Software libre – Código Cero

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes
O programa WordPress Credits, impulsado pola Fundación WordPress, superou en outubro as 50 institucións educativas participantes, que ofrecen aos seus estudantes a oportunidade de obter recoñecemento académico polo seu traballo na comunidade de software libre. Entre os centros incorporados figura o CPR Liceo La Paz, da Coruña, unha das institucións españolas que forman parte desta iniciativa internacional.

O programa naceu en colaboración coa Universidade de Pisa e presentouse durante a WordCamp Europe 2025. Desde entón experimentou un crecemento progresivo: en setembro dese ano contaba con dous centros participantes, en outubro eran catro e en xuño de 2026 xa alcanzara os 27. A cifra superou as 50 institucións en outubro deste ano, con presenza en 17 países. Entre eles figuran España, Bangladesh, Costa Rica, Bolivia e Indonesia.

A iniciativa busca achegar os estudantes universitarios e de ensinanzas superiores ao desenvolvemento colaborativo de software libre mediante proxectos reais, acompañamento de mentores e participación nos equipos internacionais de WordPress. As contribucións poden centrarse na tradución, na documentación, na creación de materiais formativos, no desenvolvemento, nas probas de software, no deseño ou na organización de eventos.

Os participantes traballan en proxectos relacionados cos seus estudos e intereses, reciben orientación de colaboradores experimentados e aprenden a coordinarse con equipos distribuídos, así como a incorporar comentarios e revisións ao seu traballo. Ao remate presentan os resultados e reciben un certificado. O cadro de seguimento do programa contabilizaba, a 19 de outubro, 364 estudantes graduados e contribucións realizadas en 18 equipos de WordPress.

A participación pode recoñecerse como créditos académicos, horas de prácticas ou traballos vinculados ao currículo de cada centro. Para adaptarse ás distintas necesidades educativas, existen dúas modalidades: unha versión de 50 horas, baseada nun único proxecto guiado, e outra de polo menos 150 horas, que pode ampliarse ata as 400. Esta última incorpora formación adicional, a creación dunha web persoal, revisións periódicas do progreso e unha participación máis ampla na comunidade internacional.

Os centros poden integrar WordPress Credits nunha materia xa existente, ofrecelo como prácticas, incorporalo a un proxecto de fin de estudos ou propoñelo como actividade optativa. A Fundación WordPress ofrece o programa sen custo para as institucións asociadas, que poden adaptar a súa duración e organización ás necesidades académicas.

O crecemento da iniciativa depende tamén da colaboración de mentores, docentes e patrocinadores, que facilitan a incorporación dos estudantes aos proxectos e achegan recursos para o seu desenvolvemento. A participación do CPR Liceo La Paz sitúa así un centro educativo coruñés nunha rede internacional que pretende favorecer a formación práctica e a incorporación de novos colaboradores ao ecosistema WordPress.

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) celebrará o martes 10 de novembro un obradoiro de introdución ao control de versións con Git na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. A actividade desenvolverase entre as 17:00 e as 18:30 horas na aula 3.5 e estará impartida por Emilio J. Padrón González.

A sesión está dirixida a persoas interesadas en aprender os fundamentos desta ferramenta, tanto para traballar individualmente como en equipo. Git permite xestionar os cambios realizados en proxectos de software, documentación, ficheiros de configuración ou páxinas web, facilitando o seguimento das distintas versións e a colaboración entre varios desenvolvedores.

O obradoiro abordará os conceptos e operacións máis básicos deste sistema de control de versións, moi estendido no desenvolvemento de software e adaptable a diferentes fluxos de traballo. Prégase aos interesados en asistir que se inscriban previamente.

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas
O 83 % das grandes empresas galegas utiliza programas de código aberto, fronte ao 79,1 % da media estatal, segundo a última enquisa do INE sobre o uso das TIC e o comercio electrónico nas empresas, correspondente ao período 2025-2026.

Galicia ocupa a primeira posición entre as comunidades autónomas no uso de software libre no tecido empresarial, cunha porcentaxe que supera en case catro puntos a media española. Os datos reflicten unha implantación especialmente elevada das ferramentas abertas nas grandes empresas galegas.

Os navegadores de Internet son a categoría de software de código aberto máis estendida, cunha presenza do 93,41 % nas empresas galegas. Séguenlles as aplicacións ofimáticas, utilizadas polo 73,42 %, e os sistemas operativos, cun 49,71 %.

O software libre tamén ten presenza nos servizos de seguridade e nas plataformas de aprendizaxe e correo electrónico, cun 41,88 %; nas aplicacións de planificación de recursos empresariais e xestión de clientes (ERP e CRM), cun 31,55 %; nos servidores web, cun 27,81 %; e nos xestores de contidos para páxinas web, cun 27,46 %. As ferramentas de análise de grandes volumes de datos (Big Data) sitúanse no 12,11 %.

A intelixencia artificial tamén gaña terreo nas empresas de maior tamaño. O 24,6 % das grandes compañías galegas emprega estas tecnoloxías na súa actividade produtiva, nove puntos porcentuais máis que un ano antes.

A dixitalización empresarial tamén se reflicte na xestión interna. O 64,7 % das empresas galegas con dez ou máis traballadores e conexión a Internet utiliza programas de planificación de recursos empresariais, fronte ao 60,9 % da media estatal. Esta porcentaxe sitúa Galicia entre as cinco comunidades con maior implantación destas ferramentas.

A conectividade é outro dos indicadores nos que destaca Galicia. O 88,3 % das grandes empresas dispón de conexións a Internet de polo menos 100 Mbps, a porcentaxe máis elevada do Estado. Ademais, o 79,8 % das grandes empresas galegas con acceso á rede conta con páxina web e o 30,6 % permite o teletraballo.

A formación tecnolóxica e a seguridade informática tamén avanzan. O 16,9 % das grandes empresas ofreceu formación en tecnoloxías da información e a comunicación ao seu persoal durante 2025, e no 37,9 % deses casos os cursos foron impartidos por traballadores da propia organización. Pola súa banda, a porcentaxe de grandes empresas que contratou especialistas en TIC para tarefas de ciberseguridade pasou do 3,6 % ao 6,1 % nun ano.

As empresas de menos de dez traballadores presentan unha implantación dixital máis limitada. O 29,5 % utiliza redes sociais e o 35,9 % dispón de páxina web, cifras que amosan unha diferenza considerable respecto das organizacións de maior tamaño.

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre
O Consello da Xunta aprobou a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre, coa que o Goberno galego pretende estender o uso das tecnoloxías abertas para impulsar a innovación, mellorar a competitividade empresarial e avanzar na prestación de servizos públicos máis eficientes e accesibles. A iniciativa contempla actuacións dirixidas á Administración, ao tecido empresarial, á cidadanía e á comunidade tecnolóxica, que se executarán mediante plans de acción anuais aliñados coa Estratexia Galicia Dixital 2030.

O software libre permite utilizar, estudar, modificar e compartir programas informáticos. Estas características facilitan a adaptación das solucións ás necesidades de cada organización, a reutilización de desenvolvementos e a colaboración para mellorar as ferramentas existentes.

Catro ámbitos de actuación

A estratexia conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros ata 2029 e establece medidas en catro ámbitos, que se desenvolverán en colaboración cos axentes do ecosistema galego do software libre.

No tecido empresarial, apoiarase a incorporación de solucións abertas aos procesos de dixitalización das pemes e darase visibilidade aos provedores tecnolóxicos galegos especializados. Tamén se promoverán o emprendemento baseado no código aberto, a formación adaptada ás necesidades do sector e o fomento das vocacións tecnolóxicas.

A capacitación e a inclusión cidadá centrarán outra das liñas de actuación, que busca facilitar o coñecemento e o uso de ferramentas libres, accesibles e gratuítas. Para iso, impulsaranse actividades de formación práctica e especializada a través de recursos públicos como a Rede CeMIT, con especial atención á redución da fenda dixital.

Na Administración pública, fomentarase o emprego de software libre para optimizar os recursos e mellorar os servizos dixitais, incorporando criterios de accesibilidade e atención á diversidade. As medidas incluirán asesoramento nos procesos de licitación e na adopción e mantemento de solucións abertas, ademais de promover a colaboración entre administracións. Tamén se impulsará a publicación e reutilización dos desenvolvementos públicos mediante plataformas como a Eira de Mancomún, o repositorio de software libre da Xunta.

A cuarta liña pretende consolidar un ecosistema tecnolóxico do software libre plural, ético e sustentable. Entre as actuacións previstas figuran a optimización das infraestruturas para reducir os custos de mantemento e a pegada ambiental, así como o reforzo da transparencia, da seguridade dos datos da cidadanía e da prevención de nesgos discriminatorios.

Obxectivos para os vindeiros anos

Entre os principais obxectivos figura ampliar a carteira de solucións de software libre difundidas, cun ritmo de dez novas solucións anuais, ata superar as 250 en 2030. Tamén continuará o impulso á liberación de proxectos na Administración, onde xa se publicaron máis de vinte iniciativas, co propósito de facilitar a reutilización de solucións públicas en diferentes ámbitos.

A estratexia prevé, ademais, ofrecer ao tecido empresarial galego a posibilidade de analizar e probar solucións empresariais de software libre como servizo na nube. Esta medida busca facilitar o coñecemento destas ferramentas e permitir que cada empresa avalíe a súa adecuación ás necesidades propias.

Unha base consolidada na Administración e no ecosistema galego

A iniciativa parte da experiencia acumulada pola Xunta no impulso do software libre, que xa ten unha presenza ampla e diversa na Administración autonómica. Na actualidade, contabilízanse máis de 307 elementos baseados nestas tecnoloxías, dos que 171 corresponden a solucións e ferramentas e 136 a compoñentes para o desenvolvemento de aplicacións.

O software libre emprégase en ámbitos que van desde as ferramentas de produtividade e a xestión de contidos ata as bases de datos, a seguridade e as infraestruturas que sustentan os servizos dixitais. A esta implantación súmase o traballo da Oficina de Software Libre, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no impulso da reutilización de solucións públicas.

Galicia conta tamén cun ecosistema de software libre cun nivel de madurez intermedio-alto, apoiado nunha comunidade tecnolóxica activa e na formación de profesionais cualificados nas universidades e nos centros de formación profesional.

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o 82,53 % das empresas galegas con dez ou máis persoas empregadas utiliza algunha modalidade de software de código aberto.

AGASOL convoca o I Certame GOBTEC que procura solucións libres para a xestión de instalacións deportivas
Ir á procura de solucións de software libre para mellorar a xestión e reserva das instalacións deportivas municipais (canchas, pistas e pavillóns) é o obxectivo do I Certame GOBTEC, unha proposta organizada por AGASOL (Asociación Galega de Software Libre).

Indo ao certame en cuestión, as empresas, persoas emprendedoras e entidades tecnolóxicas radicadas en Galicia xa poden presentar as súas propostas ata o 18 de novembro ás 23:59 horas na súa web, optando a un premio de 6.000 euros e a un forte recoñecemento institucional. En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda depende de procesos pouco dixitalizados, como chamadas, correos ou xestións presenciais. Isto dificulta tanto o acceso da cidadanía como a organización das propias administracións. Por este motivo, AGASOL centrou o primeiro reto GOBTEC na procura dunha solución de software libre que simplifique e modernice esta xestión. O reto consiste en idear unha solución mediante software libre que non consista unicamente en crear unha app de reservas, senón que permita adaptarse ás diferentes necesidades de cada concello, con configuracións personalizadas e funcionalidades como consultar as instalacións, reservalas online, realizar cancelacións e modificacións rápidas, revisar o historial persoal e recibir avisos. Non se require presentar o produto xa feito, senón unha idea ben desenvolvida e cunha aplicación viable.

Quen se pode presentar a este reto? Pois empresas, persoas emprendedoras e entidades relacionadas co eido da tecnoloxía e a innovación, co requisito fundamental e excluínte de ter o seu enderezo social ou centro de traballo en Galicia. Asemade, só se permitirá unha única proposta por entidade participante, que deberá incluír unha memoria técnica dun máximo de dez páxinas, elaborada segundo o modelo oficial dispoñible na propia páxina de inscrición, así como os datos de contacto da entidade participante. A maiores, e de xeito opcional, poderán incluírse materiais visuais como mockups, prototipos ou demos funcionais.

O 3 de decembro terá lugar un acto na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) coa participación das propostas seleccionadas e do xurado do certame, composto por representantes de AGASOL, a Xunta de Galicia/GOBTEC, un concello galego, Startup Galicia e unha persoa experta independente en software libre.

AGASOL, que agrupa empresas galegas vinculadas ao desenvolvemento e uso de tecnoloxías abertas promovendo o uso do software libre, organiza este I Certame GOBTEC coa colaboración de Startup Galicia e co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galician (AMTEGA), para conectar o talento tecnolóxico galego con necesidades reais das administracións públicas a través do software libre.

Mozilla presenta Firefox Enterprise para reforzar o control tecnolóxico das organizacións
Mozilla presentou Firefox Enterprise, unha solución destinada a organizacións con requisitos esixentes de seguridade, gobernanza e cumprimento normativo. O produto combina o navegador Firefox, baseado no motor independente Gecko, cunha consola de administración que as organizacións poden executar na súa propia infraestrutura para xestionar centralizadamente as políticas do navegador, os accesos, o movemento de datos e o uso de ferramentas de intelixencia artificial.

O lanzamento chega nun momento no que a soberanía dixital gaña peso en Europa, onde as administracións públicas e as industrias reguladas están a revisar as súas dependencias tecnolóxicas. A concentración de servizos e infraestruturas en poucos provedores dificulta os cambios de plataforma e pode incrementar os riscos cando se producen fallos, modificacións nos servizos ou situacións nas que as organizacións perden capacidade de decisión.

Mozilla considera que o navegador é unha peza fundamental desta cuestión que non recibiu suficiente atención. É o punto de acceso ás aplicacións corporativas, onde os empregados se autentican, circulan datos sensibles e se intercambian ficheiros, ademais de ser unha vía cada vez máis habitual para utilizar ferramentas de intelixencia artificial.

Firefox Enterprise pretende ofrecer ás empresas e institucións máis capacidade de decisión sobre o seu contorno de navegación e a infraestrutura que o administra. A consola permite controlar as políticas de uso e os permisos, supervisar como se xestionan os datos e establecer restricións para o emprego de ferramentas de IA.

«Se todas as túas opcións están construídas sobre a mesma tecnoloxía, a elección é unha mentira. E o control tamén», afirmou Anthony Enzor-DeMeo, director executivo de Mozilla. O responsable sostén que Firefox ofrece unha arquitectura independente que pode axudar as institucións a reconsiderar as súas dependencias tecnolóxicas e os riscos asociados.

Un dos elementos diferenciais é o motor Gecko, desenvolvido por Mozilla e alleo aos ecosistemas tecnolóxicos de Google e Apple. A organización destaca que esta independencia proporciona unha vía adicional para reducir a dependencia dunha única arquitectura de navegación.

A solución tamén está deseñada para integrarse cos sistemas que os departamentos informáticos xa utilizan. As organizacións poderán manter os seus provedores de identidade, ferramentas de xestión de eventos e información de seguridade (SIEM) e sistemas de administración de dispositivos móbiles (MDM), incorporando unha infraestrutura de xestión do navegador baixo o seu propio control.

A intención é que as institucións poidan decidir onde se almacenan os datos e mellorar a visibilidade sobre os seus movementos sen ter que reconstruír os sistemas existentes. Mozilla vincula esta estratexia a catro obxectivos: máis control, transparencia, capacidade de elección e resiliencia operativa.

A despregadura inicial de Firefox Enterprise céntrase en Europa, con Francia, Alemaña, Austria e Suíza como primeiros mercados prioritarios. Mozilla tamén está a desenvolver Thunderbird Enterprise, unha solución que pretende estender este enfoque de control da infraestrutura e dos datos ao correo electrónico e ás comunicacións.

Inditex estrea un portal para compartir os seus desenvolvementos de código aberto
Esta semana Inditex puxo en marcha un portal de código aberto que reúne os proxectos de software libre publicados por Inditex Tech, con acceso aos repositorios de código e explicacións sobre as súas funcións. A iniciativa busca facilitar que outros desenvolvedores coñezan, utilicen e melloren ferramentas creadas polos equipos tecnolóxicos do grupo téxtil.

O catálogo abrangue áreas como a intelixencia artificial, a infraestrutura, Kubernetes, as ferramentas de desenvolvemento, a automatización, as interfaces web, a colaboración, as bases de datos, as API e a mensaxaría. Os proxectos están dispoñibles a través do portal Inditex Tech Open Source, que tamén recolle os principios e as condicións de participación na comunidade.

Entre os desenvolvementos destacados figura Weave.js, unha biblioteca para crear aplicacións de colaboración en tempo real, como encerados dixitais e editores de diagramas baseados en HTML5 Canvas. Tamén está Kumoss, unha ferramenta de xestión de infraestrutura baseada en intelixencia artificial que aplica boas prácticas e medidas de seguridade, así como Cerbia, unha biblioteca para detectar ameazas en fluxos de traballo de intelixencia artificial e modelos de linguaxe de gran tamaño (LLM).

Tamén K8s Overcommit Operator, un operador de Kubernetes destinado a xestionar o sobrecompromiso de recursos asignados aos pods, e varias ferramentas baseadas no protocolo MCP (Model Context Protocol). Entre elas están MCP Teams Server, que permite aos axentes de intelixencia artificial ler e crear mensaxes en Microsoft Teams, responder en conversas e mencionar membros, e MCP iOS Simulator Server, que facilita o control e a inspección de simuladores de iOS mediante instrucións en linguaxe natural.

A publicación do código forma parte da estratexia de Inditex Tech para contribuír ao ecosistema do software libre e de código aberto. O grupo defende a reutilización de solucións existentes, a participación nas comunidades das que depende e a publicación de ferramentas propias cando poden resultar útiles fóra da organización.

Os proxectos pasan por unha revisión previa á súa publicación para comprobar que cumpren os criterios de calidade, licenzas e seguridade. A actividade está coordinada pola Open Source Office (OSO) de Inditex, que tamén establece as directrices para comunicar vulnerabilidades, presentar cambios e colaborar nos repositorios.

Melide facilitará ordenadores con software libre a alumnado con dificultades de acceso á tecnoloxía
O Concello de Melide e a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) puxeron en marcha Sementeira Dixital, un programa destinado a facilitar equipos informáticos con software libre a alumnado en situación de vulnerabilidade ou con dificultades económicas para acceder a estes recursos.

O convenio foi asinado polo alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e o tesoureiro de MeLiSA, Rafael Rodríguez Gayoso, coa presenza da concelleira de Política Social, Carmen Liñeira. A iniciativa pretende contribuír a reducir a fenda dixital, fomentar a autonomía no uso da tecnoloxía e promover o software libre como unha alternativa de acceso universal e equitativo aos recursos informáticos.

A selección dos beneficiarios corresponderá aos Servizos Sociais do Concello, a través dos departamentos de Traballo Social e Educación Familiar. Teranse en conta factores como a situación de vulnerabilidade socioeconómica, a residencia permanente no municipio e a ausencia dun ordenador no fogar ou a imposibilidade económica de adquirilo. Tamén se valorarán a motivación para aprender e utilizar estas ferramentas, o curso no que estean matriculados os menores e o número de nenos en idade de utilizar os equipos dentro de cada familia.

Non se establece un número máximo de beneficiarios, xa que dependerá do material que MeLiSA poida incorporar ao programa. Para iniciar a iniciativa, a asociación conta con cinco portátiles e cinco ordenadores de sobremesa.

MeLiSA, asociación de voluntariado creada en 2008 e con sede en Melide, recupera equipos informáticos procedentes de organismos e administracións públicas que renovan periodicamente o seu parque tecnolóxico. Os ordenadores son preparados para un novo uso e equipados con software libre.

O proxecto non se limita á entrega dos equipos. Os ordenadores incorporarán solucións como GNU/Linux e LibreOffice, co obxectivo de achegar aos beneficiarios alternativas ao software privativo e favorecer que coñezan distintas ferramentas e poidan escoller as que mellor se adapten ás súas necesidades.

O apoio de MeLiSA continuará despois da cesión. Segundo a dispoñibilidade dos voluntarios, a asociación ofrecerá orientación sobre o software instalado, titoriais e recursos de aprendizaxe, así como asistencia inicial para o manexo dos equipos. Tamén asumirá o soporte técnico, o mantemento e as reparacións de hardware que sexan necesarias.

O convenio terá unha duración inicial de cinco anos e non contempla achegas económicas directas entre as dúas entidades. O Concello será responsable da identificación dos destinatarios, a coordinación administrativa, o apoio institucional e a difusión do programa, mentres que MeLiSA achegará os equipos e asumirá o soporte técnico, o mantemento e a formación.

Os ordenadores seguirán sendo propiedade de MeLiSA durante o período de cesión. Cada beneficiario deberá asinar un contrato individual no que se establecerán as condicións de custodia e coidado do material.

O acordo inclúe finalmente a creación dunha Comisión de Seguimento formada por representantes do Concello e de MeLiSA, que se encargará de supervisar o desenvolvemento de Sementeira Dixital, resolver posibles incidencias e avaliar os resultados do programa.

TubeLibre, unha nova plataforma galega federada de vídeo libre
GALPon puxo en marcha TubeLibre, unha nova plataforma galega de vídeo baseada en software libre que nace para dar cobertura ás gravacións de eventos e proxectos vinculados ao software libre e á cultura aberta. O servizo pretende ofrecer un espazo propio para estes contidos, sen depender dos servidores doutras entidades ou de voluntarios.

A orixe do proxecto está nunha necesidade concreta: publicar as gravacións do Congreso esLibre, celebrado os días 17 e 18 de abril en Melide. As empresas galegas Librebit e Aitire facilitaron o espazo de aloxamento, mentres que voluntarios de GALPon encargáronse da instalación e configuración da plataforma. O resultado é TubeLibre, definida como unha «plataforma de vídeo libre, galega e federada para a divulgación e o coñecemento aberto».

TubeLibre funciona sobre PeerTube, software libre desenvolvido pola asociación francesa Framasoft. A plataforma non incorpora algoritmos para determinar que contidos se mostran nin sistemas de rastrexo das persoas usuarias, ao tempo que permite manter o control sobre os contidos e a infraestrutura.

Unha das características máis relevantes de PeerTube é a federación mediante ActivityPub. Esta tecnoloxía permite que TubeLibre se conecte con outras instancias de PeerTube de todo o mundo para formar unha rede de plataformas autónomas pero interconectadas. Deste xeito, os contidos poden localizarse desde un buscador común sen que sexa necesario concentrar todo o vídeo nun único servizo.

GALPon ofrece TubeLibre a entidades e colectivos que traballen a prol da cultura libre en Galicia. Debido ás limitacións do espazo de almacenamento dispoñible, o servizo está inicialmente orientado a contidos divulgativos e formativos. Outros usos deben ser consultados previamente co equipo responsable da plataforma.

As entidades interesadas en publicar vídeos poden contactar con GALPon a través da páxina de contacto de TubeLibre, por correo electrónico ou polas redes sociais para acordar a creación dunha conta.

A estrea da plataforma realízase cunha importante colección de contidos, pois a canle esLibre_26 reúne 47 vídeos e varias horas de gravacións do Congreso esLibre celebrado en Melide, incluíndo os relatorios, as sesións nas distintas salas e os obradoiros desenvolvidos ao longo dos dous días do encontro.

Preto do 87 % das empresas tecnolóxicas galegas emprega software libre
O 86,9 % das empresas TIC galegas contan con software libre nalgún dos seus equipos informáticos, o que representa un incremento do 2,7 % respecto ao ano anterior. Así o recolle o estudo O software libre nas empresas TIC de Galicia (Edición 2024), elaborado polo OSIMGA e publicado a pasada fin de semana.
O documento indica que máis da metade das compañías que xa empregan solucións libres avanzan cara a modelos mixtos: o 57,4 % utiliza tanto ou máis software libre ca privativo, un dato que evidencia o seu uso efectivo nas organizacións. No caso dos servidores, un ámbito clave das infraestruturas tecnolóxicas, o 50,8 % aposta maioritariamente polo software libre, mentres que un 27,7 % o emprega de forma exclusiva.
As aplicacións libres máis estendidas nas empresas galegas continúan a ser os navegadores web, as ferramentas ofimáticas, os xestores de contidos e os clientes de correo electrónico, todos eles cunha presenza do 49 % ou superior.

Diferenzas por provincias e sectores de actividade

O informe sinala que Ourense (96,3 %) e Lugo (95,5 %) son as provincias cun maior nivel de implantación do software libre. Tamén apunta que as empresas con actividade en Galicia pero con sede fóra presentan un maior uso relativo de software privativo.
Por sectores, as compañías encadradas en Outros Servizos TIC e Actividades Informáticas lideran a dispoñibilidade de solucións libres, superando o 89 %. No que atinxe ao uso, destaca o sector das Telecomunicacións, onde máis do 80 % das empresas que dispoñen destas solucións as empregan de maneira prioritaria.

As empresas TIC como provedoras de solucións libres

O 46,7 % das empresas TIC galegas ofrecen produtos ou servizos de software e, dentro deste grupo, case a metade (46,2 %) comercializan solucións baseadas en software libre, cunha presenza especialmente destacada en Lugo e Ourense.
Entre as principais vantaxes que perciben os clientes figuran o menor custo (80,4 %), a capacidade de personalización e a independencia respecto do provedor.

Retos pendentes do software libre

O estudo tamén identifica algunhas barreiras relevantes para a súa adopción, como o descoñecemento da tecnoloxía (50,7 %), a falta de formación (37,6 %) ou os problemas de compatibilidade cos sistemas existentes (36 %).
A pesar destas dificultades, o informe subliña que Galicia dispón dun ecosistema TIC sólido e cada vez máis especializado, no que o software libre se afianza como un piar clave para a innovación e a soberanía tecnolóxica.