nVIDIA presenta un superordenador para a IA accesible

martes, 7 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

Dentro das propostas de nVIDIA presentadas no CES de Las Vegas hai unha que pode supor toda unha revolución: o Project DIGITS. Falamos dun supercomputador persoas para a IA, orientado a investigadores, científicos de datos e estudantes que queiran gozar da potencia da plataforma nVIDIA Grace Blackwell, que neste equipo en concreto ofrecería un petaflop para prototipar, afinar e correr grandes modelos de IA.
Falamos un equipo informático completo, que funcionaría cun procesador GB10 Superchip coa última xeración de núcleos CUDA e núcleos Tensor de quinta xeración conectados cun procesador de alto desempeño nVIDIA Grace con 20 núcleos de eficiencia. Ofrecerase con 128 GB de memoria unificada e até 4 TB de almacenamento NVMe, sendo capaz de mover un grande modelo de linguaxe con 200.000 millóns de parámetros, o que é todo un logro para un equipo que pode alimentarse a través dunha toma de corrente ordinaria. Para proxectos máis esixentes será posible empregar a comunicación en rede nVIDIA ConnectX para que dous superodenadores deste tipo poida correr modelos con 405.000 millóns de parámetros.
Estes novos equipos funcionan cun sistema operativo baseado en Linux chamado nVIDIA DGX OS para desenvolver modelos de IA que logo poder trasladar á nube de nVIDIA DGX. Está previsto que cheguen ao mercado no mes de maio a un prezo de só 3.000 dólares, polo que pode converterse nunha solución de adopción masiva en empresas e laboratorios de IA.