Os usuarios de iOS, Android e Windows poderán gozar en breve dun novo xogo de Gameloft, Age of Sparta, que será un xogo que parece beber de títulos como Age of Empire, pero trasladando a acción á antiga Grecia, onde haberá que defender a cidade de Esparta ante a chegada das hostes de Xerxes.
O xogo mesturará elementos mitolóxicos, de xeito que non só persas e gregos loitarán no campo de batalla, senón que tamén entrarán en acción centauros, ciclopes, hidras, cans cerbeiros, quimeras, grifóns e outras criaturas fantásticas que enriquecerán un título do que xa podemos ver o seu primeiro vídeo de adianto:
Age of Sparta, o novo xogo de estratexia de Gameloft
Compartir Este Artigo
