xAI merca X
venres, 28 de marzo do 2025
- Parte do equipo de xAI
Elon Musk anunciou por sorpresa que a súa compañÃa xAI vén de adquirir X nunha operación en accións na que se valora a xAI en 80 mil millóns de dólares e a X en 33 mil millóns de dólares (cantidade de restar unha débeda de 12 mil millóns de dólares á valoración de 45 mil millóns de dólares inicial).
Esta operación non deberÃa supor ningún cambio na práctica, máis aló dunha operación de maquillaxe que camufle os malÃsimos resultados económicos de X baixo o paraugas de xAI, compañÃa de intelixencia artificial fundada hai un par de anos, e que dado que é un sector en emerxencia non ten problema en captar financiamento externo.
Musk asegura que co movemento empresarial pode agora, de xeito oficial, combinar datos, modelos, computación, distribución e talento de ambas compañÃas, aÃnda que non está nada claro se realmente estamos ante unha promesa sen contido, pois non podemos esquecer que, por exemplo, no ámbito da Unión Europea non é legal que os contidos xerados polos usuarios poidan empregarse para adestrar sistemas de IA sen o seu consentimento expreso, polo que a vantaxe que poderÃa ter xAI ao contar cos usuarios de X é bastante discutible.
Tamén son discutibles os datos de uso de X que sostén Musk, pois cando fala de 600 millóns de usuarios activos, non estarÃa a empregar as métricas habituais do sector, pois o número real de usuarios activos ao mes estimadas por outras fontes serÃa de menos da metade, dando a entender que as valoracións realizadas nesta última operación están realizadas para mitigar os malos resultados de X a nivel económico.