Bubblis, un novo xogo para móbiles dispoñible en galego
luns, 24 de setembro do 2012
Nun momento no que hai que convocar campañas para instar a
Twitter a que traduza a súa interface ao galego sorprende ver que compañÃas de
fóra de Galicia teñan en conta á nosa fala nos seus produtos, e dende ON GAME
Creative sorpréndennos con Bubblis, un videoxogo de
palabras e quebracabezas dispoñible entre 44 idiomas entre os que non faltan o
catalán, o éuscaro e o galego. Este curioso xogo para smartphones leva unhas semanas á venda por 1,59
euros para iPhone e iPod Touch e para
móbiles con Android, e consiste na construción de palabras a partir de
pompas con letras que caen da parte superior da pantalla.
Cada fase comeza propondo unha palabra que o xogador deberá completar en
horizontal, e conforme o usuario vai colocando as letras, aparecen novas
palabras a formar nas liñas superiores, conseguÃndose máis puntos canta maior
sexa a altura na que se formen las palabras nesta especie de Tetris con letras.
Cada nivel conta cun fondo distinto, cunha estética que semella a dun debuxo en
papel, contando cun total de 15 deseños coas súas animacións e músicas
representando distintos paÃses ou rexións. O xogo tamén conta con 3 niveis de
dificultade, podendo completarse as súas fases nun tempo que estarÃa entre os 5
e os 45 minutos.
Trailer en galego do xogo de ON GAME Creative