The Last of Us Parte II lanzarase o 21 de febreiro de 2020
martes, 24 de setembro do 2019
Por fin puidemos ver a terceira entrega de State of Play, a
serie de vÃdeos coas que informan das novidades do mundo da PlayStation, na que
deixaron ver detalles sobre Call of Duty: Modern Warfare, o novo MediEvil
e, moi especialmente, o novo tráiler de The Last of Us Parte II, no que
confirman que o
agardado xogo sairá finalmente á venda o 21 de febreiro.
Dende Naughty Dog levan 5 anos traballando neste xogo do que resistÃanse a dar
unha estimación da data de saÃda e, finalmente, semella que vai acontecer algo
semellante á súa anterior entrega: chegará a xeito de colofón dunha xeración de
consolas e posiblemente será un dos primeiros tÃtulos en publicarse remasterizado
para a vindeira xeración.
Aparte do novo tráiler tamén detallaron que The Last of Us Parte II
contará con varias edicións: unha
edición estándar, unha
edición dixital deluxe con contido adicional bastante superfluo (a
banda sonora, un libro dixital de ilustracións, 6 avatares para PSN e un tema
dinámico de PS4), unha edición especial (que incluirá unha caixa metálica e un
libro de ilustracións), e unha edición para coleccionistas (que será como a
edición dixital deluxe, pero cunha caixa metálica, un libro de ilustracións
unha figura de Ellie de 30 centÃmetros de altura, unha réplica a escala dun dos
seus brazaletes, 6 pins, unha litografÃa e 5 adheisvos).
Tamén adiantan que o xoves pola tarde permitirán que a prensa probe 2 novos
niveis do xogo con case 3 horas de xogo en total, de xeito que en breve poderemos
saber máis detalles sobre o que ofrecerá o que semella ser o tÃtulo máis
importante para PlayStation 4 no que resta de xeración.
- A edición para coleccionistas do xogo será moi completa
VÃdeo co terceiro vÃdeo de State of Play