nVIDIA anuncia un acordo estratéxico con OpenAI
luns, 22 de setembro do 2025
OpenAI e nVIDIA anunciaron un acordo estratéxico que prevé a despregadura de polo menos 10 gigawatts de sistemas da compañÃa californiana para alimentar a vindeira xeración de infraestruturas de intelixencia artificial de OpenAI. O proxecto, segundo avanzaron ambas as entidades, servirá para adestrar e executar os futuros modelos da compañÃa fundada por Sam Altman, nun camiño orientado cara a desenvolver sistemas de superintelixencia.
O plan contempla tamén un investimento de ata 100.000 millóns de dólares por parte de nVIDIA, destinado a garantir tanto a dispoñibilidade dos sistemas como a capacidade de centros de datos e subministración eléctrica. A primeira fase deberÃa estar operativa na segunda metade de 2026, baseada na plataforma Vera Rubin da empresa.
«nVIDIA e OpenAI levamos unha década empuxándonos mutuamente, desde o primeiro superordenador DGX ata a irrupción de ChatGPT», afirmou Jensen Huang, fundador e conselleiro delegado de nVIDIA. Ao seu xuÃzo, o acordo «marca o seguinte gran salto: despregar 10 gigawatts para alimentar a nova era da intelixencia».
Sam Altman, cofundador e CEO de OpenAI, subliñou pola súa parte que «todo comeza coa computación» e asegurou que «a infraestrutura de cómputo será a base da economÃa do futuro». O compromiso con nVIDIA, engadiu, permitirá «crear novas innovacións en intelixencia artificial e levalas a escala a persoas e empresas».
O presidente de OpenAI, Greg Brockman, lembrou que a compañÃa leva colaborando con nVIDIA «desde os primeiros dÃas» e empregando a súa plataforma «para crear sistemas de IA que usan centos de millóns de persoas cada dÃa».
O acordo establece que nVIDIA será socio estratéxico preferente de OpenAI no ámbito do cómputo e das redes, co obxectivo de coordinar as follas de ruta de hardware, software e modelos de ambas as partes. Ademais, complementará a colaboración xa existente con outros actores como Microsoft, Oracle, SoftBank e a alianza Stargate, centrada na construción da infraestrutura de IA máis avanzada do mundo.
OpenAI asegura contar actualmente con máis de 700 millóns de usuarios semanais activos e unha ampla implantación en empresas, pequenos negocios e desenvolvedores. A alianza con nVIDIA, segundo ambas as partes, reforzará a súa misión de avanzar cara a unha intelixencia artificial xeral que beneficie á humanidade no seu conxunto.
As dúas compañÃas prevén pechar os detalles do acordo nas vindeiras semanas.
