nVIDIA e Intel únense para desenvolver infraestrutura de IA e novos produtos de computación persoal
xoves, 18 de setembro do 2025
nVIDIA e Intel anunciaron unha alianza estratéxica para impulsar o desenvolvemento conxunto de múltiples xeracións de procesadores personalizados destinados a centros de datos e a ordenadores persoais. O acordo combina a experiencia de nVIDIA en intelixencia artificial e computación acelerada co ecosistema x86 e as tecnoloxÃas de CPU de Intel, empregando como ponte a arquitectura NVLink.
No ámbito dos centros de datos, Intel deseñará CPU x86 personalizadas para nVIDIA, que se integrarán nas súas plataformas de infraestrutura de IA e estarán dispoñibles no mercado. No segmento de consumo, Intel desenvolverá e comercializará SOC x86 que incorporarán chiplets gráficos RTX de nVIDIA, orientados a unha nova xeración de PC que requiren a integración de CPU e GPU de alto rendemento.
O acordo inclúe tamén un investimento financeiro: nVIDIA destinará 5.000 millóns de dólares á compra de accións ordinarias de Intel, a un prezo de 23,28 dólares por tÃtulo. A operación está pendente das condicións habituais de peche, incluÃdas as autorizacións reguladoras pertinentes.
As dúas compañÃas destacan que a colaboración busca sentar as bases da próxima era da computación, ao integrar de maneira estreita a pila de IA de nVIDIA coa tradición do ecosistema x86 de Intel. A combinación permitirá ofrecer solucións máis avanzadas tanto para clientes corporativos como para o mercado de consumo masivo, e supón un importante apoio para Intel nun momento no que a compañÃa está a experimentar unha crise moi seria ao ter perdido a confianza dos mercados (en boa medida, por non ter adoptado posicións na carreira pola IA).
