Telefonía – Código Cero

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) informou favorablemente sobre a proposta que pon fin á designación de Telefónica como operadora obrigada a garantir os servizos de telefonía fixa e acceso fixo a Internet incluídos no servizo universal. A decisión responde á evolución do mercado español, no que estes servizos xa están dispoñibles de forma xeneralizada a través das ofertas comerciais dos distintos operadores.

A medida, impulsada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, non implica a desaparición do servizo universal nin dos dereitos que este recoñece aos usuarios. A lexislación permite deixar de impor esta obriga a un operador concreto cando o propio mercado garante a dispoñibilidade dos servizos en condicións adecuadas. Se esta situación cambiase, podería volver convocarse unha licitación ou designarse outro operador para asumir a prestación.

A CNMC considera que o cambio está xustificado polo elevado despregamento das redes fixas e móbiles en España, a dispoñibilidade de conexións por satélite e os programas públicos de apoio á extensión das infraestruturas dixitais. Estes factores permiten garantir o acceso aos servizos básicos de comunicacións sen necesidade de manter unha obriga específica sobre Telefónica.

A modificación tampouco suporá a perda dos mecanismos de apoio aos usuarios vulnerables. A normativa seguirá obrigando os operadores que ofrecen telefonía fixa e acceso fixo a Internet a dispoñer de condicións adaptadas para estes colectivos, mentres que os beneficiarios actuais do abono social poderán continuar recibíndoo.

A CNMC considera necesario manter a supervisión da dispoñibilidade destes servizos en todo o territorio nacional, independentemente da localización dos usuarios, para detectar posibles carencias que requiran medidas adicionais. Tamén lembra que cómpre aprobar o novo Regulamento do servizo universal antes do 31 de decembro de 2026, unha norma necesaria para aplicar o novo marco regulatorio.

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia
En Galicia, un total de 28 localizacións moi illadas de 27 municipios nas catro provincias galegas gozarán tamén dos servizos de telecomunicacións máis avanzados grazas ao Plan 5G Redes moi rurais, do Ministerio de Transformación Dixital, do que resultou adxudicatario provisional Orange España, o grupo da operadora galega R.

Nunha primeira fase do concurso, á compañía foille adxudicado un 70 % do orzamento do plan (12,2 millóns de euros) para que a tecnoloxía 5G chegue a zonas que ata a data non teñen cobertura de ningún operador móbil.

Dende a operadora galega R informan que cando se confirme esta adxudicación, a comunidade “converterase na principal beneficiada do programa, cun 30 % das actuacións do grupo en toda España no marco desta iniciativa, que persegue minorar ao máximo a fenda dixital co rural”.

Na Coruña, distintos núcleos especialmente apartados ou de difícil acceso de 16 municipios poderán gozar da tecnoloxía de vangarda de quinta xeración; serán, en concreto, A Baña, Arzúa, As Pontes de García Rodríguez, Cabana de Bergantiños, Cedeira, Cee, Coristanco, Dodro, Mazaricos, Melide, Monfero, Negreira, Outes, Trazo, Toques e Val do Dubra.

En Lugo haberá cinco concellos beneficiados: Folgoso do Courel, Vilalba, O Vicedo, Guntín e Triacastela; outros cinco, en Ourense: A Gudiña, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Rubiá e O Barco de Valdeorras; e, finalmente, unha localización no municipio de Rodeiro, en Pontevedra.

O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública lanzou esta resolución provisional do programa 5G Redes moi rurais, que se convocou en xullo para as operadoras achegaren a súa tecnoloxía avanzada a “zonas que quedaron illadas da rede por escaseza de poboación ou polo seu difícil acceso e que, na actualidade, continúan sen ningún tipo de cobertura móbil”, en palabras do propio Ministerio.

O grupo Orange construirá un total de 82 novos emprazamentos cun investimento de 18,4 millóns, dos que as axudas financian 12,2 millóns.

O propósito final, segundo informa o Goberno e reflicte R, “é que a conectividade e as oportunidades da dixitalización non sexan unha vantaxe exclusiva do mundo urbano, que cheguen tamén ata o último recuncho da España rural e que os seus habitantes e empresas poidan competir en igualdade de condicións a todos os niveis”.

R lembra tamén que o novo plan 5G Redes moi rurais é “un paso máis tras o programa UNICO 5G Redes Activas, financiado polos fondos NextGenerationEU, que R completou este ano e mediante cal levou a mellor tecnoloxía 5G a 245 municipios galegos de menos de 10.000 habitantes”.

De feito, o 97 % da poboación dispón de 5G en Galicia con Orange e R e ao final do ano falares “dunha cobertura practicamente total que acabará coa fenda dixital no territorio”, destaca a firma galega, lembrando que “grazas ao plan UNICO 5G e a outras implementacións levadas a cabo dende hai anos por R en zonas de difícil acceso, distintas localidades pouco poboadas ou apartadas dispoñen xa de altísimas velocidades e os/as seus/súas habitantes poden traballar en remoto ou ver a televisión coa máxima calidade, ao mesmo nivel ca en cidades grandes”.

R, marca de referencia de Orange en Galicia, subscribe outra vez o seu compromiso de cobertura para facilitar o acceso de toda a poboación galega ás novas tecnoloxías e que ningunha persoa nin empresa teña menos oportunidades para competir e conectarse co mundo. En 2026 ese compromiso esténdese, co servizo cachocobertura R, a interiores de inmóbeis de diversas localidades galegas onde a rede móbil non chega ou nos que hai problemas de conectividade polas súas características arquitectónicas ou urbanísticas.

Alfredo Ramos, director de R e responsable territorial de Orange en Galicia, destacou “a importancia de compartir con administracións públicas e institucións este compromiso coa conectividade do territorio, para falar realmente de igualdade de oportunidades e que calquera persoa en Galicia poida formarse, traballar e emprender dende o rural en condicións similares ás das cidades. O activismo rural de R e de Orange consiste en pór a tecnoloxía ao servizo da poboación, do campo, da industria agroalimentaria e da sostibilidade, facilitando que o talento quede no rural ou volva a el para crecer e liderar”.

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone poderían aliarse para ofrecer telefonía móbil por satélite
Chamada 5G vía satélite realizada por Vodafone en 2023

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone asinaron unha carta de intencións para estudar unha posible poxa conxunta na futura asignación en Europa de espectro radioeléctrico destinado aos Servizos Móbiles por Satélite (MSS). A iniciativa pretende impulsar os servizos Direct-to-Device (D2D), que permiten conectar dispositivos directamente con satélites.

O acordo busca contribuír aos obxectivos da Comisión Europea de reforzar a soberanía tecnolóxica, a seguridade e a resiliencia das infraestruturas críticas de conectividade, así como garantir unha gobernanza europea das infraestruturas espaciais estratéxicas.

Os catro operadores propoñen un modelo que permita a todos os provedores de redes móbiles acceder aos servizos D2D en condicións abertas e non discriminatorias. Este enfoque pretende favorecer a competencia, reducir a fragmentación do mercado e ampliar as opcións dispoñibles para os consumidores europeos.

A combinación da capacidade comercial, a infraestrutura de rede e a experiencia operativa das catro empresas podería acelerar a chegada destes servizos ao mercado, mellorar o aproveitamento do espectro e facilitar a integración da conectividade por satélite nas redes móbiles terrestres existentes.

A iniciativa tamén aspira a responder á demanda de cobertura en zonas insuficientemente atendidas, aumentar a resistencia das redes públicas, protexer as comunicacións críticas e apoiar o desenvolvemento dunha constelación europea de satélites.

Os catro operadores prevén despregar infraestrutura terrestre esencial en Europa e asumir funcións de coordinación e supervisión, sen investir directamente na constelación de satélites. Para esa parte do proxecto, a alianza seleccionará un socio especializado en conectividade satelital.

O modelo combinaría así a gobernanza europea e o acceso ao mercado que achegan os operadores móbiles coa tecnoloxía e a experiencia de despregadura dun socio satelital aínda por determinar.

Soy Yo facilita a identificación de números de teléfono comerciais
A Asociación Española da Economía Dixital (Adigital) presenta Soy Yo, unha plataforma de balde que permite comprobar se un número de teléfono pertence a unha empresa rexistrada e coñecer a súa identidade. A iniciativa pretende combater as chamadas fraudulentas e o correo lixo telefónico, ademais de facilitar que os usuarios respondan ás comunicacións lexítimas sen temor a caer nunha estafa.

A plataforma conta xa coa adhesión de máis de 30 empresas dos sectores enerxético, bancario, asegurador e da formación, así como de centros de atención telefónica e axencias de mercadotecnia dixital. En conxunto, estas entidades concentran case o 90 % das chamadas comerciais e de atención á clientela que se realizan en España. Soy Yo está aberta á incorporación de novas empresas e entidades que queiran rexistrar os seus números de teléfono e participar na iniciativa.

O funcionamento de Soy Yo baséase no rexistro dos números de teléfono empregados polas empresas adheridas para contactar cos seus clientes. Cando un usuario recibe unha chamada e quere comprobar a súa procedencia, só ten que introducir o número na web soy-yo.es. A plataforma indica de inmediato se está asociado a unha empresa rexistrada e, de ser así, amosa o seu nome.

A partir do sábado as chamadas comerciais empregarán o prefixo 400

A ferramenta complementa os cambios normativos que entran en vigor o 17 de outubro. A partir desa data, as chamadas comerciais deberán realizarse desde números que comecen por 400, mentres que as de atención á clientela deberán empregar numeracións que comecen por 800 ou 900, ou números xeográficos. Estes prefixos permitirán distinguir a finalidade da chamada, pero non identificarán necesariamente a empresa que está detrás nin garantirán que a comunicación sexa lexítima. Soy Yo incorpora esa comprobación adicional.

Outras iniciativas de Adigital

A iniciativa súmase a outros servizos impulsados por Adigital para fomentar prácticas responsables nas comunicacións comerciais. Entre eles figura a Lista Robinson, un servizo gratuíto que permite aos cidadáns reducir a recepción de publicidade de empresas ás que non deron o seu consentimento, así como o selo Confianza Online, orientado á xestión de incidencias relacionadas coas compras a través da Internet.

O servizo universal de telecomunicacións deixará de ser unha obriga pública a partir de 2027
O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública prepara o cesamento, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2027, da prestación como obriga de servizo público dos dous elementos que actualmente integran o servizo universal de telecomunicacións: o acceso a Internet de banda larga desde unha localización fixa e as comunicacións vocais desde unha localización fixa.

A medida baséase na evolución da cobertura de redes de moi alta capacidade en España e na consideración de que estes servizos xa están garantidos polas condicións normais de explotación comercial. O proxecto de orde sinala que a expansión da fibra óptica, das redes móbiles 5G e das solucións de acceso por satélite permitiu dispoñer dunha oferta ampla de tecnoloxías (fibra, cable, HFC, acceso fixo por radio e satélite) no conxunto do territorio.

A normativa actual establece que o servizo universal debe garantir, con independencia da localización xeográfica, un acceso adecuado e dispoñible a Internet de banda larga e ás comunicacións vocais a través dunha conexión fixa. No caso da Internet, a velocidade mínima quedou fixada en 100 Mbps de baixada e 5 Mbps de subida.

O Ministerio considera que esta situación permite aplicar o artigo 35.6 da Lei Xeral de Telecomunicacións, que contempla o cesamento da prestación como obriga de servizo público cando os servizos estean dispoñibles en competencia e con condicións de prezo, cobertura e calidade similares ás que terían que ofrecer os operadores designados.

A decisión conta cun informe da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), que, segundo o proxecto, conclúe que tanto o acceso a Internet de banda larga desde unha localización fixa como as comunicacións vocais nesta mesma modalidade están actualmente garantidos polas circunstancias normais de explotación comercial.

O cambio suporá tamén o remate da designación dun operador específico para prestar estes elementos do servizo universal. Telefónica de España é actualmente o operador encargado de ambos os servizos, segundo a orde de 29 de xaneiro de 2025, cunha designación que se prolonga ata o 31 de decembro de 2026.

Desde o 1 de xaneiro de 2027, polo tanto, non haberá un único operador designado para garantir estes servizos como parte do servizo universal. Os operadores deberán ofrecer os servizos dentro das zonas nas que dispoñan de cobertura, o que, segundo o proxecto, permitirá aos usuarios escoller entre as ofertas dispoñibles na súa localización.

O cambio non afectará, con todo, aos usuarios que xa se benefician do abono social telefónico. Telefónica deberá manter esta prestación para os actuais beneficiarios (xubilados e pensionistas con rendas familiares baixas) nas condicións establecidas pola normativa vixente. A obriga de continuidade queda recollida expresamente no proxecto de orde.

A medida deberá ser publicada no Boletín Oficial del Estado e poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional ou, de forma potestativa, de recurso de reposición ante o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.

Denuncian que ES-Alert non funciona en móbiles conectados a 5G SA
Dende BandaAncha.eu denuncian que os avisos de emerxencia de ES-Alert non están a chegar aos móbiles conectados mediante 5G Standalone (SA), a modalidade máis avanzada das redes 5G que en España se comercializa como 5G+. As probas realizadas con terminais conectados á rede 5G SA de Movistar mostran que as alertas de Protección Civil non se reciben ata que o dispositivo cambia a 5G NSA ou 4G.

ES-Alert emprega a tecnoloxía Cell Broadcast para distribuír mensaxes de emerxencia directamente aos terminais situados nunha determinada zona. O sistema está deseñado para funcionar sobre redes 2G, 3G, 4G e 5G, polo que a compatibilidade coa quinta xeración estaba contemplada desde o deseño da plataforma.

O contrato adxudicado en setembro de 2021 ao Grupo Indra por 2,3 millóns de euros xa establecía que o sistema debía integrarse cos elementos de control das distintas tecnoloxías de acceso radio, incluído o AMF correspondente ao 5G. A especificación indicaba que o Cell Broadcast Center (CBC) debía poder comunicarse cos módulos controladores das redes do operador «independentemente do número, fabricante, modelo e versión de cada un deles».

A arquitectura de ES-Alert conta cun Cell Broadcast Entity (CBE), situado no Centro Nacional de Seguimento e Coordinación de Emerxencias (CENEM), que se encarga de gobernar os catro CBC das operadoras con rede móbil propia. Estes centros están instalados nas infraestruturas dos operadores, aínda que o seu mantemento corresponde ao propio sistema de alertas.

A posible orixe do problema estaría relacionada co momento no que se deseñou e despregou a plataforma. ES-Alert comezou a implantarse durante a primeira metade de 2022, cando nin Movistar nin Orange tiñan aínda en funcionamento os seus respectivos núcleos 5G Standalone. Orange activouno posteriormente, en febreiro de 2023, mentres que Movistar fixo o propio en xullo dese ano.

A ausencia dunha integración específica cos núcleos 5G SA podería explicar que as mensaxes non se entreguen mentres o teléfono permanece conectado a esta modalidade de rede e que si o fagan cando recupera unha conexión 5G NSA ou 4G. A situación pon de manifesto a necesidade de que os sistemas de alerta pública se adapten tamén ás novas arquitecturas das redes móbiles a medida que estas son despregadas.

MasOrange pasa a operar como Orange España
MasOrange adopta a denominación corporativa Orange España tras completar o proceso de integración no Grupo Orange, un cambio que afecta á identidade corporativa da compañía e non ás marcas comerciais que utiliza cos seus clientes.

A nova denominación unifica baixo Orange España a identidade corporativa dunha empresa que reúne activos procedentes de distintas operacións realizadas no mercado español ao longo das últimas décadas, entre elas as vinculadas a Amena, eresMas, Jazztel, Yoigo, MasMovil, Pepephone, Simyo, Euskaltel, R, Telecable e Embou.

A integración no Grupo Orange implica tamén unha maior aliñación da actividade española coa estratexia e a estrutura do grupo europeo. A compañía sinala que manterá os seus equipos, valores, cultura e orientación cara á satisfacción dos clientes, mentres continúa investindo en redes e servizos dixitais.

A nova identidade corporativa busca simplificar a presenza da empresa ante clientes, institucións, medios de comunicación e investidores. Orange España pretende concentrar nunha única marca a actividade institucional, tecnolóxica e social que anteriormente estaba asociada á denominación MasOrange.

O cambio chega nun momento no que a compañía está a ampliar o seu posicionamento máis alá dos servizos tradicionais de telecomunicacións, con actividade relacionada coa conectividade 5G e de fibra, a computación na nube, a ciberseguridade, a intelixencia artificial e outros servizos dixitais.

Orange España asegura contar con preto de 50.000 millóns de euros investidos en España nas súas redes de fibra e 5G e relaciona a súa actividade coa xeración de arredor de 55.000 postos de traballo directos e indirectos. A compañía continuará desenvolvendo infraestruturas tanto en zonas urbanas como rurais.

A denominación Orange España incorpora por primeira vez de maneira explícita o nome do país, mentres a empresa mantén a súa personalidade xurídica e actividade en España. A integración no Grupo Orange achega tamén unha estrutura de gobernanza común e acceso á capacidade tecnolóxica e financeira do grupo europeo.

Comeza o bloqueo de mensaxes de texto con alias non rexistrados
Claves para entender o novo rexistro de alias

As empresas que empregan o seu nome comercial, marca, denominación social ou dominio da Internet como remitente de SMS, MMS ou RCS deben ter estes alias inscritos no Rexistro de Alias da CNMC desde hoxe, 15 de setembro. Os operadores de comunicacións electrónicas están obrigados a bloquear as mensaxes que utilicen alias non rexistrados.

A medida afecta a calquera entidade que empregue un alias como remitente das súas mensaxes, desde bancos e aseguradoras ata comercios, empresas de transporte, administracións públicas ou servizos médicos. Estes nomes permiten identificar o remitente sen mostrar o número de teléfono e adoitan empregarse para enviar recordatorios de citas, avisos de entregas, información aos clientes ou comunicacións comerciais.

O bloqueo entra en vigor en aplicación da Orde Ministerial TDF/149/2025 e pretende dificultar a suplantación de marcas e entidades coñecidas mediante mensaxes fraudulentas. O Rexistro de Alias permite comprobar que o nome que figura como remitente corresponde realmente á entidade que o utiliza.

As empresas que non teñan rexistrado o seu alias non poderán seguir enviando SMS, MMS ou RCS identificándose con ese nome ou marca. Si poderán continuar comunicándose cos seus clientes, pero deberán facelo sen empregar o alias.

O rexistro segue aberto, polo que os alias pendentes e os novos alias poderán notificarse e inscribirse posteriormente. A CNMC tamén lembra ás empresas que recibisen unha comunicación do organismo sobre este procedemento que deben atendela se aínda non o fixeron.

O sistema está regulado pola Circular 1/2026 da CNMC, do 18 de marzo, que establece o procedemento para inscribir os alias e os requisitos relativos ao seu formato e vinculación coa entidade correspondente.

As grandes operadoras europeas poderían xuntarse para competir con Starlink
Deutsche Telekom, Orange, Vodafone e Telefónica manteñen conversacións preliminares para crear un consorcio co que optar conxuntamente a parte do espectro destinado pola Unión Europea aos servizos de comunicación directa entre satélites e teléfonos móbiles. A iniciativa permitiría ás principais operadoras europeas desenvolver unha alternativa a Starlink neste mercado emerxente.

As catro empresas estarían estudando presentar unha oferta conxunta por unha parte da banda dos 2 GHz que a UE prevé reservar a un operador europeo. A proposta forma parte dos plans de Bruxelas para reforzar as capacidades soberanas de comunicación por satélite e establece que o operador que acceda a ese espectro deberá estar controlado maioritariamente por unha empresa europea. Ningunha decisión definitiva foi adoptada polo momento.

A Comisión Europea está preparando novas regras para o acceso ao espectro dos 2 GHz nunha futura poxa. A normativa reservaría un terzo da banda a empresas europeas, outro terzo aos servizos de comunicación soberanos de IRIS² e o terzo restante quedaría dispoñible para operadores internacionais. As licenzas actuais para estas frecuencias expirarán en 2027.

A tecnoloxía de comunicación directa vía satélite permite conectar teléfonos móbiles convencionais con satélites sen depender dunha rede terrestre. Starlink xa ofrece este tipo de servizos, incluíndo mensaxes de texto, datos e chamadas, e mantén acordos con diferentes operadores europeos. Deutsche Telekom é un dos seus socios neste ámbito. SpaceX, con todo, non dispón actualmente dos dereitos sobre o espectro necesarios para prestar estes servizos de maneira independente na UE.

A expansión destas redes prodúcese a pesar de que a infraestrutura móbil terrestre cobre a maior parte das zonas poboadas de Europa. Bruxelas pretende incrementar igualmente a dispoñibilidade de servizos vía satélite, tanto por razóns de conectividade como para reforzar a autonomía tecnolóxica europea.

A situación de Vodafone presenta unha particularidade. A operadora británica conta cunha empresa conxunta ao 50 % coa estadounidense AST SpaceMobile para ofrecer comunicación directa con dispositivos desde satélites. Se a proposta europea se aproba nos termos actualmente estudados, esta estrutura accionarial tería que modificarse para que a empresa puidese optar ao terzo do espectro reservado a operadores europeos.

Outro terzo da banda estaría destinado a IRIS², a constelación europea impulsada por un consorcio liderado por SES, Eutelsat e Hispasat. O sistema, cuxa entrada en servizo está prevista para 2029, estará inicialmente orientado á banda larga e contará con capacidades limitadas de comunicación directa con teléfonos móbiles a través de Hispasat.

O último terzo do espectro quedaría aberto á participación de empresas internacionais, o que permitiría a entrada doutras compañías no mercado europeo de comunicacións vía satélite.

R prepárase para a tecnoloxía 6G con MasOrange
R, operador de comunicacións líder en Galicia, prepárase para a chegada da tecnoloxía 6G xunto a MasOrange, líder do mercado español das telecomunicacións por número de clientes. O grupo probou, xunto a Ericsson, a súa rede móbil na banda de 6 GHz, que está chamada a desempeñar un papel clave na despregadura do 6G, do mesmo xeito que a banda de 3,5 GHz foi fundamental para a 5G.

O fito forma parte da estratexia de innovación de MasOrange para anticiparse ás futuras necesidades de conectividade e preparar as súas infraestruturas para unha nova era marcada pola intelixencia artificial, a automatización, a computación cuántica, as experiencias dixitais inmersivas e outros casos de uso con capacidade para transformar distintos sectores da economía.

A chegada da 6G a España está proxectada arredor de 2030, pero MasOrange xa traballa na preparación desta nova xeración de redes mediante probas na banda de 6 GHz. Este espectro combina cobertura, capacidade e eficiencia, polo que se considera unha das bandas que terán maior relevancia no futuro. Aínda que as licenzas correspondentes non foron adxudicadas en España, o sector considera que será un recurso importante para que as redes móbiles poidan soportar novos servizos de última xeración mantendo a eficiencia enerxética.

Para que servirá a 6G

A 6G aspira a integrar de maneira nativa comunicacións, intelixencia, automatización e capacidades para percibir e interpretar o ambiente. As tecnoloxías ISAC (Integrated Sensing and Communication) constitúen un dos exemplos desta evolución, ao combinar comunicacións e sensorización mediante os mesmos sinais de radio.

As futuras redes poderán así non só transmitir información, senón tamén percibir o que sucede ao seu redor. A banda de 6 GHz será un dos elementos que facilitarán esta visión, ao ofrecer capacidade e cobertura suficientes para novos servizos baseados en intelixencia artificial, automatización, xemelgos dixitais e monitoraxe avanzada do mundo físico.

Entre as posibles aplicacións figuran a detección de persoas e vehículos sen recorrer a cámaras, o seguimento de activos en portos, fábricas ou aeroportos, o control remoto de movementos en ambientes industriais, a identificación de obstáculos para sistemas de mobilidade autónoma e a creación de xemelgos dixitais de cidades, estradas e infraestruturas en tempo real.

«A banda de 6 GHz multiplicará a capacidade das redes móbiles ante o crecemento inxente do tráfico de datos polo uso intensivo da IA e doutras experiencias dixitais avanzadas. Estamos perante un habilitador tecnolóxico fundamental para calquera operador que aspire a liderar o mercado na vindeira década», declarou Alfredo Ramos, director de R e territorial de MasOrange en Galicia.

Unha nova xeración de redes e antenas intelixentes

A incorporación de novas frecuencias ás comunicacións móbiles require unha nova xeración de equipos e tecnoloxías de radio. As probas realizadas por MasOrange e Ericsson incluíron arquitecturas avanzadas de antenas activas que evolucionan desde as configuracións actuais de 64 transmisores e receptores (64TR) ata sistemas 256TR, capaces de cuadriplicar o número de elementos radiantes.

Tamén se probaron técnicas avanzadas de beamforming, que permiten dirixir de forma dinámica e precisa o feixe de transmisión de datos cara á localización e ás necesidades específicas de cada usuario en movemento. Esta tecnoloxía mellora o aproveitamento do espectro dispoñible e permite incrementar a capacidade da rede, mantendo unha maior eficiencia enerxética.

A combinación destas tecnoloxías permitirá aproveitar mellor cada MHz de espectro, multiplicar por catro a capacidade dispoñible en cada nodo móbil, mellorar a experiencia de usuario en ambientes de alta demanda e avanzar cara a redes máis eficientes, programables, abertas e sostibles.

España, laboratorio europeo da conectividade do futuro

As probas reforzan a aposta de MasOrange e R polo desenvolvemento tecnolóxico en España, onde o grupo xa traballou na despregadura de solucións como 5G Advanced e VoNR (voz sobre 5G). A validación da banda de 6 GHz supón agora un novo paso na experimentación con tecnoloxías destinadas ás futuras redes móbiles.

O desenvolvemento do 6G permitirá avanzar no coñecemento técnico necesario para optimizar os servizos de conectividade e contribuír ao desenvolvemento de capacidades estratéxicas nacionais, co obxectivo de reforzar o papel de España na experimentación en telecomunicacións e a competitividade dixital de Europa fronte a outros mercados.