I+D+i – Código Cero

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse o pasado sábado en Ferrol con representantes da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga), que agrupa os seis centros tecnolóxicos de referencia da comunidade, para avaliar as iniciativas da Xunta en materia de innovación.

Durante o encontro abordouse o programa Industrializa a Innovación, unha das principais medidas do Goberno galego nesta materia, que forma parte da primeira Estratexia Galega de Innovación Empresarial.

Lorenzana explicou que a estratexia se presentará este luns no Consello da Xunta e que terá como eixe central a innovación industrializada. Segundo sinalou, o obxectivo non consiste unicamente en innovar máis, senón tamén en conseguir que a innovación se traduza en industria, actividade económica e capacidade produtiva.

A conselleira destacou o papel dos centros tecnolóxicos neste proceso, xa que conectan o coñecemento coas empresas, facilitan a proba e validación de novas tecnoloxías e permiten compartir capacidades que non sempre están ao alcance das compañías de maneira individual.

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos
A Xunta de Galicia apoia o labor dos centros tecnolóxicos galegos para dar visibilidade, contribuír á competitividade e impulsar a internacionalización da I+D+i galega. O Consello vén de dar luz verde ao convenio de colaboración bianual entre a Axencia Galega de Innovación e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) para fomentar a transferencia de coñecemento e contribuír á innovación do tecido empresarial galego. O importe total deste convenio, vixente en 2026 e 2027, ascende a 321.000 euros, dos que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, a través da Axencia Galega de Innovación, achega 210.000 euros e Atiga, 111.110 euros.

Os centros tecnolóxicos galegos son axentes clave para a innovación empresarial e a modernización de sectores punteiros da economía galega. A Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) está integrada por AIMEN, Anfaco-CYTMA, CETIM, CTAG, Gradiant e ITG, centros cunha ampla actividade innovadora que desempeñan un papel fundamental no avance e na internacionalización da I+D+i galega.

A Xunta de Galicia traballa con estes organismos para situar o ecosistema innovador galego nunha posición destacada no ámbito europeo. A través deste convenio activarase a presenza de Atiga en redes tecnolóxicas europeas e fomentarase a participación de empresas galegas en proxectos dese ámbito. A colaboración persegue tamén a difusión de tecnoloxías emerxentes e do potencial dos propios centros tecnolóxicos para contribuír á innovación do tecido empresarial, tendo en conta o seu papel como vector de transformación das pemes a través da innovación. Actualmente contan cunha carteira de clientes de máis de 2.000 empresas.

O convenio busca, ademais, fortalecer a especialización dos centros tecnolóxicos en liña coas principais tendencias europeas, mellorar o seu posicionamento e financiamento nos ámbitos nacional e internacional e identificar oportunidades conxuntas de actuación. Só en 2025, os centros tecnolóxicos conseguiron captar 49 millóns de euros para I+D+i a través de convocatorias autonómicas e nacionais e de fondos europeos.

Colaboración desde 2015

A colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Atiga para fomentar a transferencia e a internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia mantense desde 2015. O convenio que agora se asina é o sétimo e o apoio da Xunta á alianza dos centros tecnolóxicos galegos ao longo destes anos ascende a un total de 1.306.330 euros.

Os centros tecnolóxicos integrados en Atiga acadan cada ano un importante impacto económico e contribúen tamén ao desenvolvemento social, ao dar emprego a preto de 1.900 persoas de 36 nacionalidades e participar en máis de 500 proxectos de I+D+i anuais.

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe o esforzo innovador da cooperativa Viña Costeira para desenvolver desde Ribadavia un modelo pioneiro de viticultura rexenerativa e dixital. A firma galega lidera o proxecto Civitas (Circularidade integral en viñedo: natureza, tecnoloxía e sostibilidade), unha iniciativa beneficiaria do programa Nexos da Xunta de Galicia na que tamén participan as empresas Ecocelta Galicia S.L., Fauna Útil e Soltec, as tres universidades galegas e a spin-off Glecex.

Durante unha visita ás instalacións de Viña Costeira, Román Rodríguez puxo o proxecto como exemplo «pola colaboración entre a experiencia de varias empresas, universidades, centros tecnolóxicos e o apoio do Goberno galego para avanzar cara unha I+G+i de calidade e á vangarda».

Civitas está orientado aos viñedos galegos das denominacións de orixe Ribeiro e Valdeorras e ten como finalidade avanzar cara un modelo produtivo máis sostible e competitivo. A iniciativa busca transformar o sector vitivinícola mediante a integración de tecnoloxías avanzadas e solucións baseadas na natureza. A Xunta achega 760.000 euros, o 60% do investimento total.

O titular de Ciencia estivo acompañado polo alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández Gil, e polos responsables das empresas participantes. Durante a visita salientou o potencial innovador do tecido empresarial galego e destacou que programas como Nexos (cunha dotación de 22,6 millóns de euros para o período 2026-2028) «permiten establecer sinerxías e colaboracións entre empresas e contar co apoio de centros de coñecemento, facilitando que a investigación se traduza en solucións aplicables e con impacto directo na sociedade».

A cooperación público-privada, engadiu, «é clave para avanzar cara un modelo máis competitivo e baseado no coñecemento». O proxecto tamén exemplifica a extensión da innovación por todo o territorio galego, xa que, segundo sinalou o conselleiro, «é un exemplo de que se pode facer I+D+i de calidade desde moitos lugares da nosa xeografía».

Participan as tres universidades e unha spin-off do Campus de Ourense

O proxecto Civitas pretende reducir de forma significativa a pegada de carbono, implantar e xestionar coberturas vexetais funcionais, acadar a autonomía enerxética do viñedo, optimizar o uso da auga e dos fertilizantes e favorecer a biodiversidade e a saúde do solo. Tamén contempla mellorar a actividade biolóxica mediante o emprego de abonos orgánicos avanzados e impulsar a economía circular, xunto coa integración de ferramentas de dixitalización avanzada, enerxías renovables e sistemas de enerxía agrivoltaica no viñedo.

A iniciativa conta coa colaboración estratéxica das tres universidades galegas. Os resultados obtidos na contorna experimental de Viña Costeira están destinados a servir como modelo de negocio replicable e escalable a nivel nacional e internacional. Os modelos dixitais permitirán validar de forma simulada a viabilidade económica, ambiental e social dunha transición cara unha agricultura de cero emisións.

Pola Universidade de Santiago (USC) participa o Grupo PROePLA, do Campus de Lugo; pola Universidade de Vigo (UVigo), o Grupo GTE; e pola Universidade da Coruña (UDC), o Grupo Aquaterra. Glecex, centro tecnolóxico e spin-off da UVigo con sede no Campus de Ourense, achega tamén a súa experiencia ao proxecto.

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros
Instalacións cuánticas do CESGA

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores predoutorais e posdoutorais nas universidades públicas galegas e noutros organismos con máis de 30 millóns. En concreto son 102 investigadores na etapa inicial da carreira investigadora, que desenvolverán o seu labor durante catro anos cunha achega por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP de 12,3 millóns.

En canto aos investigadores posdoutorais, o Goberno galego destina 18,4 millóns en dúas convocatorias que suman 70 axudas a científicos desta etapa para realizar o seu traballo por períodos de seis e tres anos, tamén nas universidades galegas e noutros organismos que contribúen ao progreso da nosa I+G+i.

Do total de investigadores predoutorais e posdoutorais, 151 incorpóranse ao sistema e 21 continúan o seu traballo en centros de investigación e organismos galegos tres anos máis. Por destino, 150 farán o seu traballo nas tres universidades galegas: 99 na Universidade de Santiago (USC), 33 na Universidade de Vigo (UVigo) e 18 na Universidade da Coruña (USC). Outros 22 investigadores desenvolverán os seus proxectos noutras entidades.

Na etapa predoutoral, que dá inicio á carreira investigadora, dos 102 investigadores beneficiados, 90 incorporaranse no inicio de curso ás tres universidades galegas e 12 a outras entidades como o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a organismos de investigación sanitaria e biomédica ou a centros do Consello Superior de Investigacións Científica (CSIC) en Galicia. As axudas son ata o ano 2030, como figura no actual Plan galego de financiamento universitario e continuarán no seguinte plan. Dos 90 que irán para as universidades, 64 son axudas para a Universidade de Santiago (USC), 14 para a Universidade da Coruña (UDC) e 12 para a Universidade de Vigo (UVigo).

En canto ás axudas posdoutorais, o seguinte chanzo na carreira investigadora, 49 son para investigadores por un período de seis anos que realizarán o seu traballo nas universidades galegas (40 do total) e noutras entidades (9 do total). A este apartado a Xunta destina máis de 15,1 millóns ata o ano 2032. Dos 40 que se incorporarán ás universidades galegas: 23 irán á USC, 15 á UVigo e 2 á UDC.

Outros 21 investigadores posdoutorais aos que a Consellería de Educación destina unha partida de 3,3 millóns, como contempla unha resolución publicada no DOG no mes de xullo, están nunha situación de continuidade da súa etapa posdoutoral, polo que son axudas por tres anos máis, ata 2029. Neste caso, 20 investigadores desenvolven a súa carreira nas tres universidades galegas (12 na USC, 6 na UVigo e 2 na UDC) e un no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

Unha tese do CITENI abre novas vías para desenvolver unha electrónica orgánica máis resistente e flexible
A electrónica orgánica está chamada a transformar ámbitos como a electrónica de consumo, a saúde ou a produción de enerxía grazas á súa flexibilidade, lixeireza e reducido custo de fabricación. Porén, a súa resistencia mecánica segue a ser un dos principais obstáculos para estender o seu uso. Co obxectivo de comprender como inflúe o proceso de fabricación no comportamento destes materiais, Jesika Asatryan desenvolveu unha investigación no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña.

Deste traballo xurdiu a tese Interrelación entre o procesamento, a microestrutura e as propiedades mecánicas no polímero semicondutor D18: coñecementos derivados de experimentos cuantitativos de dispersión de raios X de grande ángulo con incidencia rasante. Elaborado no Laboratorio de Polímeros Funcionais, o estudo analiza como as condicións de fabricación modifican a estrutura interna dos polímeros semicondutores e como estes cambios repercuten na súa resistencia mecánica. Os resultados constitúen unha base para deseñar dispositivos electrónicos máis fiables e duradeiros.

A investigadora recorreu a técnicas avanzadas de caracterización estrutural para responder a esta cuestión. Entre elas destaca a dispersión de raios X de grande ángulo con incidencia rasante (GIWAXS, polas súas siglas en inglés), que permite examinar a organización interna de películas ultrafinas de polímero sen alteralas. Do mesmo xeito que unha radiografía permite observar o interior do corpo sen intervencións, esta técnica amosa a distribución e organización das moléculas que compoñen o material.

Os datos obtidos mediante GIWAXS non permiten determinar directamente o grao de orde do polímero. Unha das principais contribucións da tese consistiu no desenvolvemento dunha metodoloxía para corrixir esa información e medir con maior precisión o grao de cristalinidade, é dicir, o nivel de organización molecular. Isto permitiu comprobar como as distintas condicións de fabricación alteran a estrutura interna e, en consecuencia, as propiedades mecánicas do material.

Ao establecer unha relación directa entre o proceso de fabricación, a microestrutura dos polímeros e o seu comportamento mecánico, o estudo proporciona unha nova ferramenta para optimizar o deseño destes materiais. As conclusións facilitarán o desenvolvemento de dispositivos de electrónica orgánica máis resistentes e duradeiros, con aplicacións en pantallas OLED, transistores orgánicos de efecto de campo (OFET), dispositivos fotovoltaicos orgánicos (OPV) e outras tecnoloxías flexibles emerxentes.

A tese, dirixida polo investigador Jaime Martín no Laboratorio de Polímeros Funcionais do CITENI, foi defendida o 23 de xullo de 2026 no Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol, dentro do Programa Oficial de Doutoramento en Física Aplicada da Universidade da Coruña.

O tribunal estivo presidido por Esther Barrena, investigadora do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona (ICMAB-CSIC). Actuou como secretaria Belén Montero, investigadora do Grupo de Polímeros da Universidade da Coruña, mentres que Alberto Davide Scaccabarozzi, profesor asistente do Politecnico di Milano, participou como vogal.

A investigación obtivo a cualificación de sobresaínte e amplía o coñecemento sobre os polímeros semicondutores, ao tempo que abre novas posibilidades para o desenvolvemento de dispositivos de electrónica orgánica máis resistentes e reforza o papel do Campus Industrial de Ferrol na investigación en materiais avanzados.

O CITIC logra financiamento para oito proxectos na convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025 da AEI
O CITIC da Universidade da Coruña desenvolverá oito novos proxectos de investigación en ámbitos como a intelixencia artificial, a computación de altas prestacións, as redes 6G, a ciberseguridade, a saúde dixital e a sustentabilidade, trala resolución provisional da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025 da Axencia Estatal de Investigación (AEI).

Estes resultados contribúen ao éxito global da UDC, que obtivo financiamento para 46 proxectos e 11 contratos predoutorais, cunha captación de 6,3 millóns de euros, consolidando a súa capacidade para atraer financiamento competitivo a nivel estatal.

Os oito proxectos concedidos ao CITIC abranguen áreas estratéxicas como a intelixencia artificial, a computación de altas prestacións, a ciencia de datos, a enxeñaría do software, as comunicacións de nova xeración e a ciberseguridade, con aplicacións directas en sectores como a saúde, a industria, a sustentabilidade ambiental e as infraestruturas dixitais.

Un dos proxectos financiados é Arquitecturas, frameworks e aplicacións da computación de altas prestacións II, liderado por Juan Touriño Domínguez e Jorge González Domínguez. A investigación permitirá avanzar na optimización da execución de aplicacións sobre arquitecturas avanzadas, incluíndo GPUs, FPGAs e computación cuántica, ademais de impulsar o uso de supercomputadores en ámbitos como a enxeñaría naval, a bioloxía computacional ou a intelixencia artificial, e desenvolver solucións máis eficientes desde o punto de vista enerxético para o procesamento de datos.

No ámbito das comunicacións intelixentes, o proxecto GEMMA, dirixido por Luis Castedo Ribas e José Antonio García Naya, investigará a integración da intelixencia artificial xerativa e das tecnoloxías cuánticas nas futuras redes 6G. O obxectivo é desenvolver sistemas capaces de comunicarse, detectar e comprender a súa contorna de forma integrada, mellorando a eficiencia, a seguridade e a fiabilidade das comunicacións para aplicacións industriais, do transporte ou da Internet das Cousas.

Pola súa banda, Carlos Vázquez Cendón e Íñigo Arregui Álvarez liderarán o proxecto Métodos matemáticos e computacionais para novos retos en finanzas, enxeñaría e biotecnoloxía, que combinará modelado matemático, computación avanzada e técnicas de deep learning para dar resposta a desafíos nas finanzas cuantitativas, os mercados enerxéticos, a enxeñaría industrial e a biotecnoloxía, incorporando ademais novas liñas de investigación en computación cuántica aplicada.

A aplicación da intelixencia artificial ao ámbito sanitario protagoniza o proxecto X-MED, dirixido por Javier Parapar López e Álvaro Barreiro García. A iniciativa desenvolverá novas tecnoloxías de busca de información médica que permitan ofrecer respostas de meirande confianza, transparentes e verificables, incorporando métricas de calidade, explicabilidade e evidencia clínica, así como novas metodoloxías para mellorar os sistemas de recuperación e xeración de información sanitaria.

A sustentabilidade ambiental tamén ocupa un lugar destacado con ELBA, proxecto liderado por Diego Seco Naveiras e Guillermo de Bernardo Roca. A súa investigación desenvolverá novas estruturas de datos e modelos de intelixencia artificial para representar, almacenar e analizar grandes volumes de información ambiental, facilitando aplicacións relacionadas coa vixilancia do territorio, o estudo do cambio climático e a xestión sostible dos recursos naturais.

No ámbito da enxeñaría do software, Óscar Pedreira Fernández e Ángeles Saavedra Places desenvolverán HERMESG, un proxecto coordinado que busca mellorar o desenvolvemento de software en contornas híbridas e remotas mediante tecnoloxías avanzadas de datos e intelixencia artificial. A iniciativa pretende reforzar a colaboración distribuída, o benestar dos equipos e a sustentabilidade das organizacións, aliñando estes procesos cos principios ambientais, sociais e de gobernanza.

A ciberseguridade será o eixe do proxecto NetHermes, liderado por José Manuel Vázquez Naya e Alejandro Pazos Sierra. A investigación desenvolverá un novo marco de intelixencia artificial capaz de analizar conxuntamente o tráfico de rede e a información expresada en linguaxe natural para mellorar a detección de ameazas complexas e reforzar a protección das infraestruturas dixitais. Ademais, o proxecto xerará novos conxuntos de datos, modelos e ferramentas abertas para a comunidade científica.

Finalmente, o investigador Cristian Robert Munteanu dirixirá AMANTE-AI-Dock, un proxecto que aplicará intelixencia artificial, deep learning e técnicas de modelado molecular para predicir a toxicidade de aditivos plásticos e avanzar na avaliación do risco químico cunha menor dependencia dos ensaios con animais. A iniciativa contribuirá ao desenvolvemento de ferramentas aliñadas coa normativa europea e facilitará novas metodoloxías para protexer a saúde humana e os ecosistemas acuáticos.

O MICIU inclúe tres nomes galegos nos Premios Nacionais de Investigación 2026
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) concedeu os Premios Nacionais de Investigación e os Premios Nacionais de Investigación para a Mocidade 2026, cos que recoñece a excelencia científica e a contribución ao avance do coñecemento de investigadores e investigadoras.

Os Premios Nacionais de Investigación recoñecen o mérito de persoas investigadoras españolas “cunha destacada traxectoria científica”, mentres que os Premios Nacionais de Investigación para Mozas e Mozos distinguen “contribucións sobresalientes realizadas por investigadores e investigadoras cunha carreira aínda en consolidación”.

O MICIU concedeu dez Premios Nacionais de Investigación e dez Premios Nacionais de Investigación para Mozas, dotados cada un con 30.000 euros.

Tres destes galardóns recaen en Galicia: o Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón (Medicina e Ciencias da Saúde) para Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago de Compostela (USC), recoñecido pola “súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e a xenómica”; o Premio Nacional de Investigación para Mozos Ángeles Alvariño (Ciencias e Tecnoloxías dos Recursos Naturais) para Laura Castro Santos, catedrática na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (Universidade da Coruña), premiada pola excelencia da súa traxectoria académica no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes; e o Premio Nacional de Investigación Blas Cabrera (Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra) para Carmen Isabel Álvarez Lorenzo, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS), distinguida pola súa traxectoria investigadora no ámbito da ciencia dos materiais biomédicos.

A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant, afirmou que “estes premios recoñecen o mérito de quen é distinguidos, pero tamén poñen de manifesto a fortaleza do sistema público de ciencia, que impulsa o talento, fomenta a excelencia e sitúa a España entre os países que lideran a investigación internacional”.

Nesta edición, o Premio Nacional de Investigación para Mozas Margarita Salas na área de Bioloxía e o Premio Nacional de Investigación para Mozas Ángela Ruiz Robles na área de Transferencia de Coñecemento, recaeron por primeira vez en mulleres.

O CITIC amplía as capacidades galegas en computación cuántica
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou este mediodía o novo laboratorio de investigación en tecnoloxías cuánticas que o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña vén de pór en marcha. Durante a visita destacou que esta nova infraestrutura reforza as capacidades de Galicia neste ámbito e completa a oferta de infraestruturas científico-tecnolóxicas do ecosistema galego de I+G+i. Segundo explicou, a posta en funcionamento deste laboratorio sitúa a comunidade nunha posición aínda máis competitiva e permite abordar de maneira integral a investigación, a experimentación, o desenvolvemento de aplicacións e a súa transferencia ao tecido produtivo.

Na visita tamén participaron o vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña (UDC), Jerónimo Puertas, e o director do CITIC, Manuel González. Carmen Cotelo puido coñecer de primeira man as instalacións, impulsadas co apoio do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través da Axencia Estatal de Investigación, e co financiamento de fondos europeos. Ao seu xuízo, esta infraestrutura contribuirá a consolidar un ecosistema cuántico no que as sinerxías e complementariedades entre os distintos axentes multipliquen o seu valor científico, tecnolóxico e innovador.

A directora da Axencia Galega de Innovación tamén puxo en valor o carácter pioneiro do CITIC no ámbito da computación cuántica, lembrando a súa participación no primeiro proxecto europeo sobre esta materia desenvolvido en Galicia, NEASQC (Next Applications of Quantum Computing), así como no máis recente QEX, Centro Europeo de Excelencia Cuántica. O centro forma parte ademais, desde a súa creación, da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, a estrutura de gobernanza do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia que reúne a Administración, centros tecnolóxicos e de investigación, universidades e empresas co obxectivo de sumar capacidades e reforzar o liderado galego neste eido.

Cotelo subliñou que esta nova infraestrutura compleméntase coas capacidades do CESGA e das universidades de Santiago de Compostela e Vigo. Neste sentido, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) contará cun laboratorio mixto USC-CESGA especializado en tecnoloxías cuánticas aplicadas á física de partículas e nuclear, mentres que AtlanTTic está a impulsar un laboratorio compartido UVigo-CESGA centrado na computación cuántica óptica.

A xornada rematou cun encontro entre a directora da Axencia Galega de Innovación e varios investigadores do CITIC. Entre eles estaban Eduardo Mosqueira Rey, subdirector do centro e coordinador na UDC do Máster en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica, e Diego Andrade Canosa, membro do grupo de investigación de Arquitectura de Computadores e representante da Universidade da Coruña na Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas. Carmen Cotelo incidiu na importancia de formar, consolidar e atraer talento especializado para aproveitar todo o potencial destas tecnoloxías en Galicia.

A nova infraestrutura e o talento investigador asociado contribúen a reforzar o posicionamento de Galicia como territorio de referencia no desenvolvemento de tecnoloxías cuánticas, chamadas a desempeñar un papel clave na resolución de retos complexos en ámbitos como a saúde, a competitividade industrial ou a seguridade das comunicacións. A aposta por este campo enmárcase no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia e no Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, no que estas tecnoloxías figuran como unha das iniciativas de maior impacto.

Román Rodríguez aborda co director da Axencia Estatal de Investigación os avances na I+G+I
Antes da reunión institucional, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro co director da Axencia Estatal de Investigación, José Manuel Fernández de Labastida, para analizar as oportunidades e os retos da I+D+i co obxectivo de seguir avanzando cara á excelencia investigadora. Durante a reunión, trasladoulle a disposición da Xunta de Galicia para continuar reforzando a colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades na consecución de novos obxectivos.

Acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o responsable da Axencia Estatal de Investigación tivo ocasión de coñecer de primeira man o labor que desenvolve o ecosistema galego de investigación a través de diversas reunións e visitas. A investigación galega participa en distintos programas e convocatorias xestionados por este organismo, entre eles as axudas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva, orientadas ao persoal investigador, así como as Torres Quevedo, destinadas á contratación de persoal doutor por parte de empresas e centros tecnolóxicos.

A comitiva visita este mércores o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), o CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) e o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes). Mañá será a quenda do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías). Os catro centros pertencen á Universidade de Santiago de Compostela e integran a Rede CiGUS, a Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia impulsada pola Xunta para fortalecer a investigación de excelencia. A axenda completarase coa visita ao INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio), centro do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) en Galicia.

Grande interese polo proxecto para fabricar en Galicia un prototipo do CERN
Máis de 130 empresas e axentes de I+D+i participaron hoxe nas xornadas informativas organizadas para presentar o proceso destinado á fabricación en Galicia dun prototipo para o futuro acelerador de partículas do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), un dos proxectos científicos e tecnolóxicos máis ambiciosos previstos a nivel internacional para os vindeiros anos. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, <ahref="https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/026022/roman-rodriguez-celebra-que-mais-130-empresas-axentes-idi-interesen-polo-proxecto">Román Rodríguez, salientou a elevada participación e destacou que esta iniciativa evidencia a fortaleza e excelencia do ecosistema científico galego.
«É un orgullo para a nosa I+D+i que Galicia poida estar presente neste desafío mundial e é unha boa nova contar hoxe neste encontro cun número tan importante de empresas, mostra do interese que esperta no sector esta iniciativa», sinalou o conselleiro durante a xornada celebrada no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia. O encontro serviu para presentar as necesidades dun proxecto internacional no que diversos países colaborarán na construción do Futuro Colisionador Circular, que terá a súa sede en Xenebra (Suíza).
Ao encontro asistiron presencialmente 53 representantes empresariais, mentres que preto de 80 persoas seguiron as sesións por vía telemática. Ata o vindeiro 9 de xullo permanece aberta unha consulta preliminar ao mercado para que as compañías interesadas en participar na fabricación do prototipo poidan presentar a súa candidatura.
Durante a xornada abordáronse os detalles da participación neste reto científico e tecnolóxico, así como o seu impacto potencial nos ámbitos galego, estatal e internacional. Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, animou ás empresas a implicarse no proceso. «Sodes un elemento fundamental para que este proxecto de referencia internacional chegue a bo porto e poidamos fabricar en Galicia un dos prototipos para o colisionador do CERN», afirmou.

Colaboración a varias bandas

A aspiración de Galicia de construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN é resultado da colaboración entre a Xunta, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e o IGFAE, integrante da Rede CIGUS e cunha ampla traxectoria de cooperación co CERN.
A xornada contou tamén coa participación da reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras; do secretario xeral do CDTI, Francisco Javier Pérez, e do director do IGFAE, Carlos Salgado.
A consulta preliminar ao mercado permitirá avaliar o nivel de desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras vinculadas aos colisionadores de partículas para acometer o prototipado completo e a preindustrialización dunha sección representativa do futuro acelerador. Unha vez finalizada esta fase, continuará o procedemento de compra pública innovadora mediante contratación precomercial impulsada polo CDTI, coa finalidade de canalizar a participación de empresas e outros axentes do ecosistema de I+D+i.
Trátase dun dos proxectos científicos máis relevantes da próxima década, cun potencial transformador tanto para os centros de investigación como para as rexións que logren integrarse no seu desenvolvemento.

Felicitación a Mar Capeáns

O Futuro Colisionador Circular proxéctase como unha infraestrutura científica de máis de 90 quilómetros de circunferencia situada baixo a fronteira entre Francia e Suíza. A súa construción permitirá impulsar avances en campos con aplicación directa na sociedade, entre eles os materiais supercondutores, os aceleradores e detectores para uso médico, a enerxía ou os sistemas de transmisión eléctrica.
Román Rodríguez subliñou que a posición de Galicia para optar a participar neste proxecto europeo e internacional é consecuencia de anos de colaboración continuada co CERN. Neste marco destacou o papel do IGFAE e da investigadora Mar Capeáns, científica galega que será distinguida este ano coa Medalla Castelao pola súa destacada traxectoria profesional.
O conselleiro definiuna como «unha das nosas científicas máis destacadas» e felicitouna por este recoñecemento.

Empresas especializadas

As empresas presentes no encontro dispoñen de capacidades en ámbitos como o electromagnetismo (deseño e caracterización de sistemas magnéticos), o ultra alto baleiro (deseño de cámaras e recubrimentos especiais), a mecánica de precisión, a metroloxía e o aliñamento de alta exactitude, a robótica e a automatización mediante sistemas de operación remota, a instrumentación e control con sensores e ferramentas de monitorización, a simulación avanzada de modelos electromagnéticos, térmicos, estruturais e hidráulicos, así como a integración, validación, cualificación e industrialización de sistemas complexos.