ConxuGalego: aplicación para Android que nos permite conxugar os nosos verbos

mércores, 16 de novembro do 2011 Fernando Sarasketa

Hoxe en día, quen non fala a lingua de maneira axeitada é porque non quere. Ou porque non lle tira partido ao seu dispositivo móbil. Segundo nos contan Sabela Barreiro e Xurxo Méndez, xa temos unha nova ferramenta para coñecer mellor os nosos verbos e as súas variantes: a aplicación ConxuGalego. Trátase, como o seu propio nome indica, dunha ferramenta que nos permite, co emprego dun trebello con Android (versión 2.0 en adiante), introducir o infinitivo de calquera verbo en galego, ben sexa regular ou irregular, e obter a súa conxugación en todas as súas diferentes formas.
Como dixemos, a aplicación, que xa está dispoñíbel dende este mércores 15 de novembro, vén da man de Xurxo Méndez (encargado do labor de desenvolvemento) e Sabela Barreiro (traballo de deseño). A ferramenta, informan os creadores da mesma, está baseada no software libre da Universidade de Santiago, o Conshuga, ao que houbo que adaptar para o novo formato a esta realidade dos dispositivos con Android, sendo tamén, ConxuGalego, software libre. Para quen queira darlle uso, que saiba que xa o ten na tenda Market Android. Máis información na rede social Twitter.