xAI presenta Grok 3

martes, 18 de febreiro do 2025 Marcus Fernández

O modelo de intelixencia artificial promovido por xAI, Grok, presentou a súa versión 3, asegurando ter empregado 10 veces o poder de computación de Grok 2 e presumindo de superar a competidores como OpenAI e DeepSeek en varias probas, potenciando especialmente os seus modelos razoadores e integrando tamén DeepSearch para poder realizar investigacións navegando entre diferentes páxinas web.
Para poder facer uso de Grok 3 inicialmente será posible contar cunha subscrición Premium+ a X, que en España ten aínda un prezo de 25,41 euros/mes, pero que nos EE.U. vén de subir de prezo até os 48 dólares/mes, deixando claro que a compañía quere sacar rendemento económico do negocio da IA, aínda que continúa a estar algo por debaixo dos seus competidores máis directos ser realizamos unha comparación das capacidades dos distintos modelos dun xeito detallado e práctico.
Está previsto que en breve lancen un novo modelo de subscrición chamado SuperGrok que terá un prezo de 30 dólares/mes ou 300 dólares/ano, e incluirá tamén o acceso a un novo modo de funcionamento baseado en voz.