nVIDIA fai máis asumible a nova xeración de tarxetas gráficas coa GeForce GTX 1060
venres, 8 de xullo do 2016
Os afeccionados ao xogos para PC atoparon na tarxeta
gráfica nVIDIA GeForce GTX 1080 a resposta a todos os seus soños, pero o
seu prezo (599 euros) na meirande parte dos casos deixa ese portento
tecnolóxico non anhelo, e incluso o seu modelo económico, a GTX 1070, cun prezo que parte dos 379 euros tamén
afástase da meirande parte de petos, pero a creación desta nova xeración de
tarxetas gráficas si contribúe á facer máis asumibles as gráficas de alta gama,
e asà nVIDIA
anuncia agora a GeForce GTX 1060, que comparte a arquitectura Pascal das
anteriores, pero sitúase ao nivel de desenvolvemento do tope de gama da
anterior xeración (a GTX 980) dobrando incluso o seu rendemento en tarefas de
realidade virtual, contendo un par de elementos moi importantes: o prezo (que
queda en 249 dólares) e o seu consumo (só 120 watts fronte aos 180 watts dunha
GTX 1080).
A GeForce GTX
1060 conta con 1.280 núcleos CUDA, 6 GB de memoria GDDR5 a 8 Gbps e unha
velocidade de reloxo de 1,7 GHz (que pode forzarse até os 2 GHz) de xeito que
por un prezo inferior ao dunha consola de videoxogos (algo do que non poden
presumir os seus irmáns maiores) é capaz de mover os videoxogos máis esixentes
e os contornos de realidade virtual que están a emerxer este ano. Unha opción
moi interesante para os que queiran introducirse na realidade virtual ou,
simplemente, queiran unha potente gráfica para xogos sen ter que facer un
investimento esaxerado.
As novas gráficas GTX 1060 comezarán a comercializarse o 19 de xullo a través
de numerosos socios de nVIDIA como Asus, Gigabyte, MSI... de xeito que está
garantida a súa dispoñibilidade global e en diversidade de configuracións e
prezos, quedando agora por ver se esta nova gráfica pode contribuÃr a reducir
esa barreira psicolóxica dos mil euros para configurar un ordenador persoal
capaz de funcionar cun casco de realidade virtual de Oculus ou HTC.