nVIDIA presenta as primeiras gráficas capaces de facer ray tracing en tempo real
luns, 20 de agosto do 2018
nVIDIA
aproveitou a súa presenza hoxe na feira de videoxogos de Colonia, a Gamescom,
para presentar a súa nova xeración de tarxetas gráficas, as GeForce RTX, que
serÃan as
primeiras GPU do mundo en integrar tecnoloxÃa de ray tracing en tempo real, o que para o director xeral da
compañÃa, Jensen Huang, supón a reinvención dos gráficos por ordenador.
As primeiras gráficas desta nova gama, a serie RTX 20,
serán a GeForce RTX 2080 Ti, RTX 2080 e RTX 2070, que na súa Founder Edition poden reservarse a
prezos de 1.259, 849 e 639 euros respectivamente, aÃnda que chegarán modelos
máis asumibles nos vindeiros meses (por norma xeral as Founter Edition custan 100 dólares máis que as adicións ordinarias
destas gráficas, por chegar ao mercado con certa antelación).
Estas novas gráficas elevan o nivel dos videoxogos (que poderán funcionar en 4K
con HDR a 60 imaxes por segundo sen problema), confirmándose que 21
dos grandes lanzamentos que chegarán nos vindeiros meses (como Battlefield V ou Shadow of the Tomb Raider) están a desenvolverse para a plataforma
nVIDIA RTX.
A xeración actual de gráficas de nVIDIA empregaban arquitectura Pascal, pero as
novas fan uso de Turing, o que supón un salto de rendemento abraiante,
multiplicando por 6 o número de operacións por segundo que poden realizar e por
10 o número de gigarays por segundo.
As novas GeForce RTX permiten que os efectos de iluminación e reflexos poidan
aplicarse en tempo real dun xeito moi efectivo, fan uso de memoria GDDR6 ultrarrápida,
melloran a escalabilidade para configuracións multi-GPU e incluso integran
unha nova especificación chamada VirtualLink que permite que, por exemplo,
os cascos de realidade virtual poidan conectarse ao ordenador a través dun
único cable.
Das tarxetas presentadas hoxe detállase que a RTX 2080 Ti pode mover 10
Gigarays/segundo, realiza 78 billóns de RTX-OPS e está equipada con 11 GB de
memoria; a RTX 2080 baixarÃa a 8 Gigarays/segundo, 60 billóns de RTX-OPS e 8 GB
de memoria; e finalmente, a RTX 2070 quedarÃa en 6 Gigarays/segundo, 45 billóns
de RTX-OPS e 8 GB de memoria, sendo esta última tarxeta a que posiblemente vaia
gozar de maior aceptación nos vindeiros meses, por ter unha potencia moi
superior á das gráficas actuais, incluÃr as innovacións da nova xeración de
gráficas de nVIDIA e conter o seu prezo no contorno dos 500 euros cando chegue
ás tendas a partires do mes de outubro.