O DOG publica a convocatoria dos bonos dixitais no marco do programa ÚNICO-Bono Social
mércores, 17 de agosto do 2022
O Diario Oficial de Galicia publica
hoxe a convocatoria para iniciar o proceso de inscrición das entidades
colaboradoras da iniciativa dos bonos dixitais, dirixido a operadores de
telecomunicación e empresas que ofrezan servizos de Internet, que terán de prazo
até o 19 de setembro para presentar a súa solicitude. Unha vez que se publique
no DOG o listado de entidades colaboradoras poderán solicitarse os bonos.
Os bonos dixitais facilitarán a contratación de servizos de Internet
a persoas vulnerables. Conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros, que forman
parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do
compoñente 15 Galicia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia,
financiado pola Unión Europea.
A iniciativa, enmarcada no programa estatal ÚNICO Bono
Social, permitirá a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a
conexión á banda larga fixa cunha velocidade mÃnima de 30 Mbps, cunha
minoración mensual de até 20 euros na factura emitida pola entidade
colaboradora elixida durante un perÃodo de até 12 meses cun máximo de 240 euros. A previsión é acadar os
5.774 beneficiarios.
As axudas están dirixidas a fogares que non conten con conexión fixa de 30 ou
máis Mbps a Internet e cuxa renda anual (per capita) sexa inferior ao 125% do
IPREM en caso de non ter menores ou 175% en caso de telos. Son,
fundamentalmente, beneficiarios de Risga, do Ingreso MÃnimo Vital asà como outras
familias con poucos recursos ou en risco de exclusión social.