Logitech lanza uns auriculares para Meta Quest 2

mércores, 17 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Aínda que o casco de realidade virtual Meta Quest 2 integra uns pequenos altofalantes para poder gozar de son durante o seu uso, para una experiencia máis inmersiva recoméndase usar auriculares, e dende Logitech tiveron a ben deseñar uns auriculares ben integrados nas Quest 2, os Logitech Chorus.
Estes auriculares, que terán un prezo de 99,99 euros, teñen forma, función e axuste perfectamente aliñados con Meta Quest 2, de xeito que poden acoplarse de xeito doado coa correa do casco, e poden alimentarse directamente a través do conectar USB-C do casco, comportándose como se fosen realmente unha parte máis do mesmo.
Un detalle importante dos auriculares Logitech Chorus é que os auriculares non chegan a tocar as orellas, conseguindo unha sensación de liberdade á vez que o son percíbese de xeito máis inmersivo e realista. Cando queiramos deixar de utilizar os cascos chega con voltealos, de xeito que non hai que quitalos nin desconectalos.

PUBLICIDADE