swivelCard, a tarxeta de visita con USB (e NFC)

venres, 8 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Para revolucionar o mundo das tarxetas de visita chega a Kickstarter un proxecto que en poucas horas completou o seu financiamento (que tiñan un obxectivo de 10.000 dólares) de xeito que no mes de outubro poderían converterse nunha realidade as swivelCards, unhas tarxetas de papel de alta calidade que integran unha unidade de memoria USB (que pode introducirse nun ordenador dobrando a tarxetas pola súa parte central) o que permitiría para incluír imaxes, vídeos, presentacións e páxinas web coas que poder interactuar. Os contidos da tarxeta incluso poden xestionarse remotamente a través dun software deseñado para tal fin, o que resulta de grande utilidade para usos profesionais.
Esta tarxetas de visita personalizables chegarán en dous tamaños distintos (normal e mini) e incluso será posible adquirilas con NFC. A achega mínima para poder facerse cun lote de 10 swivelCard mini é de 29 dólares (29,12 euros con gastos de envío), por 289 dólares (223,28 euros con gastos de envío) podemos facernos con 200 tarxetas de tamaño normal e por 379 dólares (290,49 euros) poderiamos facernos con 200 tarxetas con NFC. Por 100 dólares adicionais tamén é posible facerse coas tarxetas totalmente impresas (por ambas caras).

PUBLICIDADE