iStick, novo dispositivo HDMI con Android 4.0

luns, 6 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Parece que os ordenadores de pequeno tamaño con Android 4.0 e conexión HDMI para dotar a televisores de alta definición de prestacións de Smart TV son unha tendencia en alza, e o último do que soubemos é o iStick, que este mes vai pórse á venda por 69 dólares (55,54 euros) da man de PQ Labs, incluíndo no tamaño dunha memoria USB un equipo cun procesador de dobre núcleo (cunha velocidade de entre 1 e 1,8 GHz), aceleración gráfica 2D e 3D, reprodución de vídeo ata 1.080p, Wi-Fi N, soporte de dispositivos USB (teclados, ratos, discos duros...), compatible con máis de 600.000 aplicacións e compatible con tecnoloxías do mesmo fabricante que permiten manexar o dispositivos cun sensor semellante a KINECTou cunha pantalla multi-táctil de ata 120 polgadas.


Demostración do funcionamento do iStick nunha pantalla táctil de grande tamaño

PUBLICIDADE