wificlientesR deixará de funcionar o 31 de marzo
venres, 27 de xaneiro do 2023
A primeiros de
2012 o operador de telecomunicacións R estreou unha
rede sen fÃos para que os seus clientes puidesen acceder á Rede fóra do seu
fogar aproveitando a conexión achegada por routers da compañÃa instalados
por toda Galicia, renovando
este servizo en 2015 co novo wificlientesR, que presumÃa de achegar máis de
60.000 puntos de acceso Wi-Fi, combinando routers dos propios clientes da
compañÃa e routers profesionais colocados en lugares con grande afluencia de
usuarios.
Pero a compañÃa asegura que agora que a banda larga móbil está tan espallada e o
operador conta finalmente con 5G, o uso da rede wificlientesR reduciuse
considerablemente, polo que non estiman oportuno manter o servizo, de aà que
estean a informar aos seus clientes de que o vindeiro 31 de marzo wificlientesR
deixará de funcionar por existir alternativas máis avanzadas que ofrecen un servizo
máis axeitado á situación actual.