macOS dirá adeus ao FireWire
luns, 23 de xuño do 2025

- O iPod orixinal xa non funciona con equipos con macOS Tahote
Un dos grandes retos que teñen os sistemas operativos durante a súa evolución é manter a retrocompatibilidade con dispositivos e estándares anteriores, pero a longo prazo iso pode supor unha importante lousa, polo que é habitual que cada certo tempo as compañÃas decidan soltar lastre, e abandonar tecnoloxÃas que consideran obsoletas por considerar que serÃan moi poucos os usuarios afectados.
Este tipo de medida serÃa a que estarÃa a tomar Apple con macOS Tahoe, a vindeira versión do seu sistema operativo para equipos informáticos, que non só serÃa o derradeiro en dar soporte a equipos con procesadores Intel, senón que tamén sorprenderÃa na súa beta a moitos ao descubrir que deixaba de dar soporte ao histórico protocolo FireWire.
O Fire Wire vÃase inicialmente como unha alternativa ao USB para a conexión de unidades externas, e o adoptaban dispositivos como o iPod orixinal e as cámaras de vÃdeo MiniDV, polo quen queira seguir a utilizar este tipo dispositivos terá que manter algún equipo cunha versión anterior do sistema operativo.
AÃnda que resulta evidente que non hai dispositivos con FireWire en produción, cómpre advertir da perda de soporte deste tipo de conectividade, para que os que precisen extraer datos dun dispositivo deste tipo non pensen que se estragaron cando procuren conectalo a un ordenador cun sistema operativo actualizado.
