Novo número da nosa edición impresa

mércores, 16 de maio do 2012 Marcus Fernández

Para celebrar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (tamén coñecido como Día da Internet) e do Día das Letras Galegas quixemos achegar un novo número da nosa edición impresa, dispoñible de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podendo tamén descargarse en formato PDF.
Aparte de tratar os temas relativos ás celebracións que coinciden no 17 de maio, tamén abordamos outros asuntos como os seguintes:
- Crónica da pasada edición de Xuventude Galicia Net
- Preséntase o Plan de Software Libre 2012
- Repaso ao pasado e ao futuro da Axenda Dixital 2014.gal
- Resumo das xornadas sobre Administración Electrónica do CPEIG
- O COETG celebra o Día da Internet reivindicando o papel da muller
- A cultura galega faise forte no contorno dixital
- Chévere e Rede Nasa acadan un grande éxito con Amores Prohibidos 2.0
- En marcha unha web e un documental sobre os voluntarios do Prestige
- Entrevista ao profesor e blogueiro Enrique Dans
- Todo sobre a Trasnada 2012

PUBLICIDADE