Presentan o videoxogo deseñado na primeira Residencia ArtÃstica de Creación Dixital no Gaiás
xoves, 14 de xullo do 2022
A Cidade da Cultura acolleu esta mañá a presentación
do prototipo de videoxogo Retorno Arnoia, resultado do traballo
realizado polo alumnado na Universidade de Vigo na primeira residencia
artÃstica enfocada á creación dixital impulsada de maneira conxunta pola Xunta
de Galicia e a institución viguesa. A directora-xerente da Cidade da Cultura,
Ana Isabel Vázquez, subliñou a experiencia como pioneira no marco das accións
que o Gaiás está a desenvolver para apoiar a creación artÃstica e cultural en
Galicia.
Trátase da primeira residencia, explicou a representante da
ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP e Universidades, que integrou perfÃs
diversos, desde o artÃstico ao tecnolóxico, nun equipo que traballou ao unÃsono
para dar forma a un proxecto cultural tan innovador e esixente como é un
videoxogo. O alumnado participante son egresados en Comunicación Audiovisual,
Publicidade, Belas Artes, Telecomunicación e Informática e dedicou horas a
deseñar, debuxar, animar, programar e sobre todo comprobar e descartar erros
nunha estadÃa intensiva que durou pouco máis de catro fins de semana, pero que
lles valeu para mellorar as súas competencias e experimentar de cheo todas as
fases de desenvolvemento do xogo.
O froito deste traballo é un videoxogo de plataformas inspirado
nun clásico da literatura xuvenil galega, Arnoia, Arnoia, do escritor
ourensán Xosé LuÃs Méndez FerrÃn. Nel, o protagonista ten que superar
diferentes obstáculos e inimigos en cada nivel, empregando mecánicas similares
a clásicos do xénero como o Super Mario. Na presentación, o alumnado fixo unha
demostración comentada en vivo do xogo, aberta tanto ao público asistente ao
acto como a toda a audiencia que seguiu a retransmisión en streaming.
A presentación contou ademais coa participación da profesora
da Universidade de Vigo Beatriz Legerén Lago, que formou parte do equipo
docente que asesorou ao alumnado durante a súa residencia, e de Antonio
Piñeiro, secretario da Fundación Curros EnrÃquez, que se implicou desde o
comezo no proxecto e trasladou unhas palabras en nome de Méndez FerrÃn.
Inspiración nun clásico da literatura galega
Do mesmo xeito que o protagonista da novela, Nmógadah, é
apresado pola tribo mineira dos Grou e obrigado a cavar para atopar a Trabe de
Ouro dos Profundos, o protagonista do videoxogo debe buscar o seu propio camiño
no interior dunha mina na que agardan tesouros e perigos, mentres o xogador vai
descubrindo en paralelo as motivacións do protagonista. Escoller entre ir cara
arriba ou cara abaixo influirá igualmente na historia que coñecerá durante a
súa experiencia de xogo.
Máis aló do resultado final, os nove alumnos participantes
na residencia COMTECART no Gaiás valoraron especialmente a aprendizaxe en
común, a posibilidade de coñecer as dinámicas reais coas que se traballa na
industria e a exploración das posibilidades que o sector, un dos máis
relevantes dentro das industrias culturais e creativas, lles pode ofrecer para
o seu desenvolvemento a nivel profesional.
Para a Xunta de Galicia, esta primeira colaboración coa
Universidade de Vigo no ámbito das artes dixitais e os videoxogos, que impulsou
o anterior vicerreitor do Campus Universitario de Pontevedra, Jorge Soto, veu
ampliar a liña de traballo iniciada xa en 2021 para consolidar o Gaiás como
rótula do ecosistema cultural galego. Apoiar o talento e dar visibilidade á
creación contemporánea son os dous piares dun programa de residencias
artÃsticas que medra en alcance e ambición, con ao redor de 25 proxectos
apoiados en 2022. Precisamente, recordou a directora-xerente da Cidade da
Cultura, ata o 8 de agosto está aberto o prazo para participar na convocatoria
destas residencias para a segunda metade do ano.
