Banda larga – Código Cero

A fibra óptica sumou máis de 100.000 novas liñas en setembro
Ganancia mensual de liñas de banda larga fixa no mes de setembro expresada en milleiros

A fibra óptica ata o fogar (FTTH) superou os 18,5 millóns de liñas en España en setembro, despois de rexistrar 105.280 novas altas netas durante ese mes. Os datos publicados pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) tamén reflicten un descenso de 21.680 liñas nas redes HFC, baseadas en cable coaxial.

O crecemento da fibra mantén a tendencia de substitución das tecnoloxías tradicionais de acceso á banda larga. O avance da FTTH contrasta coa perda de liñas HFC, nun mercado no que os principais operadores concentran a maior parte das conexións. Movistar, Vodafone e Orange España reunían o 79,3 % das liñas de banda larga fixa. Ao incorporar Digi, a porcentaxe conxunta ascendía ao 94,5 %.

Cota de mercado de liñas móbiles no mes de setembro

A telefonía móbil alcanzou os 64,1 millóns de liñas, cunha penetración de 129,3 conexións por cada 100 habitantes, 1,9 puntos máis que no mesmo período do ano anterior. As liñas máquina a máquina (M2M) situáronse en 57,9 millóns.

Movistar, Vodafone e Orange España concentraban o 85,2 % do mercado móbil, unha porcentaxe que ascendía ao 98,2 % ao incorporar Digi.

Durante setembro realizáronse 563.947 portabilidades móbiles, é dicir, cambios de operador conservando o número de teléfono. Movistar e Digi rexistraron saldos netos positivos, mentres que Vodafone, Orange España e o conxunto dos operadores móbiles virtuais (OMV) perderon máis liñas das que gañaron.

As liñas móbiles con servizos de voz e banda larga alcanzaron os 57,8 millóns, cun incremento interanual do 2,8 %.

A telefonía fixa, pola súa banda, perdeu 19.887 liñas durante setembro e quedou en 17,6 millóns. A penetración mantívose en 35,5 liñas por cada 100 habitantes. As portabilidades fixas sumaron 104.196 operacións, un 3,9 % máis que en setembro de 2025.

Os datos forman parte das estatísticas mensuais de telecomunicacións correspondentes a setembro de 2026, publicadas pola CNMC a través da súa plataforma CNMCData.

Starlink adopta unha política de prezos flexibles
Starlink está a introducir un sistema de prezos dinámicos que permitirá modificar o importe das conexións residenciais en función da demanda e da capacidade dispoñible en cada zona. O cambio rompe co modelo de tarifas fixas que viña aplicando o servizo de Internet por satélite de SpaceX e permitirá que os abonados paguen cantidades diferentes mesmo dentro dun mesmo país.

A modificación está a chegar aos clientes mediante correos electrónicos nos que se lles comunica que as cotas poderán variar en función da conxestión da rede e da capacidade da constelación de satélites. Os avisos tamén contemplan a posibilidade de que os importes cambien entre facturas, con revisións trimestrais e comunicación previa aos abonados.

O novo sistema establece un límite do 20 % nas variacións de prezo entre períodos de facturación, tanto á alza como á baixa. Deste xeito, Starlink poderá adaptar as cotas ás condicións de cada mercado sen aplicar cambios bruscos. A compañía de Elon Musk tamén prevé avisar os clientes con varias semanas de antelación antes de que entre en vigor unha modificación.

A demanda local será determinante para calcular os importes. Nas zonas nas que exista capacidade dispoñible, os prezos poderán reducirse para captar novos abonados e aproveitar mellor a infraestrutura. Pola contra, nos lugares onde a rede estea máis saturada, as tarifas poderán subir para limitar novas contratacións e evitar unha maior degradación da conexión.

Os primeiros exemplos publicados polos usuarios amosan diferenzas importantes entre localizacións. En Valencia, a tarifa básica residencial pasou de 35 a 31,60 euros mensuais, o que representa unha redución do 9,7 %. Nos Estados Unidos tamén se comunicaron modificacións, con modalidades que experimentaron subidas ou baixadas dependendo da cidade. Estas diferenzas confirman que o prezo deixará de depender unicamente do país no que se contrate o servizo.

A decisión coincide coa ampliación da constelación mediante os novos satélites V3, que permitirán incrementar a capacidade da rede e ofrecer máis ancho de banda. O crecemento do número de abonados, especialmente nas zonas con menos alternativas de acceso a Internet, está a aumentar a presión sobre a infraestrutura dispoñible e obriga a repartir os recursos entre máis conexións.

O 91,5% das vivendas de Galicia xa ten cobertura de banda larga cun mínimo de 100 Mbps
Adamo, operadora de telecomunicacións centrado en levar Internet ultrarrápida ao rural (tamén ao rural galego, principalmente á provincia de Lugo), fixo balance da presenza de cobertura de banda larga nas catro provincias da nosa Comunidade. Segundo lembra, atendendo aos datos proporcionados de alta velocidade que constan no mapa interactivo do Ministerio de Transformación Dixital, a cobertura de banda larga xa acada o 91,5% das vivendas de Galicia.  En concreto, cunha capacidade mínima de 100 Mbps, segundo os datos que xera o dito mapa recolleitos e analizados por Adamo.

“Esa cifra”, sinala a operadora, “sitúa a comunidade no vagón de cola da clasificación que inclúe as 17 comunidades e as dúas cidades autónomas, ao ocupar a antepenúltima posición, cunha porcentaxe inferior ao resultante da media estatal, que queda no 96,4%”.

Adamo sinala que “existen notables diferenzas entre as catro provincias galegas”, tal e como se detecta desde a compañía, que engade que “A Coruña e Pontevedra destacan co 95,1% dos domicilios conectados a esta velocidade, mentres que Lugo, co 87,7% dos pisos e as casas xa cableados, e sobre todo Ourense, que apenas pasa o 80%, colócanse por baixo da media nacional”.

A empresa sitúase neste contexto como “un actor fundamental no ámbito rural da Comunidade”, acompañando este desenvolvemento desde 2018. Adamo destaca que ao longo deste período xa puido levar a súa rede da Internet ultrarrápida a 115.000 familias de Galicia desde entón, estando os seus fogares situados en 66 municipios da provincia de Lugo.

Vantaxes da fibra óptica

Finalmente, Adamo lembra que “esta tecnoloxía sitúase como un dos elementos fundamentais para axudar a fixar habitantes no territorio e frear, así, o despoboamento”. E engaden dende a operadora catalá: “Este temido fenómeno reprodúcese en numerosas poboacións galegas, causando estragos sociais, económicos e, mesmo, vitais; ademais, a fibra óptica permite realizar con plenas garantías actividades hoxe habituais: teletraballo, educación e compras en liña, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras”.

A provincia de Ourense, á cola de España en cobertura de fibra óptica
O Ministerio para a Transformación Dixital analizou a presenza de fibra óptica no territorio nacional e os resultados son dispares e achegan (como era de agardar) un claro contraste entre os territorios máis urbanizados e os que non. Estes últimos, por desgraza, son os que perden a batalla en materia de servizos e calidade da conexión. Por exemplo Ourense, onde a Rede de alta velocidade só chega ao 80,95% dos fogares, quince puntos menos que a media estatal. A provincia galega ocuparía deste xeito último chanzo da clasificación.

Segundo informou La Región, o escenario é aínda máis preocupante se temos en conta que en 2023 Ourense ocupa a cuarta provincia pola cola cun 74,68 das vivendas conectadas, por diante de Ávila, Soria e Lugo. Hoxe en día xa foi superada por todas estas provincias.

A falta de cobertura tamén presenta grandes diferenzas dentro da propia provincia. Mentres que na cidade de Ourense a fibra óptica chega ao 97% dos fogares e en cabeceiras comarcais como Verín ou O Barco de Valdeorras supera o 90%, hai 16 concellos nos que a rede non alcanza nin a metade dos fogares. A fenda entre os núcleos urbanos e as zonas rurais evidencia as dificultades para garantir o acceso ás conexións de alta velocidade en boa parte do territorio ourensán.

A situación máis grave dáse en A Veiga, no leste montañoso da provincia, onde só o 13,4% dos fogares dispón de fibra óptica. Os datos tamén son especialmente baixos en Parada de Sil, cunha cobertura do 17,7%, e en Chandrexa de Queixa, onde a rede chega unicamente ao 20,8% das vivendas.

A lista de concellos con menor implantación da fibra inclúe tamén Vilariño de Conso, Manzaneda, Calvos de Randín, Laza, Lobeira e Verea, todos eles con menos do 30% dos fogares conectados. Nestas zonas do interior, numerosas parroquias e aldeas continúan sen acceso á infraestrutura física de telecomunicacións de alta capacidade.

As diferenzas territoriais condicionan as posibilidades de acceso a servizos dixitais que precisan dunha conexión estable e rápida, desde o teletraballo e a educación en liña ata a utilización de servizos públicos electrónicos. A escasa cobertura nas áreas menos poboadas supón así un obstáculo adicional para os veciños e para as actividades económicas que dependen dunha boa conexión a Internet.

A cobertura de banda larga rural medrou un 384% en dez anos
A operadora Adamo, con ampla presenza na Galicia rural (principalmente en Lugo) compartiu unha análise dos datos de despregamento de banda larga de alta velocidade no mundo rural sobre datos do Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública.

No informe dise que a cobertura fóra das cidades medrou un 384% en dez anos.

Esta taxa vén dada pola evolución da despregadura rexistrada polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública: a conexión de redes fixas de banda larga alcanzaba ao 18,3% das vivendas situadas fóra das cidades para mediados de 2016 e nove anos despois, a porcentaxe era do 88,7%.

Como consecuencia da gran expansión desa infraestrutura, a fenda dixital entre os pobos e a porcentaxe de despregamento total en España reduciuse ata un 148% no citado período, indica Adamo, engadindo que “mentres o 96,4% do conxunto das vivendas conta con Internet de polo menos 100 Mbps -considerada ultrarrápida polo propio departamento gobernamental-, o 88,7% dos pisos e as casas ten a mesma velocidade mínima de sinal no mundo rural”.

Adamo lembra tamén que en 2016 a porcentaxe era lixeiramente superior ao 70% no primeiro caso e do 18,3% no segundo. “É dicir, que entón existía unha diferenza de case 52 puntos porcentuais, a cal nin sequera alcanza hoxe os 8”, apunta a operadora.

Vodafone proba a fibra de 10 Gbps en Vigo e outros 281 municipios
Vodafone España iniciou un programa piloto para probar o seu novo servizo de fibra óptica de 10 Gbps con clientes particulares seleccionados. As probas desenvolveranse durante tres meses en 282 municipios con cobertura técnica, entre eles Vigo, onde a operadora xa conta con infraestrutura compatible coa nova tecnoloxía.

O ensaio permitirá avaliar o rendemento da rede, a experiencia de uso e as necesidades dos fogares antes dunha posible comercialización do servizo. Os participantes tamén poderán probar a tecnoloxía Wi-Fi 7, destinada a mellorar a conectividade sen fíos dentro da vivenda.

A nova conexión emprega tecnoloxía XGS-PON, que amplía a capacidade das redes de fibra óptica e permite acadar velocidades de ata 10 Gbps tanto na descarga como na subida de datos. A infraestrutura de última xeración de Vodafone supera os 6,6 millóns de unidades inmobiliarias en 282 municipios de 49 provincias españolas.

A presenza desta rede en Vigo sitúa a cidade entre as localidades nas que a operadora pode probar as prestacións da nova conexión. A cobertura técnica, porén, non implica que o servizo estea xa dispoñible para a contratación xeral.

O piloto responde á crecente demanda de capacidade nas conexións domésticas, nas que coinciden cada vez máis dispositivos e actividades como a reprodución de vídeo en alta definición, os videoxogos en liña, o teletraballo, as videoconferencias e o uso de servizos na nube.

A combinación de fibra de ata 10 Gbps e Wi-Fi 7 permitirá comprobar tamén como se comporta a conexión cando varios equipos utilizan a rede simultaneamente. Durante as vindeiras semanas, Vodafone seleccionará os participantes nas zonas con cobertura técnica e recollerá información sobre o uso real do servizo e o funcionamento dos dispositivos conectados.

Os resultados servirán para axustar as condicións comerciais e avaliar a calidade da conexión antes de decidir unha eventual ampliación da dispoñibilidade da fibra de 10 Gbps.

MasMovil estrea un servizo que palia os efectos dos cortes de fibra
MasMovil estrea Mi WiFi Auxiliar, un servizo de balde que permite manter conectados os dispositivos do fogar cando se produce unha interrupción na conexión fixa. A solución activa en remoto un punto de acceso Wi-Fi no teléfono móbil do cliente e replica nel a rede doméstica, de maneira que televisores, consolas, tabletas ou dispositivos de domótica poden continuar conectados sen necesidade de introducir de novo as credenciais.

O servizo foi desenvolvido por Orange España e conta cunha patente concedida pola Oficina Europea de Patentes. A súa estrea prodúcese inicialmente entre os clientes converxentes de MasMovil que empreguen teléfonos con Android 16 ou posterior, aínda que a previsión é ampliar progresivamente a base de usuarios compatible.

O funcionamento está pensado para automatizar a transición entre a conexión de fibra e a rede móbil. Cando se detecta unha incidencia no servizo fixo, por exemplo por danos na fibra provocados por obras na vía pública ou por fenómenos meteorolóxicos, MasMovil envía un SMS ao cliente para informalo e ofrecerlle a activación de Mi WiFi Auxiliar.

Cunha única acción, o teléfono activa o hotspot utilizando as credenciais do router doméstico e os dispositivos que xa estaban conectados á rede poden conectarse automaticamente ao novo punto de acceso. Deste xeito, non é necesario configurar individualmente cada equipo nin modificar as súas conexións.

A solución tamén contempla a recuperación da conexión fixa. Unha vez restablecido o servizo de fibra, o sistema informa o cliente para que poida volver á configuración habitual.

Rafael Palmar, director de Calidade de Orange España, explica que o obxectivo é ofrecer «unha WiFi alternativa exactamente igual que a que se lle cortou, usando o seu móbil como punto de acceso», mentres que Angélica Sánchez, directora de Oferta Comercial, destaca que a activación automática busca evitar que o cliente teña que intervir durante unha incidencia.

Digi sorprende dobrando de 1 a 2 Gbps a velocidade da súa Fibra Smart
Digi duplica desde hoxe a velocidade da súa tarifa Fibra Smart, que pasa de ofrecer 1 Gbps a alcanzar os 2 Gbps sen modificar o prezo, que se mantén en 20 euros ao mes (32 euros/mes de incluír tamén dúas liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados).

A nova velocidade permite reducir os tempos de descarga de arquivos de gran tamaño e mellorar a fluidez das conexións destinadas ao xogo en liña ou ao consumo de contidos en streaming. A tarifa está dispoñible para novos clientes sempre que conten con cobertura XGS-PON na súa zona e inclúe un router Wi-Fi 7 XGS-PON.

Os clientes que xa teñan contratada a modalidade Fibra Smart de 1 Gbps tamén poden acceder á nova velocidade. Dependendo do modelo de router instalado e da cobertura XGS-PON, a actualización pode aplicarse automaticamente ou requirir a substitución do equipo.

A través da pantalla de inicio de Mi Digi, a área de clientes de Digi, é posible comprobar se a conexión xa funciona a 2 Gbps ou se é necesario actualizar o router. Para aproveitar plenamente a velocidade é preciso contar cun equipo XGS-PON e con dispositivos compatibles.

O novo router Wi-Fi 7 XGS-PON ofrece, ademais da maior velocidade, menor latencia e maior capacidade para conectar varios dispositivos de maneira simultánea. Digi sinala tamén unha mellora de ata o 30 % na cobertura Wi-Fi dentro do fogar.

A actualización do router pode solicitarse actualmente por teléfono nos números 1200, de balde desde unha liña Digi, e 919 120 120, desde outros operadores. O cambio ten un custo de 30 euros se o cliente opta pola autoinstalación ou de 60 euros se solicita a instalación por parte dun técnico. A posibilidade de solicitar a substitución directamente desde Mi Digi chegará proximamente.

A nova tarifa de 2 Gbps mantén así os 20 euros mensuais da anterior modalidade de 1 Gbps, aínda que o acceso está condicionado á dispoñibilidade de cobertura XGS-PON.

Digi permitirá que os seus clientes de Fibra SMART actualicen o seu router
Os clientes de Fibra SMART de Digi poderán actualizar o seu router para acceder ás últimas tecnoloxías sen fíos e mellorar a cobertura Wi-Fi nos seus fogares. A opción está dispoñible desde hoxe para os usuarios de Fibra SMART de 1 Gbps que non conten cun router Wi-Fi 7.

A partir de setembro, a posibilidade estenderase aos clientes de Fibra SMART de 500 Mbps que aínda non dispoñan dun router Wi-Fi 6. Pola súa banda, os usuarios das conexións de 750 Mbps e 10 Gbps poderán solicitar o cambio a un router Wi-Fi 7 se non contan xa con este equipamento.

O cambio ten un custo único de 30 euros se o cliente opta pola autoinstalación do novo dispositivo ou de 60 euros se solicita a visita dun técnico para realizar a instalación e retirar o router anterior.

No caso da autoinstalación, Digi enviará por correo electrónico e SMS as instrucións necesarias para instalar o novo equipamento. Unha vez completado o proceso, o operador facilitará tamén as indicacións para devolver o router substituído.

Os clientes que prefiran contar coa asistencia dun técnico poderán solicitar unha visita a domicilio. Por 60 euros, o técnico encargarase tanto da instalación do novo router como da recollida do equipamento anterior.

O cambio de router permite aproveitar mellor as conexións de fibra mediante unha maior velocidade para os dispositivos conectados simultaneamente, unha menor latencia en aplicacións en tempo real (como videoxogos ou videoconferencias) e un maior rendemento cando hai numerosos equipos conectados á rede Wi-Fi.

R e MasOrange completan a despregadura do plan UNICO 5G Rural
R e MasOrange completaron a implantación da cobertura móbil 5G nos 245 concellos galegos de menos de 10.000 habitantes incluídos no programa UNICO 5G Redes Activas. A infraestrutura prevista xa está construída ou activada na súa totalidade, un avance que permitirá ofrecer unha cobertura 5G case total en Galicia antes de que remate o ano, segundo as previsións do operador.

O proxecto permite que fogares e empresas de zonas rurais ou de difícil acceso dispoñan de conectividade 5G SA, unha tecnoloxía que ofrece menor latencia, maior estabilidade e mellores prestacións para servizos avanzados. A iniciativa desenvolveuse co apoio do programa UNICO 5G Redes Activas, financiado polos fondos europeos NextGenerationEU e xestionado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A actuación estendeu a cobertura 5G SA ao 80 % dos concellos galegos, nos que reside aproximadamente o 20 % da poboación da comunidade. A elevada dispersión demográfica converteu a extensión desta infraestrutura nun importante reto técnico.

Entre os municipios beneficiados atópanse Negueira de Muñiz, o concello menos poboado de Galicia, con 237 habitantes segundo o INE de 2025, así como A Teixeira (347 habitantes), Larouco (443), Pontedeva (467) e Ribeira de Piquín (492). En total, o programa abrangue 245 municipios galegos.

A maiores deste plan, R asegura que continúa ampliando a súa cobertura móbil mediante outras actuacións dirixidas a núcleos especialmente illados, incluídas aldeas e parroquias con moi poucos habitantes, co obxectivo de reducir a fenda dixital e facilitar o acceso aos servizos dixitais en igualdade de condicións coas áreas urbanas.

O director de R e responsable territorial de MasOrange en Galicia, Alfredo Ramos, afirmou que «falarmos de 5G UNICO Rural é falarmos de igualdade de oportunidades, a base para que calquera persoa en Galicia poida formarse, traballar e emprender dende o rural en condicións similares ás das cidades». Tamén destacou que a aposta da compañía pretende poñer a tecnoloxía «ao servizo das persoas, do campo, da industria agroalimentaria e da sostibilidade», favorecendo que o talento poida permanecer ou regresar ao rural.

Durante 2026 tamén se incorporaron novas solucións para mellorar a cobertura no interior dos edificios. Entre elas figura cachocobertura R, un sistema baseado nunha femtocelda autoinstalable que permite ofrecer sinal móbil en vivendas e negocios onde, por características construtivas, a cobertura exterior resulta insuficiente. O operador tamén lembra a dispoñibilidade do servizo VoWiFi, que permite realizar chamadas a través da rede wifi cando a cobertura móbil é limitada.

R destaca igualmente a expansión do seu servizo Internet Rural, que emprega tecnoloxía 5G para proporcionar acceso de banda larga fixa en zonas sen cobertura de fibra óptica. A solución xa está dispoñible en preto de 300 concellos galegos e prevé chegar a arredor de 300.000 inmobles, con velocidades de ata 1 Gbps e conectividade Wi-Fi 6.