#traduceTED premia a calidade do subtitulado en galego de vÃdeos cientÃficos
luns, 29 de xullo do 2024
O concurso #TEDSaúde, impulsado hai oito anos polo Servizo de Normalización LingüÃstica da USC para promover o subtitulado en galego de charlas e vÃdeos TED de ciencias da saúde, amplÃase nesta nova edición e ábrese ao lexendado de vÃdeos TED de divulgación cientÃfica en calquera ámbito, cambiándolle o tÃtulo a #traduceTED.
Para participar, hai que inscribirse no concurso entre o 15 de xullo e o 27 de setembro.
Pode presentarse ao concurso calquera persoa, nunha das dúas modalidades de participación: a modalidade A é a reservada para o alumando, PDI ou PAS da USC durante o ano 2024 e a modalidade B está aberta a persoas adultas alleas á USC.
Para participar compre subtitular ao galego cando menos unha charla ou vÃdeo TED de divulgación cientÃfica a través da plataforma que emprega TED.com e as persoas inscritas na modalidade A poderán participar ademais nun obradoiro de formación sobre o manexo da aplicación que se emprega para subtitular.
Os mellores traballos de subtitulado presentados en cada modalidade serán recoñecidos cun dos seguintes premios: na modalidade A o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 250 e o terceiro de 200, e todos eles ademais recibirán un diploma honorÃfico; na modalidade B o primeiro premio son 300 euros e o segundo son 250 euros e os dous recibirán ademais diploma honorÃfico.
O prazo de entrega dos subtÃtulos remata o 31 de outubro. Un xurado valorará os traballos de lexendado presentados ao concurso e elixirá os merecentes de premio en cada modalidade, tendo en conta os criterios explicitados na convocatoria.