inFAMOUS 2 estará precedido por unha miniserie de comics
luns, 27 de decembro do 2010
Dende o
estudo Sucker Punch están a esforzarse en conseguir que inFAMOUS 2 sexa un grande xogo digno da súa primeira entrega, de
xeito que non só reaccionan ás crÃticas dos seus seareiros (recuperando o
deseño orixinal do seu protagonista tras amosar un innecesario lavado de cara) e anunciando
unha serie de comics inspirada na saga e que será editada por DC Comics.
O cómic narrará novos capÃtulos de inFAMOUS
escritos por William Harris e debuxados por Eric Nguyen, enchendo asà o espazo
entre o xogo orixinal e a súa secuela, o que resulta especialmente axeitado,
pois a primeira entrega contaba cunha clara inspiración no mundo dos comics, de
xeito que asà pechan un cÃrculo a través de 6 exemplares con portadas de Doug
Mahnkel (ilustrador de Green Lantern)
que comezarán
a chegar ás tendas norteamericanas o 9 de marzo de 2011.
Para continuar a crear expectación sobre este xogo sobre o que saberemos máis
durante o ano que vén, veñen
de publicar un par de imaxes que dan unha idea da súa espectacularidade
gráfica.
- Graficamente inFAMOUS 2 aposta pola espectacularidade
- Imaxe de Doug Mahnkel que ilustra a portada do primeiro cómic da miniserie de inFAMOUS