Anxo Quintana presentará mañá un videoblog de seu

venres, 5 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Este sábado ás 11 da mañá está prevista a presentación do vídeoblog de Anxo Quintana na sede nacional do Bloque Nacionalistas Galego, de xeito que, aparte de contar co seu blogue, o portavoz nacional do BNG vai contar unha nova canle para achegarse aos cidadáns, no que promete ser un espazo que amose todas as caras de Anxo Quintana segundo reza o seu vídeo promocional:


Mañá se coñecerán máis detalles deste proxecto que sorprende porque o BNG xa conta cunha canle de vídeos en YouTube, polo que esta iniciativa que baixo o dominio Quin.tv podería achegar unha visión moi diferente á que estamos afeitos.

PUBLICIDADE