iiView M1Touch, un novo tablet con Windows 7
xoves, 13 de maio do 2010
- O M1Touch xunto a un iPhone e un iPad
AÃnda que parece existir certo consenso en que os últimos sistemas
operativos actuais optimizados para un uso táctil sexan iPhone OS e Android,
algúns fabricantes continúan a traballar en produtos noutras liñas, coma o iiView
M1Touch, que será un tablet con
pantalla multi-táctil de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles,
procesador Intel Atom N450 a 1,66 GHz, 2 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, webcam,
USB, lector de tarxetas de memoria 4-en-1, acelerómetro, unhas dimensións de
289,6 x 150 x 20,3 milÃmetros, un peso de 1,2 quilos, unha autonomÃa de ata 3
horas e, sorprendentemente, o sistema operativo Windows 7 Home Premium.
O prezo deste dispositivo que dificilmente competirá co iPad, será duns 699
dólares de Singapur (401,89 euros), agardándose
a súa chegada ao mercado para finais de mes.