Os Blogues 2006

Os blogs galegos medran en número e calidade día a día, polo que era preciso recoñecer a labor dos máis salientable, de xeito que agora xa contan cos seu propios premios.

A organización destes premios nace da publicación de novas tecnolóxicas Código Cero, que coordinará a súa elaboración e procurará achegar medios para a finalización desta iniciativa para a Internet galega.

 

Regulamento

Aceptarase a participación de calquera blog que cumpra coas seguintes condicións:

En caso de dúbida sobre algunha das presentes condicións será o Xurado o que tomará a decisión final de aceptar ou non a participación dunha bitácora determinada. Os nomeamentos de honra non terán que cumprir coas condicións antes indicadas, e serán formulados dende o Xurado dos Premios.

Categorías

Para elixir ós mellores blogs galegos de 2006 desígnanse varias categorías que serían as seguintes:

Aparte dos premios oficiais, o Xurado tamén poderá determinar distintas mencións especiais que estima oportunas.

Xurado

Os Blogues 2006 contarán cun xurado composto por distintos membros da comunidade internauta galega con coñecementos da realidade do Blogomillo.
De xeito provisorio poderiamos falar da seguinte composición do xurado:

En futuras edicións procurarase a inclusión dos gañadores de cada ano ó xurado, de xeito que se formaría unha Academia Virtual dos Blogues para a seleccións das mellores bitácoras galegas.

Criterios de valoración

Será o Xurado o que determine os criterios que estime pertinentes para a valoración dos blogs presentados a concurso, pero podemos adiantar que algúns dos elementos que poden terse en consideración serían:

Calendario

O prazo de aceptación de solicitudes para Os Blogues 2006 comezará o 1 de setembro de 2006 e durará ata o 31 de outubro, ambas datas incluídas.

Entre o 1 e o 19 de outubro o tribunal analizará a listaxe de blogs que optan ós premios para seleccionar os máis axeitados para decidir uns finalistas en cada categoría.

Entre o 20 e o 26 de novembro realizaranse as votacións finais para determinar as bitácoras que resultarán galardoadas cos Blogues 2006.

Os premios

Os Blogues son un premio simbólico, aínda que dende a Organización procurase facer entrega dun recoñecemento físico ós premiados (un trofeo), de xeito que teñan unha constancia tanxible do seu galardón.

A cerimonia de entrega

O anuncio dos resultados dos premios, así como a entrega dos mesmos, realizaríase, de ser posible, nun acto que tería lugar nos primeiros días de decembro, nun evento que procuraría converterse nunha xuntanza de integrantes do Blogomillo. Deste xeito agárdase que a celebración sexa unha festa na que participen por igual os candidatos ós premios coma outras persoas relevantes da Internet galega.

Nese espazo publicaranse as listaxes de nomeados, finalistas e gañadores cando esta información sexa coñecida.

© 2006 Grupo Código Cero Comuniación, S.L.