A revista Cartafol dá o salto ao iPad grazas a iBooks Author
xoves, 2 de febreiro do 2012
Hai cousa dun ano nacía o semanario en papel de información
educativa Cartafol, e agora
reconvértese nunha especie de revista dixital que pode consultarse en
dispositivos coma o iPad de Apple grazas a utilizar a ferramenta de edición
iBooks Author, o que permite integrar contidos interactivos e multimedia (aínda que no seu primeiro número só aproveitaron a opción composición das páxinas en horizontal).
Esta publicación de balde está dirixida
polo xornalista Horácio Vixande, está integramente en galego e tamén conta
cunha versión
en PDF para que poida sen consultada (aínda que sen elementos interactivos, o que tamén permite reducir o seu peso a unha décima parte)
por un público maior. Aspira a ter unha periodicidade mensual, aínda que non
desbotan pasar a semanal no futuro.