radio FM.
O parrulo-altofalante mide 5 x 5 x 5 centímetros, pesa 200 gramos e precisa de 3 pilas AAA para o altofalante e 2 pilas AAA para o seu transmisor. Este orixinal dispositivo que axuda a animar as nosas sesións de baño ou ducha sen temer pola integridade do noso reprodutor musical ou móbil favorito pode mercarse en Amazon a 49,95 dólares, 21,11 libras esterlinas ou 24,99 euros segundo o país a través do que queiramos facernos co iDuck (resultando o Amazon británico a mellor opción neste momento, pois a cotización actual da libra sitúa o prezo do parrulo en 24,11 euros).

O iDuck pode operar como altofalante remoto ou como receptor de radio FM

PUBLICIDADE