Como un xeito máis de engadir valor ás subscricións a Apple Music anuncian as Apple Music Sessions, gravacións en vivo de artistas prolíficos e emerxentes efectuadas nos estudios de Apple Music e que destacan fronte a outras gravacións semellantes (como as Spotify Sessions) por incluír audio espacial.
Estas actuacións en exclusiva tamén están gravadas en vídeo, de xeito que as novas pistas sonoras con audio espacial estarán acompañadas por vídeos musicais que só poderán ver os subscritores de Apple Music.
Esta nova colección musical dentro de Apple Music estréase coas gravacións de Carrie Underwood e Tenille Townes nos novos estudios de Apple Music en Nashville (Tennessee) e, aparte de temas orixinais das cantantes, tamén inclúen algunhas versións nas que levan temas coñecidos doutros artistas ao seu xeito.
Apple Music inicia a publicación de directos con audio espacial
Compartir Este Artigo

