Lowi mellora as súas tarifas

mércores, 17 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Os operadores de telecomunicacións de baixo custo continúan a reaccionar aos prezos da súa competencia, achegando prezos que fan cada vez máis accesible a banda larga fixa e móbil, e desta volta é Lowi, a compañía de baixo custo de Vodafone, a que sorprende cunha oferta de fibra e móbil que pode contratarse até o 31 de outubro e que por 36,90 euros/mes ofrece fibra óptica de 300 Mbps e 2 liñas móbiles con 20 GB de datos cada unha (podendo compartir datos entre as liñas e poder acumular os datos non utilizados até o mes seguinte).
Lowi tamén conta con outras ofertas bastante agresivas como liñas de fibra óptica a 300 Mbps por 24,95 euros/mes (600 Mbps por 29,95 euros), liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 12 GB de datos por 7,95 euros/mes ou incluso liñas adicionais para tarifas de fibra e móbil que parten de 2,95 euros/mes con chamadas ilimitadas e 5 GB en chamadas.

PUBLICIDADE