Audiovisual – Código Cero

RTVE estrea na TDT un servizo de radio adaptado a persoas con discapacidade auditiva
RTVE iniciou esta mañá as emisións regulares de RNE Accesible, un servizo pioneiro que permite seguir a programación de Radio Nacional de España a través da televisión dixital terrestre (TDT) con subtítulos, interpretación en lingua de signos e imaxes en directo do estudo de emisión. A iniciativa, dirixida especialmente ás persoas con discapacidade auditiva, pode chegar a máis do 99 % da poboación española.

A emisión comeza cunha programación de catro horas diarias, aínda que RTVE prevé ampliar progresivamente a cobertura ata incorporar todos os contidos de Radio Nacional. Para acceder ao servizo é necesario dispoñer dun televisor compatible coa Ultra Alta Definición (UHD) e sintonizalo a través da TDT.

A experiencia combina a emisión radiofónica convencional con subtítulos e interpretación en lingua de signos española, ademais dunha xanela de vídeo que permite seguir visualmente o que acontece no estudo principal de RNE. Deste xeito, os oíntes con discapacidade auditiva poden acceder aos contidos da emisora mediante unha fórmula que incorpora información visual á programación habitual.

O lanzamento culmina un proceso iniciado en 2023 cunha experiencia piloto desenvolvida en colaboración co Centro Español de Subtitulación e Audiodescrición (CESyA), á que seguiron distintas emisións experimentais destinadas a perfeccionar o funcionamento do servizo.

Anteriormente denominado RNE para todos, o proxecto preséntase como unha iniciativa pioneira no ámbito internacional. Segundo os datos recompilados por RTVE, non existe actualmente ningún servizo equivalente de radio accesible con emisión regular no ámbito da Unión Europea de Radiodifusión (UER).

A estrea coincide coa culminación da primeira fase do Plan Técnico Nacional da TDT, que incorpora novas emisións en Ultra Alta Definición e require resintonizar os televisores para acceder á oferta actualizada. RNE Accesible intégrase así na transformación tecnolóxica da televisión dixital terrestre para ampliar tamén as posibilidades de acceso á programación radiofónica.

O 14º Carballo Interplay celebrarase do 8 ao 11 de abril e repartirá 3.000 euros en premios
O festival de pensamento e contidos dixitais Carballo Interplay celebrará a súa 14ª edición do 8 ao 11 de abril de 2027. A cita volverá reunir en Carballo a persoas creadoras, profesionais do audiovisual e público arredor das series de formato curto e dos contidos que se crean para a Rede, cunha especial atención á creación en galego.

Co anuncio das datas, o festival abre a inscrición nas súas dúas convocatorias. A Competición Internacional de Series de Formato Curto está dirixida a producións de todo o mundo, mentres que os Premios á Creación Dixital Galega recoñecen o traballo de quen crea e publica contidos propios en galego en redes e plataformas dixitais.

Competición Internacional de Series de Formato Curto

Nesta modalidade poderán presentarse series producidas entre 2025 e 2027, de calquera xénero ou temática, tanto de imaxe real como de animación. As producións deberán contar cun mínimo de tres

episodios de ata 30 minutos cada un, que poderán ser inéditos ou estar xa publicados en plataformas de vídeo ou de streaming. As series en linguas distintas do galego ou do castelán deberán presentarse con subtítulos nalgunha destas dúas linguas ou en inglés.

A competición outorgará catro galardóns: Mellor Serie (800 euros), Premio do Xurado Novo (400 euros), Premio do Público (400 euros) e Mellor Dirección (200 euros). Todos inclúen un trofeo.

Premios á Creación Dixital Galega

O festival concederá dous premios de 600 euros cada un, á Mellor Canle e á Mellor Creador/a. Poderán concorrer persoas creadoras, proxectos específicos e canles completas de YouTube, TikTok, Instagram ou doutras plataformas activas no momento da inscrición. Os contidos deberán ser de creación propia e en galego, contar cun historial de publicacións que se poida comprobar e ter intención de continuidade.

O prazo de inscrición remata o 15 de marzo de 2027. As persoas responsables das candidaturas finalistas presentarán as súas propostas ante un xurado durante o festival.

Quen gañe o premio á Mellor Creador/a formará parte do xurado dixital da seguinte edición.

Na pasada edición, T-Rex gañou o premio á Mellor Serie e Daphné Chollet obtivo o de Mellor Dirección por Ruby. O Xurado Novo distinguiu Eyes in the Woods e o público premiou a segunda tempada de The Struggle for Existence. No apartado de Creación Dixital Galega, Miradenovo recibiu o premio á Mellor Canle e @Antontísimo levou o galardón individual.

O Carballo Interplay está organizado polo Concello de Carballo e Turismo de Carballo, coa produción e dirección de Cósmica.

A TDT renóvase coa chegada de La Séptima e novas canles en UHD
A televisión dixital terrestre (TDT) afronta hoxe unha das súas principais actualizacións dos últimos anos. A reorganización das emisións incorpora novas canles en ultra alta definición (UHD), modifica a distribución dalgúns servizos no dial e obriga os fogares que reciben a televisión por antena a realizar unha nova busca de canles para actualizar a grella.

A renovación coincide coa chegada de La Séptima, unha nova canle xeneralista que pretende gañar espazo na televisión en aberto cunha programación centrada na información, a análise política e os contidos en directo.

Bienvenidos a LA SÉPTIMA. pic.twitter.com/s0VQoipsB0
— La Séptima TV (@la_septima_tv) November 5, 2026

Novas emisións en ultra alta definición

A actualización da TDT trae consigo a incorporación de La 2 UHD, Antena 3 UHD e Telecinco UHD, que se suman a La 1 UHD, xa dispoñible na televisión terrestre. Esta ampliación incrementa a presenza da ultra alta definición na oferta televisiva estatal, aínda que para recibir estas emisións cómpre contar cun televisor ou receptor compatible coa tecnoloxía UHD.

Os cambios tamén afectan á distribución das canles na grella, polo que será necesario realizar unha resintonización automática dos televisores para recuperar toda a oferta dispoñible e actualizar as posicións dos servizos.

La Séptima aposta pola información en directo

A principal novidade na oferta de contidos é La Séptima, que ocupa o espazo que ata agora correspondía a Atreseries. O novo operador chega cun investimento inicial duns 20 millóns de euros, máis de 300 profesionais implicados e o obxectivo de alcanzar un 1,8 % de cota de pantalla durante os seus dous primeiros meses de emisión.

O proxecto está impulsado por José Miguel Contreras e conta con Javier Ruiz como principal responsable editorial. A programación pretende diferenciarse dunha grella na que abundan as reposicións, as series e os contidos de arquivo, cunha aposta pola actualidade e a emisión en directo.

Grella da programación da nova canle

A cadea prevé ofrecer once horas diarias de programación en directo, con espazos informativos e de análise conectados coa conversación pública. A estratexia tamén contempla unha presenza relevante nas plataformas dixitais, co obxectivo de ampliar o alcance dos seus contidos máis alá da televisión convencional.

Rocío Delgado achega presenza galega á nova cadea

Un dos rostros destacados de La Séptima será Rocío Delgado, xornalista galega que se incorpora ao cadro de presentadores coa condución de Sobre la mesa. O programa combinará información política e actualidade con temas relacionados coa saúde, a nutrición, o benestar, as tendencias e a cultura.

A súa incorporación sitúa unha profesional galega entre as principais figuras dun lanzamento televisivo de alcance estatal. O espazo forma parte dunha programación que pretende combinar a información diaria con contidos de interese xeral e formatos capaces de conectar con públicos diferentes.

Enquisas electorais diarias como reclamo

Unha das primeiras iniciativas que marcarán o arranque de La Séptima será a publicación de sondaxes electorais diarias durante a campaña das eleccións xerais do 29 de novembro. A cadea pretende converter o seguimento demoscópico nun dos elementos distintivos da súa programación inicial, cunha actualización continuada das expectativas electorais.

A iniciativa busca trasladar á televisión española un formato máis habitual noutros mercados, no que as enquisas e a evolución das intencións de voto ocupan un espazo destacado durante os procesos electorais. O seguimento diario tamén permitirá alimentar os debates e espazos de análise da cadea.

A TDT busca competir coas plataformas dixitais

A ampliación das emisións UHD e a chegada de novos operadores prodúcense nun momento de transformación dos hábitos de consumo audiovisual. As plataformas de streaming gañaron protagonismo nos últimos anos, obrigando a televisión lineal a buscar fórmulas para conservar a súa audiencia e atraer novos espectadores.

La Séptima pretende responder a ese desafío combinando a inmediatez da televisión en directo coa distribución de contidos en plataformas dixitais. O seu desenvolvemento permitirá comprobar se existe espazo para novos operadores xeneralistas nun mercado no que a oferta audiovisual está cada vez máis fragmentada.

O encontro I+P do Clúster do Audiovisual celebrarase no Coruña Estudio Inmersivo con 18 novos proxectos
Imaxe da anterior edición do evento, celebrado (tamén) no CEI da Deputación da Coruña

A 20ª edición do I+P Ideas para Producir (Clúster do Audiovisual Galego) xa ten os 18 proxectos de cine e televisión que se presentarán ante representantes das principais compañías do sector audiovisual os días 26 e 27 de novembro no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), na Coruña.

Segundo informou o Clúster, as propostas foron seleccionadas entre os máis de 200 proxectos  recibidos nesta convocatoria, unha cifra que “confirma o interese que esperta este foro profesional que continúa consolidándose como un espazo de referencia para impulsar novas producións, establecer contactos estratéxicos e abrir vías de financiamento, distribución e coprodución”, engadiron dende a agrupación empresarial.

O comité de selección, integrado polo guionista e creador Alberto Guntín; a guionista e asesora no sector audiovisual Puri Seixido, e a xefa de produción Lucía Caramelo, foi o encargado de avaliar as candidaturas e escoller as propostas que formarán parte do encontro.

A  escolma abrangue unha ampla variedade de xéneros e formatos, con proxectos en distintas fases de desenvolvemento. Entre eles figuran longametraxes de ficción, animación e documental, series de ficción, programas de entretemento e unha docuserie.

Un punto de encontro entre creadores e decision makers

O venres 27 de novembro será a xornada central do evento, coa presentación dos proxectos e a  celebración de reunións individuais entre os seus responsables e os representantes de televisións, plataformas e distribuidoras. Estes encontros están orientados a favorecer o contacto directo entre os equipos creativos e os profesionais con capacidade de decisión, co obxectivo de explorar oportunidades de negocio e impulsar o percorrido das propostas seleccionadas.

Entre as compañías participantes estarán Atresmedia, Mediaset España, Movistar Plus+, Prime Video, HBO Max, Disney+, AMC Global Media, Warner Bros. Discovery, TVG, 3Cat, Aragón TV, Canal Sur, RTP, Filmax, A Contracorriente Films e Beta Fiction Spain, entre outras.

18 propostas para cine e televisión

O apartado cinematográfico reúne oito longametraxes de ficción: Entre escenas de Langosta Films, Nadie Va A Venir de Congo Producciones, A Raíz de Miramemira, Cruceta de AbraldeStudio, Nuda propiedade de Servando Vidal, Lampreas de Indígenas Films, Baixamar de Kraken Media e La fuga del bou Ramón de EAF

Producións

A escolma inclúe tamén dúas longametraxes documentais: Alan Lomax andou por aquí de Voz Audiovisual e La otra victoria de Meteórica Cine. Completa a categoría cinematográfica a película de animación Bibopalula. Aventura no Atlántico de Undodez.

En televisión, seleccionáronse as series de ficción The Last Line de Lidia Fraga, Druidas de Ramen Studio, 100 Vírgenes de Arrivelo Producciones e Furancho de Borboligón Filmes.

A listaxe complétase coa docuserie Los órganos no van al cielo de TEX45 Producións, e con dous programas de entretemento: Batalla de tributos de Metronoventa e La gran escena de Producciones Vigo.

I+P 2026 conta co apoio da Deputación da Coruña, co patrocinio da Xunta de Galicia e coa colaboración de Pedralonga Estudios, Music Library & SFX, Filamento Iluminación e Gadis, así como das asociacións profesionais CREA e AGAG e do máster MPXA.

A CSAG eleva a 144 millóns o orzamento de 2027 para acelerar a transformación dixital
A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) contará en 2027 cun orzamento de 143,99 millóns de euros, un 2,86 % máis que no exercicio actual. As contas presentadas pola directora xeral, Mª Concepción Pombo Romero, no Parlamento de Galicia reservan 13 millóns de euros para provisionar o litixio que a maioría das canles públicas manteñen coa Facenda estatal pola tributación do IVE, ademais de reforzar o investimento tecnolóxico e a adquisición de contidos.

Os orzamentos, os segundos elaborados ao abeiro da Lei 1/2025 de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, buscan avanzar na transformación dixital da Corporación e adaptar a súa oferta aos novos hábitos de consumo audiovisual. O incremento responde á actualización dos custos da actividade, á suba dos gastos de persoal e ás necesidades de renovación tecnolóxica.

As compras e os servizos exteriores absorberán 65,22 millóns de euros, o 45,3 % do orzamento total. A partida aumenta en 1,57 millóns respecto de 2026 e repercute directamente no sector audiovisual galego. AGalega.gal disporá de 5 millóns de euros para adquirir contidos, un 11 % máis que este ano, co obxectivo de ampliar a oferta dixital en galego.

Os gastos de persoal ascenderán a 60,29 millóns de euros, o 41,9 % do total, tras aumentar en 2,32 millóns. As contas incorporan a actualización salarial e manteñen os obxectivos de estabilidade laboral e desenvolvemento profesional, coa continuidade das ofertas públicas de emprego, os procesos de promoción interna e a formación en competencias multimedia, transmedia e dixitais. A CSAG asegura ter estabilizado o seu cadro de persoal ao completo desde finais de 2025.

O investimento material en tecnoloxía máis que se duplicará, ao pasar de 2,3 millóns de euros en 2026 a 4,8 millóns en 2027. Unha das principais actuacións será a renovación do sistema de produción dixital da TVG, cun custo aproximado de 5,2 millóns de euros, IVE incluído, na anualidade. A intervención abrangue os sistemas de edición, entrada e tratamento de contidos, xestión, planificación, emisión e arquivo.

A dixitalización do arquivo histórico audiovisual tamén recibirá un impulso, cunha partida que medra de 450.000 a 750.000 euros. Outros 400.000 euros destinaranse a equipamento técnico, incluída a adaptación das instalacións da Radio Galega e a incorporación progresiva de ferramentas de intelixencia artificial para tarefas de apoio, como a transcrición, a creación de metadatos e a recuperación de contidos. Estas funcións estarán sempre sometidas a supervisión humana.

Unha campaña contra Genius Manu evidencia a indefensión dos creadores de contido ante o desleixo das plataformas
O creador de contidos grovense Manuel Prol, coñecido como Genius Manu, asegura que leva meses recibindo denuncias por dereitos de autor que provocaron o peche das súas contas de TikTok e Instagram e que agora ameazan a continuidade da súa canle de YouTube. Nun vídeo publicado o 28 de outubro, explica que está a reunir probas e que o caso xa está na vía xudicial en España.

Segundo relata Prol, as primeiras reclamacións comezaron en maio de 2026 e repetíronse ao longo dos meses. En xuño perdeu a súa conta de TikTok, na que reunira arredor de 100.000 seguidores, e posteriormente tamén quedou sen acceso á de Instagram. O creador atribúe estes episodios a denuncias reiteradas por dereitos de autor e a supostas suplantacións da súa identidade mediante as que terceiros reclamarían vídeos que el mesmo publicara.

Prol afirma que recorreu as decisións das plataformas e que organismos europeos de resolución de conflitos lle deron a razón nos casos de TikTok e Instagram. Porén, asegura que, polo momento, ningunha das dúas lle devolveu as contas. As reclamacións tamén chegaron a YouTube, onde teme que a acumulación de avisos poida acabar coa eliminación da súa canle, na que leva moitos meses publicando contidos sobre tecnoloxía e o ecosistema de Apple (como comentamos co propio creador o ano pasado).

O creador non identifica publicamente a persoa á que atribúe esta campaña, pero asegura coñecer quen estaría detrás dos feitos e os métodos empregados. Segundo explica, recompilou documentación para o procedemento xudicial e considera que a resolución do conflito podería prolongarse durante meses ou mesmo anos.

Ante a posibilidade de perder tamén a súa presenza en YouTube, Prol habilitou unha nova conta de Instagram e recomenda seguir a súa canle de WhatsApp para manter o contacto coa audiencia se deixa de estar dispoñible nas plataformas habituais. No vídeo, solicita axuda para chegar aos equipos responsables da xestión das reclamacións por dereitos de autor e pide aos seus seguidores que non acosen nin insulten outros creadores.

O caso pon de relevo o impacto que os procedementos automatizados de moderación poden ter sobre os creadores que dependen das redes sociais para desenvolver a súa actividade profesional, así como tamén deixa en evidencia o desprezo das plataformas pola lexislación europea, que establece medidas de protección para usuarios e profesionais, e que están a ignorarse de xeito masivo, para desesperación e impotencia dos afectados.

KIRO publica o seu tráiler oficial antes da estrea nos cines o 11 de decembro
O documental musical KIRO, dirixido pola xornalista e creadora audiovisual María Yáñez, estrea o seu tráiler oficial antes da chegada ás salas de cine o vindeiro 11 de decembro. A longametraxe percorre a vida e a traxectoria de Ana Kiro, unha das grandes figuras da música popular galega, e afonda na relación emocional que a cantante estableceu co seu público a través das súas cancións.

O filme propón unha viaxe pola memoria colectiva de Galicia a partir da figura dunha artista que acadou unha enorme popularidade durante os anos oitenta e noventa. Ana Kiro percorreu verbenas por todo o país, vendeu centos de miles de discos e casetes e actuou ante milleiros de persoas en Europa e Latinoamérica. O seu repertorio, que combinaba o folclore popular con ritmos pop e latinos, conectou especialmente con quen atopaba nas súas letras referencias ao traballo no campo e no mar, ás festas, aos pobos e parroquias e á morriña da emigración.

KIRO aborda así o poder emocional da canción lixeira nunha cultura minorizada e marcada pola emigración. As cancións de Ana Kiro converteron en música experiencias compartidas por varias xeracións de galegos, tanto dentro do país como fóra del, e o documental recupera ese vínculo a través de familiares, amizades, seguidores e artistas que lembran a cantante e reinterpretan o seu repertorio.

Entre os participantes figuran Nuno Pico, de Grande Amore; Sés; Xosé Manuel Pereiro e Brigitte Vasallo, xunto a Carlos Rivero, viúvo de Ana Kiro, e Carmen Quiroga, a súa filla. A eles súmanse seguidores que acompañaron a artista ao longo da súa carreira, nun relato coral que entrelaza testemuños, conversas e actuacións musicais coa historia persoal da cantante e coa do público que a converteu nunha diva popular.

A película está dirixida por María Yáñez, xornalista luguesa nada en 1978, especializada na divulgación da cultura pop galega e na promoción do cinema, especialmente a través dos medios dixitais. Actualmente traballa na área de márketing e redes sociais da distribuidora Elastica Films. A súa traxectoria inclúe tamén a creación de contidos audiovisuais para televisión e internet. KIRO supón a súa primeira longametraxe como directora, cun guión escrito xunto a Cibrán Tenreiro, María Villamarín e Carlos Prieto.

A estrea comercial chegará despois do paso polo Ourense Film Festival (OUFF), onde a película recibiu o premio do xurado á mellor película, o premio do público e unha mención especial á mellor dirección na sección Panorama Galicia.

Antes, o documental estrearase en Cataluña o 3 de novembro no festival In-Edit de Barcelona, cunha sesión que incluirá unha actuación previa de AL-V con Namorala Pandereteiras e a presentación da directora. O certame programará un segundo pase o día 4. A cidade mantén unha relación especial coa historia de Ana Kiro, que viviu alí e estivo estreitamente vinculada á comunidade galega emigrada.

KIRO é unha produción de MirameMirA, Zuzú Cinema e Amorambre, con Andrea Vázquez e Xavi Font á fronte da produción. As tres produtoras participan nun proxecto que se insire nunha traxectoria vinculada a títulos como O que arde e Sirat, de Oliver Laxe; O corno, de Jaione Camborda, gañadora da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián; e Estrany riu, de Jaume Claret. A longametraxe conta co financiamento do ICAA (Ministerio de Cultura), Europa Creativa MEDIA e AGADIC (Xunta de Galicia), coa participación de Televisión de Galicia e da Deputación de Ourense e co apoio á distribución da Deputación da Coruña.

Alumnado de Comunicación da UVigo grava en Entrimo a serie web Las hijas de Bernarda
Alumnado da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo está a gravar estes días en Entrimo (Ourense) unha serie web titulada Las hijas de Bernarda, baseada na obra de Ferderico García Lorca La casa de Bernarda Alba. O proxecto permite ao alumnado do Campus de Pontevedra pór en práctica a súa formación experimentando de maneira real o proceso de creación dunha ficción audiovisual.

A webserie realízase no marco do taller Celanova, plató de ficción, incluído na programación do Curso de Medio Audiovisuais de Celanova que desde 2010 organiza no mes de xullo a Fundación Carlos Casares e a Facultade de Comunicación, co apoio da Universidade de Vigo, a Deputación de Ourense e Agadic.

Na gravación en Entrimo participan 17 estudantes do último e penúltimo curso do Grao de Comunicación Audiovisual, e as actrices Mayka Braña, Beatriz Barcia, Ariadna Santana, Lydia Prada, Helena Jes e Sandra Folgar. O escenario elixido é a “casa do médico” de Entrimo, unha casa de estilo indiano.

Conflitos de onte e hoxe

Sobre o tema da webserie, o alumnado explica que “máis que adaptar literalmente La casa de Bernarda Alba, a nosa intención é dialogar con ela e demostrar que unha obra escrita hai case un século aínda pode falarnos de nós mesmos”. A historia céntrase en como “catro irmás encerradas baixo o control de Bernarda enfróntanse ao desexo, aos celos e a un amor prohibido que ameaza con esnaquizar á familia” e como “baixo a aparente tranquilidade da casa comezan a xurdir secretos, rivalidades e desexos prohibidos”. O ton de proposta “achégase á comedia negra, pero o conflito de fondo mantense intacto”.

Sacar adiante unha peza audiovisual

O alumnado participante destacou que “o noso obxectivo principal é adquirir experiencia práctica e enfrontarnos ás distintas necesidades e dificultades que implica sacar adiante unha peza audiovisual”. Así, detallan, “buscamos completar o proxecto de principio a fin e conseguir unha obra coidada, coherente e con identidade propia, e ao mesmo tempo queremos aprender do proceso, mellorar a nosa capacidade de traballo en equipo e adquirir ferramentas e experiencia que poidamos trasladar a futuros proxectos profesionais”. Con este estudantado está na gravación en Entrimo o profesor da UVigo Paulino Pérez, director do taller Cemac. El pola súa banda subliña que “a experiencia é moi positiva pois é moi parecida a unha rodaxe real: traballo cun orzamento pechado, desenvolvemento por departamentos e, moi importante, convivencia e traballo en equipo. É unha oportunidade fantástica para que o noso alumnado poña en práctica todos os coñecementos aprendidos no grao”.

O Cormorán Film Fest presentará cinco estreas en España
O Cormorán Film Fest presentou na Filmoteca de Galicia a programación da súa sétima edición, que por primeira vez reúne todas as películas da sección oficial arredor dunha temática común: «Filmar á Familia». O festival coruñés ofrecerá once longametraxes e dezaseis curtametraxes, cunha selección que explora as relacións familiares, a memoria, os vínculos afectivos e as transformacións persoais.

As cinco estreas en España serán Hot Water, de Ramzi Bashour, unha viaxe por estrada entre unha nai e o seu fillo adolescente; A Want in Her, de Myrid Carten, que parte da desaparición da nai da cineasta para reconstruír a súa historia familiar; Petrolheads, de Emil Langballe, que retrata a amizade a través da paixón polos coches; Adam’s Apple, de Amy K. Jenkins, que segue o crecemento e a transición de xénero do seu fillo; e Mariinka, de Pieter-Jan De Pue, premiada polo público no festival CPH, que retrata as vidas dunha comunidade ucraína marcada pola guerra.

A programación inclúe tamén dúas películas recoñecidas no Festival de Cannes que se estrearán en Galicia: Rehearsals for a Revolution, de Pegah Ahangarani, distinguida co premio L’Œil d’or ao mellor documental, e Elephants in the Fog, de Abinash Bikram Shah, gañadora do Premio do Xurado da sección Un Certain Regard. O público galego poderá ver tamén Idiotka, de Nastasya Popov, por primeira vez nunha sala do país.

O cinema galego estará representado por Fomos ficando sós, de Adrián Canoura, que participará no festival para conversar co público sobre esta exploración da relación co seu pai a partir das imaxes que este gravou no mar. Completan a sección oficial Remake, na que Ross McElwee revisita o seu arquivo familiar tras a morte do seu fillo, e Seis meses en el edificio rosa con azul, de Bruno Santamaría Razo, centrada na reconstrución da infancia e da memoria familiar.

As dezaseis curtametraxes proxectaranse na Filmoteca de Galicia en catro sesións temáticas: «Irmáns, curmáns, tíos», «Memoria», «Filmar os nosos» e «Coidar». As proxeccións incluirán coloquios con cineastas convidados. Entre os títulos seleccionados figura Mi tía Pura, de Álvaro Fenech e Noa Fito, que terá a súa estrea mundial no festival.

A programación recupera tamén «Cortos Neno», unha sesión dedicada ao cinema afeccionado e ás primeiras obras de cineastas emerxentes de Galicia. Outra das novidades será o Xurado Novo, integrado por sete mozos de entre 18 e 27 anos que concederán os seus premios á mellor longametraxe e á mellor curtametraxe.

O festival pechará esta sétima edición coa recuperación de El rayo verde, de Éric Rohmer, coincidindo co 40 aniversario da película, que inspira tamén o cartel desta edición.

Na presentación participaron Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, e Manuel Lógar, director e programador do Cormorán Film Fest. Lógar salientou a relación do festival coa cidade e co público: «O Cormorán é un festival que medra coa cidade e cunha comunidade de público que volve cada ano. Para nós, esa conexión é o máis importante: seguir facendo da Coruña un lugar onde o cinema se viva con calma, corazón e emoción compartida».

As proxeccións desenvolveranse nos Cines Cantones e na Filmoteca de Galicia. Neste último espazo, a entrada será libre ata completar a capacidade.

O especial de Samaín de Broken Peach, rodado en Oia, rolda as 300.000 visualizacións nunha semana
A banda viguesa Broken Peach volve deixar pegada nas redes. Coincidindo cunha novamente estarrecedora celebración do Samaín (Halloween), o grupo publicou unha reinterpretación de Thriller, o clásico de Michael Jackson, que incorpora elementos de Somebody’s Watching Me, de Rockwell, e Du Hast, de Rammstein. Rodado no Real Mosteiro de Oia (Pontevedra), o vídeo-clip achégase xa ás 300.000 visualizacións en Youtube apenas unha semana despois da súa estrea.

Coincidindo con este lanzamento, o grupo estreou o making of da produción, tamén na súa canle de Youtube, un contido que permite descubrir o traballo detrás das cámaras e o proceso de creación dun dos proxectos audiovisuais máis característicos da banda.

O novo vídeo é a duodécima entrega de Halloween de Broken Peach desde que a banda iniciou esta tradición en 2015.

Explican que un momento decisivo desta andaina músico-audiovisual chegou en 2017, cando This Is Halloween, publicado dous anos antes, fíxose viral e ampliou de xeito notable o alcance internacional da banda.

Desde entón, os especiais de Halloween en Youtube consolidáronse como “unha cita anual que os nosos seareiros esperan con impaciencia e que convertemos nun dos nosos grandes sinais de identidade”, sinalan, engadindo que “cada nova entrega supón un novo reto creativo e audiovisual, con versións de cancións recoñecibles, unha posta en escena propia e localizacións que contribúen a construír o universo visual do grupo”.

Engaden que “a expectación xerada entre fans de distintos países converteu esta tradición nunha oportunidade para reunir música, espectáculo e unha comunidade internacional que volve cada ano para descubrir a nova proposta”.

Este ano, a celebración terá tamén dúas citas en directo: Broken Peach actuará en Lugo o 30 de outubro, no único concerto de Halloween que a banda ofrecerá en Galicia en 2026. Un día despois, a propia noite de Halloween a banda estará a levar este espectáculo a Fuenlabrada.

Con máis de 350.000 subscritores e máis de 100 millóns de visualizacións acumuladas en Youtube, a banda utiliza o alcance das súas producións para “conectar o seu proxecto musical coa difusión do patrimonio e as paisaxes galegas máis aló das súas fronteiras”.