Resultados da procura «laconnetwork»

Artigos (140)

XGN acollerá a presentación das aventuras científico-espaciais do proxecto Hamsternauta

Esta finde, do 12 de outro en adiante, imos ter unha boa oportunidade para avanzar nos nosos coñecementos de informática.... e tamén de ciencia espacial. E de que maneira? Pois da man dos demais usuarios informáticos, que é, a fin de contas, un dos mellores xeitos de aprender. Estamos a falar da party galega XGN R Encounter, que comeza esta sexta feira (...)

Ler máis

A LaconNetwork celebrará a súa primeira edición nómade dixital en Vigo

O encontro gastronómico mensual dos albaneis da nube coñecido como LaconNetwork, que ten lugar habitualmente os últimos venres de cada mes en distintos puntos da xeografía galega, celebrarase o vindeiro día 27 no Impact Hub Vigo, na que será a edición número 90 desta convocatoria que presume de ser a primeira LaconNetwork Nómade Dixital, xa que contará coa (...)

Ler máis

Novo número da nosa edición impresa

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter. Nesta nova entrega celebramos os 25 anos da chegada da Internet a Galicia con (...)

Ler máis

Os Premios TIC Galicia recoñeceron tecnoloxías a prol do noso medio

A semana pasada tivemos chuvia de recoñecementos ao traballo tecnolóxico ben feito, os Premios TIC Galicia entregados na Coruña polo Clúster TIC e a LaconNetwork, e unha das cousas que quedaron claras foi o alto nivel acadado pola nosa innovación dixital. Entre as iniciativas distinguidas atopábase unha achega da que xa temos falado en Código Cero, (...)

Ler máis

O programa HANA planta nos nosos colexios a semente das vindeiras carreiras aeroespaciais

Entre as cousas presentadas na pasada edición (a oitava) do evento Laconnetwork, na Coruña, brillaron con luz propia iniciativas como o Programa Especial Hamsternauta (HANA), un proxecto que permite aos centros de educación secundaria converter ao seu alumnado en novos enxeñeiros aeroespaciais, fornecendo aos estudantes de recursos para enviar fóra da Terra (...)

Ler máis

O Clúster TIC Galicia e a LaconNetwork premian ao mellor do sector tecnolóxico galego

Mensualmente os albaneis da nube xúntanse en encontros gastronómicos por distintas localizacións galegas para fornecer o contacto dos distintos axentes do sector TIC galega, e esta iniciativa chamada LaconNetwork ten xa como unha tradición iniciar o ano celebrando o seu aniversario e celebrando unha gala de entrega de premios que axude a dar visibilidade a (...)

Ler máis

O Clúster TIC e LaconNetwork entregan na Coruña os seus premios conxuntos

Este 2 de febreiro, no marco da celebración do oitavo aniversario da xuntanza de profesionais galegos LaconNetwork, entregaranse os galardóns da primeira edición dos Premios TIC Galicia. A cita dupla, como lembramos os días pasados, será na Coruña, no recinto de PALEXCO, incluíndo charlas, mesas de debate e a entrega de galardóns propiamente dita (pola tarde (...)

Ler máis

As startups galegas lanzan concurso para converter aos escolares en investigadores espaciais: o programa Hamsternauta

Este 2 de febreiro celébrase o oitavo aniversario do evento Laconnetwork, tal e como avanzamos os días pasados dende Código Cero, detallando o programa de actividades, e entre as cousas que vai acoller esta oitava edición e que non podemos deixar de lado atópase sen dúbida a presentación do Programa Especial Hamsternauta (HANA). De que se trata o programa (...)

Ler máis

A Coruña acolle o 2 de febreiro a oitava edición da LaconNetwork e a primeira dos Premios TIC-Galicia

O venres día 2 de febreiro, celebrarase na Coruña (PALEXCO) a oitava edición-aniversario da LaconNetwork e a primeira dos Premios TIC-Galicia. A xornada desenvolverase cun gran programa con charlas, mesas de debate e entrega de galardóns. Á xeira de tarde engadirase un Demo Day da aceleradora Conector e unha nova iniciativa de pitching onde emprendedores de (...)

Ler máis

Daniel Cerqueiro amosará ante o comercio de Ferrrol os pasos a seguir para ter éxito coas TIC

A Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) celebra o vindeiro martes 10 de outubro un obradoiro de mercadotecnia en liña (en inglés, márketing online) dirixido aos sectores comercial e hostaleiro e máis ao público en xeral. A finalidade da cita, en palabras da asociación, é “dar as claves para que os empresarios aprendan a promover os seus negocios a través (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 130