Eventos – Código Cero

Os parques tecnolóxicos da península danse cita esta semana na Tecnópole
O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) e a Cidade da Cultura acollen desde este martes o XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos, unha cita promovida pola Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España (APTE) e TecParques, coa participación de 25 parques de ambos os países.

A primeira xornada comezará ás 10.00 horas en Tecnópole coa presenza da directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao; o vicepresidente de APTE, Luis Pérez, e o presidente de TecParques, Nuno Augusto. O encontro trasladarase o mércores á Cidade da Cultura, en Santiago, para unha segunda sesión centrada na ciberseguridade.

As sesións abordarán diferentes ámbitos considerados estratéxicos para a cooperación industrial e tecnolóxica entre Galicia, España e Portugal, entre eles a intelixencia artificial, o sector aeroespacial, a seguridade e defensa, as tecnoloxías de uso dual e a ciberseguridade. Estas áreas están tamén entre as prioridades da Xunta a través da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo 2025-2030. En Tecnópole está en marcha, ademais, a construción do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA).

A intelixencia artificial abrirá o programa cunha mesa redonda moderada pola directora de Innovación do Igape, Rosa Méndez, na que participarán representantes de empresas tecnolóxicas como Orange e a galega Situm Technologies. Martín Piqueras, asesor de Gartner, analizará os principais retos asociados ao desenvolvemento e implantación da IA.

O sector aeronáutico e espacial contará cunha importante presenza a través de AeroGanp, proxecto transfronteirizo entre España e Portugal destinado a impulsar a investigación e a transferencia de coñecemento na eurorrexión. Na iniciativa participan o Instituto de Investigación en Física, Computación e Ciencia Aeroespacial da Universidade de Vigo, que lidera o proxecto, e diferentes centros tecnolóxicos portugueses.

O encontro permitirá tamén coñecer os programas de aceleración de Galicia e Portugal neste sector. Por parte galega estará presente a Business Factory Aero (BFAero), impulsada pola Xunta para favorecer o desenvolvemento de empresas innovadoras do ámbito aeronáutico. Entre as empresas participantes figura Kreios Space, especializada na fabricación de compoñentes para os sectores aeroespacial e da aviación.

As tecnoloxías de uso dual, inicialmente desenvolvidas para aplicacións civís pero susceptibles de utilización en seguridade, defensa ou ámbitos militares, serán obxecto doutra mesa redonda, conducida pola subdirectora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Farrah Meghazi. Participarán empresas asentadas en parques de España, Galicia e Portugal, entre elas Egatel, con sede en Tecnópole e especializada no desenvolvemento de equipos de alta tecnoloxía para telecomunicacións, e UARX Space, de Nigrán, dedicada á loxística espacial e ao transporte de pequenos satélites.

O papel das mulleres no sector tecnolóxico tamén formará parte do programa. Nieves Lorenzo, directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense, participará como «muller STEM referente» seleccionada por APTE. Desde Portugal intervirá Cláudia Mendes, directora no país de Women in Tech Global, organización centrada na redución da fenda de xénero na industria tecnolóxica.

A segunda xornada, prevista para o mércores na Cidade da Cultura, estará dedicada á ciberseguridade. Responsables de empresas e institucións de España e Portugal analizarán a evolución e os retos da seguridade dixital nunha sesión conducida polo director de Competitividade do Igape, Norberto Penedo.

O encontro dá continuidade a máis de dúas décadas de colaboración entre APTE e TecParques e servirá para explorar novas vías de cooperación entre os parques científicos e tecnolóxicos de España e Portugal, así como entre as empresas e institucións vinculadas a estes ecosistemas de innovación.

Galicia Podcast Summit celebrará a súa quinta edición o 14 de outubro na Coruña
A quinta edición do Galicia Podcast Summit celebrarase o 14 de outubro no Centro de Empresas Accede Papagaio (A. Coruña) cunha xornada dedicada á evolución do podcasting e ás diferentes formas de desenvolver proxectos arredor do formato. O encontro reunirá seis voces ligadas ao sector, dúas mesas de conversa e dous espazos de networking.

Baixo o lema O pódcast despois do audio, a xornada analizará todo o que acontece arredor dun pódcast máis alá da súa gravación, desde os proxectos que se constrúen a partir do formato ata as distintas maneiras de crear e desenvolver un programa.

A primeira mesa, Máis ca un pódcast, contará con Henrique Sanfiz (Festival de Podcast Galicia), Poly Vazquez (En Beta Permanente) e Toni Colom (Cómo diferenciarse). A segunda, Podcasting ao teu xeito, reunirá Ana Cirujano (Un Billete a Chattanooga), Martín del Río (Talking Tigers) e Susana Vales (Frecuencia Cativada).

Os dous espazos de networking permitirán aos asistentes e aos participantes compartir experiencias, coñecer novos proxectos e establecer contactos dentro do ecosistema do podcasting e da creación de contidos.

O encontro reunirá persoas procedentes de diferentes puntos de Galicia e participantes doutras partes de España, cunha representación de distintas formas de entender e desenvolver o podcasting.

Galicia Podcast Summit non se gravará nin se emitirá en streaming. Tanto as conversas como os espazos de networking estarán reservados aos asistentes presenciais, co obxectivo de favorecer o contacto directo entre creadores e profesionais.

A entrada será de balde previa inscrición, con capacidade limitada. Esta edición será a derradeira do presente ano.

A XGN Intermax World Champions Edition entra na recta final antes de abrir as portas o 9 de outubro
A XGN Intermax World Champions Edition celebrará a súa 26ª edición do 9 ao 11 de outubro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, cunha programación que combinará novas tecnoloxías, informática, videoxogos e outras propostas de lecer dixital. A organización ultima estes días as actividades dunha edición que tamén incorporará opcións analóxicas para permitir aos participantes afastarse das pantallas.

A denominación World Champions Edition fai referencia á vitoria da selección española de fútbol no Mundial e servirá como fío temático desta edición da party. As inscricións continúan abertas a través da web da XGN Intermax.

A cita, apoiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e con Intermax Technology como patrocinadora oficial, manterá a división entre Intranet e Extranet. A primeira estará reservada aos inscritos, que dispoñerán dun posto con conexión de altas prestacións, aloxamento en acampada e acceso a actividades exclusivas. A Extranet, de acceso gratuíto, concentrará propostas abertas tanto aos participantes como aos visitantes.

Os inscritos poderán acceder ao recinto o 8 de outubro a partir das 16:00 horas durante a preparty, mentres que a Intranet funcionará oficialmente desde a primeira hora da tarde do día 9 ata o día 11. A Extranet estará aberta os días 9 e 10 de outubro entre as 10:00 e as 20:00 horas.

A conexión de rede volverá ser un dos elementos técnicos destacados da XGN Intermax. A colaboración con Intermax Technology, iniciada en 2024, permitirá ofrecer por terceira edición velocidades de ata 40 Gbps, o dobre das dispoñibles antes da incorporación da tecnolóxica galega ao evento.

O programa combinará competicións de arte dixital, modding, videoxogos e xogos de mesa con talleres e experiencias inmersivas. Tamén haberá simuladores, xadrez e pistas de baloncesto, entre outras actividades que se están pechando nestes días.

Dúas simulacións de vistas xudiciais abrirán o programa do DATAfórum 2026 na Coruña
A Audiencia Provincial e o Concello da Coruña acollerán dúas simulacións de vistas xudiciais os días 1 e 14 de outubro, como parte da programación preliminar das actividades do encontro tecnolóxico DATAfórum 2026, organizado polo Ministerio da Presidencia e Xustiza, a Universidade da Coruña e o Concello, en colaboración co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se celebrará do 21 ao 23 de outubro en PALEXCO.

No Datafórum analizarase o impacto da intelixencia artificial e as novas tecnoloxías na Administración de Xustiza para acadar un servizo público máis áxil, eficaz e próximo á cidadanía.

Na primeira actividade preliminar prevista, que se celebrará a partir das 10.30 horas na Audiencia Provincial, participarán un centenar de alumnos e alumnas do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, que asumirán diferentes roles dentro da representación e poderán coñecer de primeira man como se desenvolve unha vista xudicial e cales son as funcións dos distintos profesionais que interveñen nela, entre eles avogados, profesionais da medicina forense, policías e membros do equipo técnico. As letradas da acusación e a defensa serán alumnas do Máster da Avogacía.

Ademais, o Salón de Plenos de María Pita será o próximo 14 de outubro, tamén a partir das 10.30 horas, o escenario doutra vista simulada, neste caso dun Tribunal de Convivencia que terá como participantes ao alumnado de Educación Primaria do CEIP Ramón de la Sagra, e que tamén será dirixido por unha maxistrada.

Estas dúas iniciativas ten como obxectivo “sensibilizar ao alumnado sobre a violencia de xénero, tanto nas relacións presenciais como na contorna dixital, con especial atención ao uso das redes sociais”, informaron as entidades organizadoras, engadindo que a través destas experiencias prácticas “as e os estudantes poderán achegarse ás consecuencias xurídicas que poden ter determinadas condutas, especialmente durante a adolescencia, e comprender ao mesmo tempo as garantías que ofrece o proceso xudicial a todas as persoas implicadas”.

A partir do 21 de outubro

O DATAfórum Justicia 2026 desenvolverase na cidade da Coruña os días 21, 22 e 23 de outubro. Este ano contará con novos relatorios, mesas de debate, obradoiros e cursos, alén dun programa que reunirá destacados representantes institucionais como o ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey ou a fiscal xeneral do Estado, Teresa Peramato, entre outros. Tamén contará con profesionais do ámbito tecnolóxico, académico e empresarial para abordar algúns dos principais retos da xustiza do presente e do futuro.

Os nesgos da IA, a debate o vindeiro venres na UDC
A Universidade da Coruña celebrará o vindeiro 2 de outubro, na Casa do Alumnado, a cuarta edición das Xornadas de IA e Nesgos de Xénero: oportunidades para a igualdade, un encontro que reunirá especialistas de diferentes ámbitos para reflexionar sobre os retos que presenta o desenvolvemento e o uso da intelixencia artificial dende unha perspectiva crítica, inclusiva e orientada á igualdade.

As xornadas están organizadas pola investigadora do CITIC Laura Morán e por Teresa Piñeiro, da UDC.

No transcurso da mañá abordaranse cuestións que van dende a presenza de nesgos cognitivos e de xénero nos sistemas de intelixencia artificial ata a súa pegada en eidos como a saúde mental, as redes sociais, a contratación de seguros ou a detección do discurso de odio.

Segundo as organizadoras, “o programa permitirá deste xeito analizar como estes nesgos poden aparecer tanto nos datos cos que se adestran os sistemas, como nas decisións relacionadas co seu deseño e aplicacións concretas.”

A xornada contará coa participación de Helena Matute, da Universidade de Deusto, que analizará como a intelixencia artificial pode herdar os nesgos das persoas e, á súa vez, transmitilos ás persoas que interactúan con ela. A súa intervención poñerá o foco nas diferentes formas en que estes sistemas poden influír nas decisións humanas e amplificar determinados prexuízos.

Pola súa banda, Eurídice Cabañes proporá unha reflexión sobre as bases culturais e sociais sobre as que se constrúen os sistemas actuais de intelixencia artificial. A súa intervención cuestionará a visión da tecnoloxía dende perspectivas patriarcais, extrativistas e coloniais e defenderá a necesidade de repensar o deseño tecnolóxico dende conceptos como a reciprocidade, a rexeneración e os coidados.

A relación entre intelixencia artificial e saúde mental será outro dos eixes do encontro. Ana Freire, da Universitat Pompeu Fabra, presentará un caso de estudo sobre a utilización de técnicas de aprendizaxe automática para detectar sinais de anorexia nerviosa nas redes sociais. A investigación permitirá analizar como os nesgos poden introducirse nos datos, na súa representación ou no propio deseño dos problemas que se pretende resolver, e como o incremento do volume de datos non sempre garante resultados máis xustos.

Exterior da Facultade de Informática da UDC

O programa completarase coa sesión FACTOR[IA] UDC · investigacións en 10’, na que participarán persoas vencelladas á Facultade de Informática da Universidade da Coruña para presentar diferentes liñas de investigación relacionadas coa intelixencia artificial.

Inclúense na sesión propostas que prestarán especial atención á lingua galega e ás linguas minorizadas, como Lucía Álvarez, que explicará a importancia de desenvolver ferramentas capaces de detectar directamente en galego o discurso machista e o acoso nas redes sociais.

Tamén participará Paloma Piot, investigadora do CITIC, que abordará os nesgos demográficos na detección e clasificación do discurso de odio e analizará como a adopción dun determinado perfil demográfico pode influír na identificación deste tipo de contidos, así como o xeito en que a intelixencia artificial pode contribuír á corrección dos nesgos detectados.

Outro dos ámbitos analizados nesta sección será o da contratación de seguros. Rafael Colina examinará a crecente presenza da intelixencia artificial nos procesos de comercialización e personalización dos seguros e os riscos de que o emprego destes sistemas introduza diferenzas de trato entre clientes sen unha xustificación obxectiva.

Por último, a mesa redonda Cara unha IA máis igualitaria, moderada por Laura Castro, permitirá poñer en común as diferentes perspectivas abordadas ao longo da xornada.

Con esta cuarta edición, as Xornadas de IA e Nesgos de Xénero consolidan un espazo de encontro entre investigación, tecnoloxía e sociedade para analizar como construír sistemas de intelixencia artificial máis conscientes das desigualdades existentes e máis respectuosos coa diversidade.

As xornadas terán lugar o 2 de outubro, de 10:00 a 14:30 horas, na Casa do Alumnado.

Programa da xornada

10.00 – Inauguración das xornadas

10.15 – Nesgos en humanos e en IA
Helena Matute (Universidad de Deusto)

11.00 – Todav[IA]: unha análise de xénero da IA e dos futuros que aínda estamos a tempo de sementar
Eurídice Cabañes (Filósofa, independente)

11.45 – Pausa café

12.15 – IA, nesgos e saúde mental: cando os datos non representan a todos por igual
Ana Freire (Universitat Pompeu Fabra)

13.00 – Factor[IA] UDC · investigacións en 10′

IA contra o machismo: así se desenvolveu o primeiro detector de misoxinia en galego nas redes
Lucía Álvarez (Gradiant)

IA e nesgos na detección do discurso do odio
Paloma Piot (Universidade da Coruña)

IA na comercialización de seguros
Rafael Colina (Universidade da Coruña)

13.45 – Cara unha IA máis igualitaria
Mesa redonda coas relatoras das xornadas
Modera Laura Castro · vicerreitor[IA] UDC

14.30 – Peche das xornadas

A Maker Faire Galicia reúne en Santiago, o 9 de outubro, o talento galego que traballa nas tecnoloxías do futuro
A Maker Faire Galicia celebrará o vindeiro 9 de outubro a súa Xornada da Industria na Casa das Máquinas, cun programa que xirará arredor de catro tecnoloxías estratéxicas: a neurotecnoloxía, a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e a computación cuántica. Farao, ademais, cun cartel composto por relatoras/es e proxectos galegos, “para poñer en valor o talento local espallado polo mundo”, segundo informou o Concello de Santiago, patrocinador do evento a través da Concellería de Promoción Económica.

Segundo fixo saber, a cita da Casa das Máquinas será a segunda das actividades desta edición co obxectivo de “dar visibilidade ao talento galego a través de proxectos que ou ben se desenvolven en Galicia ou están espallados por outros países do mundo”.

No cartel deste ano, destacan nomes tanto no ámbito da investigación como do emprendemento como Elena Martínez, Beatriz Pelaz, Eva Somolinos, Daniel Seijo ou Gonzalo Blázquez, entre outros.

Elena Martínez é doutora en Biotecnoloxía, residente na República Dominicana, co-fundadora do Grupo BlueGea e recoñecida recentemente por Forbes como unhas das 30 persoas menores de 30 anos máis influentes en España e en Europa. “A pesar da súa xuventude, leva anos traballando en xerar valor a partir do sargazo, unha alga invasora que destrúe os ecosistemas mariños en máis de 45 países”, segundo adianta o Concello.

Beatriz Pelaz, Premio Nacional de Investigación para Mozos, traballou en diferentes países e na actualidade é líder do grupo BioNano Tools no CIQUS da Universidade de Santiago. Na súa intervención na Maker Faire, falará sobre a construción de máquinas nanométricas que sexan capaces de traballar dentro das células, respondendo a estímulos externos.

Pola súa banda, Eva Somolinos é vicepresidenta da Fundación Proxecto AcercArte e directora executiva de Synestec, un proxecto que parte da súa característica persoal: a sinestesia cromática, que fai que o seu cerebro relacione automaticamente cada cor cunha nota musical. A partir desta cualidade, desenvolveu unha terapia para frear o avance das enfermidades neurodexenerativas e no 2024 foi aceptada polo Marcus Institute for Aging Research da Universidade de Harvard.

Daniel Seijo é un recoñecido emprendedor compostelán, creador do fondo Civeta Investment para investir en novas firmas innovadoras (startups). Recentemente co-fundou Hawkings Education, onde aplica a intelixencia artificial para a xeración de contidos e ferramentas educativas.

Por último, Gonzalo Bláquez, AI e Quantum Manager no ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia), abordará dun xeito sinxelo e realista o punto no que se atopa a tecnoloxía cuántica a nivel global e o que está por vir.

Ademais disto, a xornada contará cunha escolma dos mellores proxectos de todos os presentados ao call for makers, que compartirán coñecemento con todos os asistentes e participarán na xa tradicional rolda de proxectos. Ademais haberá unha mesa de talento emerxente, con investigadores e emprendedores que destacan por ir á vangarda no seu sector como María de la Fuente de Diversa, Guillermo Díaz do CESGA, Iria Ollero de Inmersiva e Pablo Cabanelas de Neutron Insights.

A asistencia ao evento é de balde ata completar aforo, pero require inscrición previa na web da feira.

A Maker Faire Galicia conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, o Clúster TIC Galicia e Servicio Móvil e organízase e opera de forma independente baixo a licenza de Make Community LLC, mantendo o seu compromiso de fomentar a creatividade, a innovación e o talento na comunidade argalleira da nosa terra.

Atlántica Labs aborda o uso da IA no desenvolvemento de proxectos de longa duración
Os Atlántica Labs by GPUL celebrarán o martes 27 de outubro, de 19:00 a 21:00 horas, unha nova sesión centrada no uso da intelixencia artificial no desenvolvemento de software. O encontro terá lugar en DEUS (rúa Ciudad de Lugo, 35, baixo A, A Coruña).

A charla, titulada F*** Vibecoding: Code-first. Introdución á IA en proxectos de longa duración, correrá a cargo de Adrián Blanco e analizará como integrar ferramentas de IA nos fluxos de desenvolvemento sen perder o control sobre o código.

A sesión partirá dunha situación cada vez máis habitual: a delegación na IA de tarefas relacionadas coa creación e organización do código fai que os desenvolvedores dediquen máis tempo a revisar documentación, pull requests ou requisitos. A proposta é buscar un equilibrio entre a automatización e a intervención directa no código, mediante procesos, guías e barreiras que permitan manter a calidade de proxectos que se prolongan no tempo e acumulan centos de prompts.

Os Atlántica Labs recuperan o espírito dos antigos GPUL Labs cunha proposta vinculada á comunidade tecnolóxica galega e ao software libre. Ademais das charlas, os encontros buscan facilitar o contacto entre desenvolvedores e outros membros da comunidade, cunha sesión informal posterior á actividade.

A Feira de Tecnoloxías Abertas OSHWD 2026 celebrarase na Domus
Será na coruñesa Domus onde o vindeiro sábado, 3 de outubro, teña lugar a Feira de Tecnoloxías Abertas OSHWDem 2026, un encontro gratuíto celebrado coa colaboración do Concello da Coruña que traerá á cidade de novo unha ampla programación de actividades divulgativas, charlas, demostracións tecnolóxicas e obradoiros para todos os niveis.

“Eventos como este son fundamentais para reforzar a divulgación científica na cidade, usando ademais como sede a Domus, que é unha referencia da divulgación a nivel nacional. Será unha xornada aberta, para todas as idades e todos os niveis de experiencia. Unha porta para espertar intereses ou aumentalos. Desde o Goberno de Inés Rey recibimos sempre cos brazos abertos iniciativas así”, subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Indo ás temáticas incluídas no cartel, sinalar que son moi variadas, sempre dentro do eido da tecnoloxía, mesturando electrónica, robótica, radioafección, charlas e obradoiros para todos os niveis, e competicións de robótica (mini-sumo, segueliñas, combate e Hebocom).

A salientar un dos eventos máis orixinais da programación desta edición, trátase das competicións de robótica. Este concurso aberto (que require inscrición previa), consta de diferentes categorías: Laberinto, Segueliñas Iniciación, Velocistas, Combate e Minisumo Hebocon.

Engadir que as persoas interesadas en participar poderán acceder tanto a competicións en solitario como en equipo.

O Exército Mekemeke presentará unha nova edición do encontro polo galego LGx15
O Teatro Principal de Santiago acollerá o sábado 10 de outubro ás 19.00 horas unha nova edición do encontro LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Participan nesta ocasión Inma Soto, Telmo Celeiro, Teresa Carro, Anita Mateu, Jon Amil e Rosa Moledo. O acto estará conducido en formato podcast polo Exército Mekemeke, o recoñecido podcast humorístico en galego e, tamén, canle de contido dixital autodefinida como “a parroquia máis grandes de Internet”. O evento contará coa actuación musical de Sofía Espiñeira.

Esta iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) busca compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua; e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, do Concello de Santiago de Compostela, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.

O LGx15 naceu no ano 2015 e desde entón leva espallando a través das redes un total de 68 charlas con ideas e propostas para o futuro da lingua.

O sábado 10 de outubro de 2026, ás 19.00 h, o Teatro Principal de Compostela acollerá seis novas intervencións para seguir compilando argumentos a favor da lingua.

Ideas para o futuro da lingua

Nesta décimo segunda edición están convidadas as seguintes persoas: a educadora ambiental e contadora de historias Inma Soto, que falará das vantaxes de xogar, cantar, bailar e falar en galego; Telmo Celeiro, coordinador do espazo deportivo Ártabros Crossfit, que convidará ao público a “ir ás alancadas coa lingua relacionando a defensa do idioma co deporte”; a docente de lingua portuguesa Teresa Carro, que reflexionará sobre as oportunidades recíprocas entre galego e portugués no ámbito educativo; a creadora de contido dixital e divulgadora cubana Anita Mateu, que relatará a súa experiencia de integración a través da aprendizaxe da lingua; Jon Amil, integrante do espazo web Recuncho Gamer, que analizará a situación dos videoxogos en galego; e Rosa Moledo, especialista en tradución audiovisual, situará no presente do idioma os retos para a súa boa saúde no futuro.

A edición deste ano será conducida en formato podcast por Carlos Vieito, Lidia Veiga e Xabier Dios, é dicir, o Exército Mekemeke, e contará coa música de Sofía Espiñeira.

Entradas e información na web

As entradas desta nova edición do LGx15 teñen un prezo de 6 euros na venda anticipada e de 10 euros na billeteira, en caso de quedaren dispoñibles. Desde o 28 de setembro están á venda en liña na billeteira electrónica de Eventbrite.

Na web do proxecto, que inclúe un buscador para localizar de forma sinxela os vídeos dispoñibles, pódense consultar os 68 vídeos das intervencións das once edicións anteriores, alén de vídeos das actuacións musicais.

O LGx15 grávase e difúndese en vídeos breves a través da rede, pois o principal obxectivo deste proxecto é “que as ideas, propostas e as experiencias cheguen ao maior número de persoas posible”, informan dende a organización, engadindo que tamén se pode acceder ao material audiovisual a través da canle de YouTube da CTNL.

O LGx15 é un evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago de Compostela, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.

A Coruña reúne a 600 profesionais para avaliar as transformacións da IA na mercadotecnia
O congreso Raiola Marketing Conference (RMC) reúne hoxe en PALEXCO (A Coruña) a 600 persoas na súa novena edición, centrada novamente na mercadotecnia dixital e nas transformación que experimenta nos últimos tempos. De feito, intelixencia artificial é un dos grandes eixos desta edición, cun programa que aborda desde as súas aplicacións no día a día ata o seu impacto no posicionamento e no futuro profesional do sector.

A cita conta con 15 recoñecidos profesionais do marketing dixital, que protagonizan oito relatorios e dúas mesas redondas centradas en SEO e emprendemento dixital.

Dende Raiola destacan que o 80% dos participantes proceden de fóra do municipio e máis dunha cuarta parte desprázase desde outros puntos de Galicia e do resto de España.

Álvaro Fontela e Benlly Hidalgo

A xornada, que se desenvolve de 9.00 a 20.00 horas, está conducida por Benlly Hidalgo, consultor e formador en mercadotecnia dixital especializado en psicomarketing e fundador de PostGradum University Education, e por Álvaro Fontela, co-fundador e director executivo (CEO) de Raiola Networks, a empresa organizadora. O encontro pode seguirse tamén en streaming.

“Nós somos galegos e, durante anos, tivemos que desprazarnos fóra da nosa terra para asistir a este tipo de congresos. Precisamente RMC naceu para que un profesional galego non tivese que facelo. Nove anos despois, comprobamos que o que viaxa é o de fóra, xa que os asistentes das dúas últimas edicións procedían de 43 provincias, 132 municipios e dez países. Un 26,8% viaxa desde fóra de Galicia”, indicou Álvaro Fontela, quen situou a intelixencia artificial como o eixo que vertebra toda a programación deste ano: “Está a cambiar a unha velocidade enorme a forma de traballar de todo o sector. Parecíanos importante xerar un espazo para analizar eses cambios con xente que está na vangarda”.

A programación matinal arrincou con Miguel Florido, consultor de mercadotecnia dixital e director de Marketing and Web, que abordou as posibilidades da intelixencia artificial para optimizar o traballo dos profesionais do sector en 7 tarefas de márketing que nunca volvería facer manualmente grazas á IA.

A continuación, Roxana Falasco, creadora de contido en Youtube e fundadora de VideoCursosOnline, puxo o foco no vídeo como ferramenta de negocio; e Alvar González, xestor de contas en Hotmart, analizou o que están a facer os creadores que conseguen converter a súa audiencia en vendas, a partir dos datos da plataforma. Pechou o bloque Guille Bouzas, recoñecido por Forbes como número un en Social Media Marketing, cun relatorio sobre como converter o alcance en redes sociais en vendas reais.

Tras a pausa para o café celébrase a mesa redonda Actualidade SEO, con Luis M. Villanueva, co-fundador e CEO do Grupo Webpositer; MJ Cachón, consultora SÉ e fundadora da axencia LAIKA; Chuiso, experto en SEO e monetización en liña e creador da comunidade TeamPlatino; e Olga Ortega, consultora de posicionamento especializada en intelixencia artificial. O bloque matinal péchao David Bonilla, co-fundador de Pétalo e autor da Bonilista, con Vivir dunha audiencia de 1.000 persoas.

A sesión de tarde ábrese con Hugo López, co-fundador de LeadMadness e especialista en embudes de venda, que falará sobre como crear anuncios imposibles de ignorar. Seguiralle a segunda mesa redonda dedicada ao emprendemento con David Marchante, CEO do grupo Powerexplosive e fundador do Instituto de Rendemento Empresarial; Alejandro Novás, de Vivir de tu Pasión; e Ángel Pardo, de Metapro Academy.

Anna Pavlyuk, CEO de TuMadre Marketing e creadora de contido con máis de 120.000 seguidores, centrará a súa intervención nas claves para combinar viralidade e conversión en Instagram. O peche corre a cargo de Brais Moure, enxeñeiro de software e divulgador coñecido en redes como MoureDev, que exporá en Como sobrevivir a unha IA que tenta substituírte unha reflexión sobre como adaptarse a un escenario no que a intelixencia artificial está a redefinir perfís e oportunidades profesionais.