nVIDIA quere levar o seu chip 9400M aos netbooks

xoves, 18 de decembro do 2008

A renovación dos portátiles de Apple para incorporar nos seus modelos menos potentes a tarxeta gráfica GeForce 9400M, que converteu o Macbook Air nun equipo moito máis atractivo, levou a nVIDIA a propor que os fabricantes que están a montar ultraportátiles con procesadores Intel Atom opten tamén por un chip gráfico 9400M para que os equipos queden só cativos en tamaño, xa que mellorarían substancialmente o seu desenvolvemento gráfico, aproximándose aos equipos de escritorio e incluso abrindo a porta a contidos de vídeo en alta definición.

PUBLICIDADE