iStick, a unidade de memoria USB compatible cos dispositivos móbiles de Apple
martes, 13 de maio do 2014
¿Que
ten que facer un produto lanzado a través de Kickstarter para completar
o seu financiamento en apenas dúas horas? A resposta parece clara: ofrecer
algo que o público busca e que non pode atopar no mercado. E boa proba disto é o
iStick, un trebello que nun par de horas superou os 100.000 dólares que
buscaba para completar o seu financiamento, e que conseguiu triplicar tal
cantidade pouco tempo despois, resultado bastante abraiante se temos en conta
que aÃnda faltan 34 dÃas para que remate a campaña de captación de fondos.
En vista de tal éxito, HYPER, a compañÃa detrás do iStick, decidiu comezar xa a
produción do seu novo trebello, para ser capaz de atender á demanda dentro de
cinco semanas, pois parece que o que anuncian como a primeira unidade flash USB
do mundo que integra conector lightning para poder empregarse en iPhone, iPod
Touch ou iPad resulta moi atractiva para os usuarios de dispositivos móbiles de
Apple.
O iStick serÃa unha memoria USB que por un lado contarÃa cun conector USB 2.0 (para
poder conectala ao ordenador para cargarlle contidos) e, polo outro, un
conector lightning (para conectalo ao dispositivo con iOS). Esta solución
servirÃa para transferir música do ordenador aos dispositivos móbiles de Apple
(ou incluso reproducir directamente dende a unidade) sen ter que sincrolizar a
través de iTunes ou empregar un servizo de streaming;
permite copiar as fotografÃas do iPhone á unidade de memoria para poder liberar
espazo no móbil; permite a reprodución de vÃdeos almacenados no iStick (grazas
á aplicación oficial deste accesorio); e incluso serve para poder ver
documentos ofimáticos en iOS a través dun visor especÃfico. AÃnda que a
meirande parte das funcionalidades dependen da aplicación oficial do iStick, é
posible forzar a apertura dos documentos na unidade de memoria dende outra
aplicación, conseguindo o máis parecido que podemos conseguir a ter un porto
USB nun iPhone ou iPad.
O iStick ten unhas medidas de 51,6 x 28,6 x 9,1 milÃmetros, pesa 10 gramos e
venderase en capacidades que van dende os 8 ata os 128 Gb con prezos que parten
dos 79 aos 299 dólares (65 e 226 euros con portes respectivamente), prezos que
suporán unha rebaixa substancial sobre o prezo final que terá o produto cando
se venda posteriormente. Está previsto que os mecenas comecen a recibir os seus
iSticks a partir do mes de agosto.