nVIDIA presenta novas gráficas para uso profesional

martes, 1 de xuño do 2021 Marcus Fernández

No marco da feira Computex 2021 dende nVIDIA quixeron facer unha demostración de forza e presentar a súa nova gráfica nVIDIA GeForce RTX 3080 Ti (que chega acompañada tamén pola RTX 3070 Ti) que está orientada especialmente para creadores especializados en edición de vídeo, animación 3D ou visualización de deseños arquitectónicos.
As novas gráficas RTX 3080 Ti funcionan a velocidades de reloxo superiores e usan 12 GB de memoria de vídeo superrápida (GDDR6X), ao que se sumamos o aproveitamento da arquitectura nVIDIA Ampere e o uso de tecnoloxías como nVIDIA DLSS conseguimos que tarefas como editar vídeo RAW en 8K con HDR sexa unha tarefa moito menos pesada do habitual. Pola súa banda, as RTX 3070 Ti conformaríanse con memoria GDDR6, de xeito que na edición de vídeo RAW con HDR serían aptas para resolucións de até 6K.
As novas GeForce RTX 3080 Ti está previsto que cheguen ao mercado o día 3 por a partir de 1.199 dólares, mentres que o 10 de xuño sería cando chegasen as RTX 3070 Ti a prezos que parte dos 599 dólares.

JPEG - 48.5 KB
As novas gráficas nVIDIA GeForce GTX 3080 Ti están orientadas a mellorar o desempeño de aplicacións creativas

PUBLICIDADE